XITE DORNEIRO 2019
Votasion Serrada Xite Dorneiro 2019!!!!!
O elexido pol@s Dorneir@s na jüé foi Ei Dorna, de Nando Llon…. en breve comunicaremos o gañador contando os votos dos outros 5 xuisos!!!!!
Partisipantes da IV Edisión do Xite Dorneiro 2019
XitesDorna2019-Dorna_Style-Chamaquito_Pistolas
XitesDorna2019-Dorna_Yeye-Dracula_Yeye
XitesDorna2019-Ei_Dorna-Nando_Llon
XitesDorna2019-Happy_Clouds_On_Tuesday_Spring-Pimpin_E_Ela
XitesDorna2019-Juanita-Blanca_E_Tinta
XitesDorna2019-Ri_LOVE_eira-Fende_Ma_ialma
XitesDorna2019-Rockandornear-La_Banda_de_Luke_El_Bala_Perdida
BASES DA IV EDISIÓN DO CONCURSO “XITE DORNEIRO”
1. O Xite Dorneiro é un concurso musical destinado a bandas ou solistas orjanisado pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna: Asosiasión responsable da orjanisasión da Festa da Dorna de Ribeira.
2. Poden partisipar “conjuntos musicais” (como din as vellas) ou solistas de calquera estilo que teñan o galego ou o jallejo como linjua. Bueno, asmitimos tamén suajili con gheada.
3. A cansión elixida enviarase en formato mp3 a: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com antes do 7 de xullo de 2019, ás 23.57 h. Os que o ano pasado entrejaron cassette serán lapidados con jravilla o día 24.
4. A cansión que se presente deberá ser orixinal -non vale poñer papel albal nos furados do cassette e jravar ensima estilo Juan Mosquera- de temática dorneira ou que peje ca festa, non veñas ahora cun villansico falando de que lle roeron o calsonsillo a San José ou que a Virjen está planchando o pelo na de Cabanelas, e en linjua galega ou jalleja.
5. Valen tódalas cansións; si falas jichar, de violensia ou de droja faino en clave que pode haber miniños escoitando, non vaias de Eminen rural.
6. Ademais do xite en mp3, mándanos o nome do jrupo e os sejintes datos de contacto: teléfono, enderezo electrónico.
7. As cansións poderán ser coljadas na páxina da Dorna ou nos seus perfís nas redes sociais, por si non queremos traballar e desidimos que poida votar o público, non é sejuro, pero siascaso.
8. Un xurado totalmente sobornable, como todo xurado dorneiro, determinará o jrupo ou solista janador. Valoramos espesialmente o marisco da ría nos sobornos.
9. Os janadores serán dados a conoser pensamos que no mes de xullo de 2019, pero tampouco é sejuro por si hai aljun da Puebla no xurado e non temos látijo para que traballe, a través da páxina ou dos perfís nas redes sociais da Festa da Dorna.
10. O premio este ano serán cartos, 400 euros para o janador pa jastar no que queira, non queremos ver vendendo droja ao autor alomenos este ano. O xite será repartido en sinta pa levar no juolkman e tamén se fasilitará que o descarjen en todas as fanequeiras autorisadas para que o pinchen durante a Festa da Dorna.
11. A partisipasión no concurso implica a aseptación das presentes bases e tamén das futuras, non vaia a ser que nos olvidáramos de aljo e despois non hai remedio.