Menu

Cansión de tasca

Sertame Itinerante de Cansión de Tasca

Dende 1990. Trátase de facer un percorrido por distintas “fanequeiras autorisadas” interpretando canda peña, cando menos, unha cantiga tradicional e outra orixinal. Sábado anterior ao 24 de xullo, agás se cae en 23 que se celebra o sábado anterior a ese. Final en palco ao aire libre o 21 de xullo.

SÁBADO 20 DE XULLO de 2024

22:02 h. Tóca desempolvar os instrumentos, faser jarjaras al chorro duns juarisnais e non escatimar en desibelios, dando comeso o XXXI SERTAMEN INTINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA. Máis alá das 02.03, nosos miniños, comprobade que todo sije no sitio (marcapasos, sosténs, próteses…) e sejide rutiña a lo miudiño polas fanequeiras autorisadas que mañá é outro día para cantar.

DOMINGO 21 DE XULLO de 2024

21.53 h Os mais afinados coros dorneiros selesionados mediranse na JRAN FINAL DE CANSIÓN DE TASCA. Poñédemos juapos e pegádelle un golpe de Eaudetoalete ás camisetas para saludar a papá e a mañá dende o máis estiloso palco do Malicón.

NORMATIVA DORNEIRA 2024

SERTAME ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA
LXXVI SINJLADURA – DORNA 2024

A sijiente normativa é de oblijado cumplimento para todas aquelas peñas que partisipen neste sertame. Para aqueles que non acaban de enterarse, esto é para ir de fanequeira en fanequeira con recorrido que vos fasilita a orjanisasión, pero sobre todo explaiando o espíritu dorneiro acompañado de boa música. Si o patrone cumpleu o requisito de encher o formulario e estades inscritos para partisipar, aquí quedan as normas:

● DURASIÓN:

A cansión de Tasca dará comeso o sábado 20 a partir das 22:01 h. ata ás 02:03 da madrugada. Que non sólo van a cantar os andaluses as saetas nas prosesións a esas horas. A ver si nos apañamos nos  caladoiros e tratamos de deixar libres as fanequeiras para que podan faenar outras peñas. E o taberneiro que reparte o quiñón é quen ten que escoitar para puntuar como dios manda. O límite de canto puntuable está nas 2 sero tres (2:03) horario de recollida de puntuasións, máis alá non se valorará nin ao jato.

● FINAL:

A jran final será o domingo 21, donde xa podedes ir solisitando plasa no palco e deixar subir aos que ainda non están afónicos e lusen bonito na parte de diante, ademáis poderanse enchufar instrumentos si o  queredes, xa nos pasaremos pola fanequeira a darvos a factura das acometidas. (Soamente na final)

DESENVOLVEMENTO:

Publicarase nas redes sosiais da Festa da Dorna nesa mesma tarde e remitirase polo grupo de whatsapp a todos os patróns das peñas dorneiras. Este ano como novidade, os finalistas Juais do ano anterior que subiron ao palco no Jran Sertame Final, conformarán eles mesmos unha única ruta de Cansión de Tasca salvo esesións e sircunstancisas que determine a R.e I. Cofradía da Dorna.

● PERCORRIDO:

Publicarase nas redes sosiais e remitirase polo grupo de whatsapp a todos os patróns das peñas dorneiras.

● PUNTUASIÓN:

Na fase de clasificasión puntúan os taberneiros/así que bailádelle a ajua un pouco si queredes levar unha caldeirada para a casa. Xa sabedes que nada de entrar con botella en casa allea. O taberneiro puntúa sejindo o seu criterio musical, cultural ou profesional. E si nós non llo imos discutir, é de supoñer que vós tampouco, Farrukito un na vida e jrasias!

● REPERTORIO:

Hai que utilisar o idioma materno na letra das cansións, xa sabedes aquel de: “ven para aquí diosquetefixo”, ou “vas levar unhas labasadas por chejar tarde”. O de Cervantes, Góngora, ou Unamuno deixadeo para cando ides a comer á casa da sojra. Para os emijrantes retornados, sempre podedes refrescar a memoria tirando do dissionario dorneiro que está na APP. Tamén non vos esquesades de cantar dúas pesas: unha tradisional, desas que nos cantaban as avoas; a outra debe ser de semente propia.

● FINALISTAS:

Estade atentos ás redes sosiais da Dorna onde se publicarán os janadores de cada recorrido, e serán os que teñan que dalo todo ao día sijiente no palco.

● XURADO:

O xurado declarado no anonimato ata o día (que vindes carjados esa semana con merlusas, marisco da pedra e ata ofresendo a vosa alma podre para o máis rico soborne), e con formasión superior de música, danza e artes escénicas no máis prestixioso High School Premium Music and Dance de Mijel Rodrijes Bautista, valorará in situ o cante final, a posta en escea, a alejría no canto, letra e sobre todo os que menos dedicatorias fajan (mira que sodes pesadiños con eso).

● COUSAS PROHIBIDAS ou DESCALIFICADORAS:

1. Prohibido levar instrumentos que nesesiten enchufe eléctrico, aseptaranse instrumentos
autónomos que non requiran dunha montaxe que ralentice a realisasión da proba e non
comprometan a normal actividade das fanequeiras. Rójase faser música sen que paresa eso o
desplieje da EMTIVI. (Na final poderase enchufar si un par de horiñas antes pasáchedes polo
palco a faser os arrejliños)
2. O Botellón de Tasca é unha actividade non autorisada pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna.
3. Descalificarase ás peñas que usen violensia verbal ou física en calquera formato ou
insinuasión.
4. Levar nun pincho do de jardar música ou naljún derivado de almasenamento dixital a base
da cansión feita pode lusir e quedar bonito, pero non serán cantes permitidos para pasar a
Jran final, querédevos un pouquiño e sacade a Masiel que levades dentro con jarbo, podería e
desisión!
5. A organización penalizará con ata 2000 puntos e a descalificasión da activida, as peñas que non colaboren no benestar da festa, é desir, comportádevos coa xente que orjanisa as actividades, que o fan de cloclo (sen cobrar un peso) e revisade as normativas, que todas as peñas tedes aljén que sabe desifrar a escritura e volas pode esplicar.

Puntuasión para a Copa da REI

A puntuación será a indicada na normativa da Copa da ReI

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro