BASES:
BASES PARA A SELECCIÓN DOS PREMIOS DA FESTA DA DORNA 2017
1.- Os premios para cada actividade, as categorías e as cantidades son os que se recollen na seguinte táboa:
ACTIVIDADE |
1º PREMIO |
2º PREMIO |
3º PREMO |
Cansión de Tasca |
1 |
1 |
1 |
Embarcasións |
1 |
1 |
1 |
Voo sen motor |
1 |
1 |
1 |
Carrilanas |
1 |
1 |
1 |
Decorasión de Fanequeiras |
1 |
1 |
1 |
Concurso de Tapas |
1 |
1 |
1 |
Concurso de Escaparatismo |
1 |
1 |
1 |
Maratasón |
1 |
1 |
1 |
JiJó |
1 |
1 |
0 |
Medallas |
160 unidades |
2.- Os proxectos/esbozos deberán ser orixinais e inéditos, non seleccionados en ningún outro certame ou concurso, e non poderán ser reproducións totais ou parciais doutras obras xa realizadas con anterioridade.
3.- Os premios de cada actividade deberán ser representativos de cada unha delas e da Festa da Dorna, debendo diferenciarse de algún modo o primeiro, segundo e terceiro premio.
4.- Os premios deberán incluír a inscrición “LXIX Sinjladura”
5.- O premio da Ruta de Tapas deberá ter como tema principal, de modo visible e moi lexible, destacando ante outro elementos o texto “1º, 2º, 3º (segundo sexa o caso) premio da IV Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXIX Sinjladura”. O seu formato deberá ser de colgar.
6.- Poderán participar no concurso os artistas locais de Ribeira, entendendo como tales aqueles que residan ou desenvolvan a súa actividade profesional en Ribeira, que nados en Ribeira ou que teñan unha especial vinculación coa Festa da Dorna.
7.-Importe máximo dos premios de Cansión de Tasca, Embarcacións, Voo sen motor, Carrilanas, Decorasión de Fanequeiras e Concurso de Tapas deberán ser:
-
Os primeiros premios de 90€/unidade (IVE engadido).
-
Os segundos premios de 65€/unidade (IVE engadido).
-
Os terceiros premios de 50€/unidade (IVE engadido).
En ningún caso o importe do conxunto dos tres premios de cada actividade poderá superar os 205€/unidade (IVE engadido).
8. O importe máximo dos tres premios (a suma do primeiro, segundo e terceiro premio) de Concurso de Escaparatismo e Maratasón deberán ser dun importe máximo de 90€/as tres unidades (IVE engadido)
9. O importe máximo dos dous premios do concurso de JiJó (a suma do primeiro e segundo premio) deberá ser dun importe máximo de 60€/as dúas unidades (IVE engadido)
10.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3€/unidade (IVE engadido).
11.- Os proxectos/esbozos presentados poderán ser de material e formato libre, agás o da Ruta de Tapas, que deberá cinguirse ao especificado no punto 5.
12.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elección dos premios da Festa da Dorna 2017 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu prezo final.
13.- O prazo de recepción de propostas estará aberto ata o mércores 15 de marzo de 2017.
14.- A presentación de propostas deberá facerse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960).
15.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instrucións:
– Os artistas participantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2016 , dous sobres pechados .
– O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato do artista, ata que a R. e I. Cofradía da Dorna seleccione os distintos premios.
– O segundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/boceto da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o prezo final con IVE engadido e calquera outra información de interese para unha mellor valoración da proposta. Este sobre non conterá ningunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susceptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.
16.- A selección das propostas gañadoras terá lugar antes do 1 de Abril de 2017.
17.- Os artistas seleccionados disporán de prazo ata o 15 de Xuño de 2017 para presentar as obras definitivas.
18.- As pezas seleccionadas participarán nunha exposición que vai ter lugar durante o mes de Xullo nun lugar a determinar.
19.- Os artistas/participantes non poderán facer público nin exhibir parcial ou totalmente as obras seleccionadas antes da súa entrega á R. e I. Cofradía da Dorna.
20.- Na elaboración de cada peza, o artista deberá cinguirse ás características reflectidas na proposta inicial e que deron lugar á súa elección (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inicial ou cuxas variacións, sufridas no proceso de creación, non fosen consultadas/consensuadas coa Cofradía da Dorna con anterioridade á entrega.
21.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
22.- O non cumprimento dalgún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valoración do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna.
23.- A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.
24.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor/a durante os trinta días seguintes á data de publicación das obras seleccionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservación ou posterior devolución.
Ribeira, 24 de Xaneiro de 2017.