Menu

Pártome o fecho

Bases do III Pártome o fecho

A sejunda edisión do Pártome o fecho contará con tres probas eliminatorias nas que se escollerá á persona máis jrasiosa e animada da novena. Estas probas (que se explican máis adiante) consistirán nun monólojo, unha tanda de imitasións, e finalmente unha roast battle na que os partisipantes se dirán de todo menos cousas bonitas.

De todos modos, esto é un texto orientativo. A orjanisasión resérvase o dereito de realisar os cambios que considere oportunos.

Considerasións jenerales

  • Esto puntúa para a Copa da REI. A puntuasión será a indicada nas bases da mesma.
  • Tamén se repartirán uns trofeos ben xeitosos aos tres primeiros clasificados.
  • Este é un concurso de carácter humorístico, para contar a vosa vida, queixarvos das obras públicas. Pa chorar porque o Deportivo sije en sejunda B está o jrupo de Cambiemos Ribeira
  • Queremos estar de carallada, pero non se permite faltarlle ao respeto a colectivos vulnerables, minoritarios ou en riesjo de exclusión sosial, (os da puebla non contan).
  • A puntuasión será estilo Benidorm Fest: Haberá unha puntuasión demoscópica (o que a nós nos sala da jaita), e unha puntuasión do público medida mediante un aplausómetro homolojado polas autoridades competentes.

Monólojos:

  • Durasión máxima de 5 minutos. Non hai durasión mínima.
  • Si a alma partisipante non fai jrasia ninjunha, a orjanisasión resérvase o dereito de entreter ao público de calquera forma posible.
  • As almas partisipantes con menor puntuasión serán eliminadas, e as máis ajrasiadas pasarán á sijiente ronda eliminatoria

Imitasións:

  • As almas partisipantes deberán faser unha imitasión dun personaje archiconosido mundialmente (coma o Jalafato, Tucho Plasa ou Carrejal)
  • Disporase de un minuto para faser unha imitasión dun personaje escollido aleatoriamente.
  • As almas partisipantes con menor puntuasión serán eliminadas, e as catro personas máis ajrasiadas pasarán á sijiente ronda eliminatoria.
  • Si aljún partisipante non sabe quen e o personaje ao que tén que imitar será o seu puto problema

Roast battle

  • Para os jodechinchos: Unha roast battle consiste en vasilar ao outro partisipante nun tempo determinado.
  • As almas partisipantes prosederán a vasilarse en clave de carallada, pero sin faltarlle ao respeto a colectivos vulnerables, minoritarios ou en resjo de exclusión sosial, (os da puebla non contan).
  • A batalla durará dous minutos en total. Un partisipante soltaralle unha pedrada (en sentido fijurado eh!) e o outro soltará unha de volta, así susesivamente ata que se acabe o tempo.
  • A primeira persona en arrancar a batalla desidirase mediante un sofisticado sistema de sorteo tirando unha moneda ao aire.
  • As dúas personas vensedoras pasarán a unha apoteósica final a muerte na que solo un quedará en pé.

Final Roast Battle

  • A apoteósica final durará tres minutos, e a orjanisasión resérvase o dereito a intervenir e suxerir temáticas para usar nos vaciles. O uso adecuado destas temáticas será puntuado de forma favorable.
  • A persona que sala victoriosa janarase o respeto das personas alí presentes no Coroso Arena, e pasará a ter o dereito a solisitar que se lle salude cunha reverensia durante as próximas catro lunas.

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

CONCIERTOS | DORNA 2023

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro