Menu

La Vos de Jalisia

O 28 de decembro de 1991 a Real e Ilustre Cofradía da Dorna tomou forma legal de Asociación Cultural, pasando a chamarse “R. e I. Cofradía da Dorna” (‘legalmente’ non podemos utiliza-la nomenclatura de Real e Ilustre pois só é a Casa Real).

Dende fai uns anos e con motivo do “cumpleanos” da asociación, e de paso para compartir co pobo de Ribeira uns sorrisos nunhas data marcada no calendario para facer rir, vimos editando un xornal un tanto especial que busca arrincar a risa do lector e a conversa na tasca.

Podedes descargar en formato PDF cada un dos xornais publicados ata agora, eso si, esperamos que o disfrutedes tanto coma nós facéndoo.

[TABS_R id=689]