
Visibilización do traballo e loita das mulleres do barbanza ó longo da historia. Ademais do apoio de asociacións feministas da comarca, a Real e Ilustre Cofradía da Dorna ten especial sensibilidade en todo o relativo á igualdade efectiva entre mulleres e homes e a non discriminación. Sendo consciente de que queda moito camiño por andar neste eido, realizamos esta actividade sendo conscientes de que unha das labores da Cofradía da Dorna neste senso é continuo ao longo do ano. Conscientes de que é un problema que se debe afrontar nas idades máis curtas, unhas das principais medidas que toma a Cofradía da Dorna é a sensibilización en temas de igualdade na participación na conmemoración do día internacional das mulleres que se continúa tamén ó resto do ano nos obradoiros e charlas que fan nas escolas.
