XXVIII Festival de Música Rock & Dorna
(16 / 24 xullo) Galicia, Coruña, Ribeira.
O Festival Rock and Dorna leva celebrándose dende o 1992,chegando no 2022 a súa XXVIII edisión, que terá lugar entre os días 16 e 24 de xullo. Composto por máis de 50 actuacións musicais en formatos variados (na rúa, en esceario de pequeno formato, en gran esceario e en escenario flotante), recollendo un amplio abanico de xéneros musicais (folk, o rock, rock alternativo, hip hop, electrónica, etc) e todas elas abertas ó público de forma gratuita.
O Festival ten lugar en Ribeira (A Coruña) e desenvólvese de maneira paralela a LXXIV Sinjladura da Festa da Dorna (nomeada festa de interese turístico autonómico) e complementando as múltiples actividades que se programan na mesma.
Nesta edición encabezan o cartel o grupo Tanxugueiras, que actuará o primeiro domingo do festival. Entre outros dos artistas atópanse Monoulious Dop, Kumpania Algazarra, La Regadera, Ailá, Louband, Erin, Swit EME, Dirty Suc ou Recambios Tucho. A estes sumaránselle varias charangas, DJ’s, e demais grupos do país.
Aquí podes descargar o Caderno de Bitácora da XXVIII do Festival Rock & Dorna.