O himno dorneiro escribeuse alá polo ano 96 ou 97 pero non se fixo público ata o ano 98 na contraportada do pojrama dese ano, coincidindo ca 50 Singladura. A letra é de Santi Páramo, e a música e interpretasión corren a carjo dos Diplomáticos de Monte Alto e de Ancoradoiro. Os Diplomáticos de Monte Alto, grabaron o himno no derradeiro CD que editaron, sendo a última cansión do CD ainda que non fijura no listado de cansións.
A letra do himno está a continuasión e a cansión dos Diplomáticos en formato MP3 podédela descargar dende aquí mesmo.
HIMNO DORNEIRO
O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira
Bota o risón compañeiro
Que a dorna está aparellada
E se non cheja cun cabo
Fondea coa poutada
FORSA Á DORNA, VENTO EN POPA
CON JALERNA OU EN CALMADA
QUE NON SE SABE NO MUNDO
DOUTRA FESTA MÁIS RACHADA
FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS
A MELLOR TRIPULASIÓN
ESPARANDO AS PAÑOLETAS (*)
AO RITMO DO ACORDEÓN
Xa neste lanse, dorneiros
Comensen as cantareas
Imos jana-lo quiñón
De troula nas fanequeiras
E se o mar ponse bravo
Larjaremos na mar brava
As nosas embarcasións
Feitas todas á machada
FORSA Á DORNA….
FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS …
(Ata aquí é a letra que interpretan os Diplomáticos e Ancoradoiro)
Para que dijan que non somos
Bos pescadores de liña
Ata tomámolos muxos
Cando non sobra sardiña
Pois os dorneiros nasimos
Todos moi espabilados
Ata para ser patróns
Ó tribunal sobornamos
FORSA Á DORNA ….
FORSA ÁS PEÑAS ….
Ainda con marea podre
Non perdemo-la alejria
Imonos toma-lo lonche
Fasendo jran romería
E si janamos un peso
A xojalo ó chinchimonei
Que o campionato mundial
Eche de moito renome
FORSA Á DORNA …
FORSA ÁS PEÑAS …
Todos postos ó axexo
Moito despois da lusada
Imos bourea-lo secreto
Por tódalas beiradas
¡que a dorna é a festa,
De todas a máis sonada!
¡alí onde hai un dorneiro
Hai esmorja asejurada!
FORSA Á DORNA ….
FORSA ÁS PEÑAS DORNEIRAS ….
(*) Cada ves que se canta ese verso xíranse as pañoletas polo aire