Menu

Maratasón infantil

O maratasón infantil consiste nunha gynkana polas rúas de Ribeira onde os pequenos dorneiros (acompañados de aljún adulto das súas peñas, que serán as persoas responsables de ditas criaturas) pasarán por diferentes probas.

Os adultos/as responsables (o ser adulto/a, considerámolo responsable, non tedes que pasar ninjunha proba) entregrán un documento asinado co DNI dos titores legais dos nenos/as participantes (e fotocopia de dito DNI, para facerlles entrega da pulsera, se xa o fixeron para outras probas non se ten que repetir) e cubrirán un documento co seu nome, apelidos, DNI, teléfono e números de nenos ao seu cargo.

O Maratasón Infantil inisia o martes 22 ás 11:02, pero as peñas deberán xuntarse na praza da Igrexa as 10:41 para formalizar a súa inscrición, entregar autorizacións e recibir as instruccións para completar a proba.

Contarase o tempo en facer as probas, non o que se tarde en rematar o maratasón, non queremos que ningún adulto quede no intento sejindo ós nenos, aínda que teremos un tempo máximo para rematar de completalo (que serán as 13:59).

A idade máxima para partisipar son 14 anos. Os maiores teñen que ir entrenando para o maratasón de adultos.

Para agilisar a inscripción, este ano imos poñer un formulario jueb, para que así ese día so teñades que achejarvos a confirmar a presensia e votar un jarabato. Se picas AQUÍ podes apuntarte

Tamén fasilitamos a autorisasión que podedes descarjar e traer cuberta para que os nenos poidan coller a pulsera que os permite partisipar nas probas.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIV JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2025

XXXIV JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2025

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro