1.- Os premios para cada actividade, as catejorías e as cantidades son os que se recollen na sejinte táboa:
ACTIVIDADE | 1º PREMIO | 2º PREMIO | 3º PREMIO | PREMIOS ESPESIAIS |
Sertame Itinerante de Cansión de Tasca | 1 | 1 | 1 | 0 |
Jran premio Cutre Shark das Embarcasións feitas a Machada e propulsadas a Pan de Millo | 1 | 1 | 1 | 1 |
Jran Premio Ícaro de Voo sen motor | 1 | 1 | 1 | 0 |
Jram Prix de Carrilanas | 1 | 1 | 1 | 0 |
Enjalanamento de Fanequeiras | 1 | 1 | 1 | 0 |
Concurso de Tapas Estrellas Mijelín | 1 | 1 | 1 | 1 |
Maratasón | 1 | 1 | 1 | 0 |
Maratasón Infantil | 1 | 1 | 1 | 0 |
Trinautlón | 1 | 1 | 1 | 0 |
JiJó | 1 | 1 | 0 | 0 |
MEDALLAS120 unidades
2.- Os proxectos/esbozos deberán ser orixinais e inéditos, non selecsionados en ninjún outro sertame ou concurso, e non poderán ser reprodusións totais ou parsiais doutras obras xa realisadas con anterioridade.
3.- Os premios de cada actividade deberán ser representativos de cada unha delas e da Festa da Dorna, debendo diferensiarse de forma clara o primeiro, sejundo e terseiro premio.
4.- Os premios deberán incluír oblijatoriamente a inscrisión “LXXVI Sinjladura”.
5. O premio espesial das Embarcasións Feitas a Machada, será o que se outorje á embarcasión máis rápida, polo que debe ser representativo de dito lojro.
6.- O premio da Ruta de Tapas deberá ter como tema prinsipal, de modo visible, destacando ante outro elementos o texto “1º, 2º, 3º (sejundo sexa o caso) premio da X Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXXVI Sinjladura”. O seu formato deberá ser de coljar. O premio espesial é o otorjado polos clientes participantes na Ruta,, o texto que debe destacar será “Premio dos catadores dorneiros da X Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXXVI Sinjladura”.
7.- Poderán partisipar no concurso os artistas ou entidades con obradoiros de arte da sentenaria, ou que teñan unha espesial vinculasión coa Festa da Dorna.
8.-Importe máximo dos premios de Cansión de Tasca, Embarcacións, Voo sen motor, Carrilanas, Decorasión de Fanequeiras e Concurso de Tapas deberán ser:
- Os primeiros premios de 80 €/unidade (IVE enjadido).
- Os sejundos premios de 60 €/unidade (IVE enjadido).
- Os terseiros premios de 50 €/unidade (IVE enjadido).
- Os premios espesiais de 50 €/unidade (IVE enjadido).
En ninjún caso o importe do conxunto dos tres premios (primeiro, segundo e terseiro) de cada actividade poderá superar os 190 € (IVE enjadido).
9.- O importe máximo dos tres premios (a suma do primeiro, sejundo e terseiro premio) de Maratasón, Maratasón Infantil e Trinautlón deberán ser dun importe máximo de 90 €/as tres unidades (IVE enjadido).
10.- O importe máximo dos dous premios do concurso de JiJó (a suma do primeiro e sejundo premio) deberá ser dun importe máximo de 60 €/as dúas unidades (IVE enjadido)
11.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3 €unidade (IVE enjadido).
12.- Os proxectos/esbosos presentados poderán ser de material e formato libre, ajás o da Ruta de Tapas, que deberá singuirse ao espesificado no punto 6.
13.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elecsión dos premios da Festa da Dorna 2024 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu presio final. (aseptaranse sobornos e ajradésese que se adapten os presios ao valor da obra, non que se tire ás cantidades máxismas permitidas).
14.- O praso de resepsión de propostas estará aberto ata o domingo 5 de maio de 2024.
15.- A presentasión de propostas deberá faserse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960). Tamén será válido mediante o correo afestadadorna@gmail.com
16.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instrusións:
- Os artistas partisipantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2024, dous sobres pechados.
- O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista ou entidade. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato, ata que a R. e.I Cofradía da Dorna selecsione os distintos premios.
- O sejundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/esboso da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o preso final con IVE enjadido e calquera outra informasión de interese para unha mellor valorasión da proposta. Este sobre non conterá ninjunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susseptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.
17.- A selesión das propostas jañadoras terá lugar antes do martes 7 de maio de 2024.
18.- Os artistas selecsionados disporán de prazo ata o 14 de Xuño de 2024 para presentar as obras definitivas.
19.- As pesas selecsionadas partisiparán nunha exposisión que vai ter lujar durante o mes de Xullo nun lujar a determinar.
20.- Os artistas/partisipantes non poderán faser público nin exhibir parsial ou totalmente as obras selecsionadas antes da súa entreja á R. e I. Cofradía da Dorna e a inaujurasión da mensionada exposisión.
21.- Na elaborasión de cada pesa, o artista deberá cinjirse ás características reflectidas na proposta inisial e que deron lujar á súa elecsión (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inisial ou cuxas variacións, sufridas no proseso de creasión, non fosen consultadas/consensuadas coa Cofradía da Dorna con anterioridade á entreja.
22.- A partisipasión no concurso supón a aceptasión destas bases.
23.- O non cumprimento daljún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valorasión do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna e o desterro á Puebla.
24.- A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.
25.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor ou autora durante os trinta días sejintes á data de publicasión das obras selecsionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservasión ou posterior devolusión.
Asinado,
A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna