Menu

Enjalanamento de fanequeiras

ENJALANAMENTO DE FANEQUEIRAS – LXXIV SINJLADURA

DORNA 2022

Todas aquelas peñas que acrediten unha lisensiatura no arte do jotelé, do estucado en mate e no corte con serra circular de máis de sinco mil revolusións, deberán inscribirse no formulario para partisipar no Enjalanamento de Fanequeiras desta Sinjladura. O lúns 18 someteránse a increbrantable vontade e xuisio do tribunal que se rexirá por estas normas:

  • TEMA e MOTIVO: Sendo esta a Festa da Dorna, suponse que os motivos serán dorneiros. Si vos parese montades unha sanjuerguinada e apueblisámonos todos con monóculos e abrijos de visón. O tema é de libre elesión, coma as asinaturas da universidade esas que ninguén sabe para que valen.
  • ENVERJADURA: Suponse que si tedes unha fanequeira jrande é porque sodes moitos a faenar nela botando o liñón. Polo que espérase que a decorasión vaia proporsional ao tamaño da fanequeira. Non decoredes so 4 baldosas, e tampouco vale o de decorar a calle e deixar a fanequeira baldeira, hai que acotar a decorasión ás dimensións do local, podendo faser unha resepsión de xeito na fachada. Dádelle jotelé e jlamur e tratade de mantelo (si o taberneiro é capás de consentilo) durante toda a festa.
  • DURASIÓN DO CHOU: Os do tribunal son xente ocupada polo que a posta en essena non poderá sobrepasar os 8 minutos.
  • MATERIALES: Lojo de que nos meteran amianto nos tellados, bernis con cloroformo e pintura con sulfatos, o único que non está permitido é o plutonio, nin o uranio: está demostrado que altera a visión do xurado, por eso nos piden que o quitemos.
  • VISITA DO XURADO: A partir das 16:07 da tarde o tribunal empesará a xeira polas fanequeiras, e avisaráselle ao patrón/patrona da hora aproximada na que pasarán a emitir o viridicto. As peñas deben jarantisar que tódolos membros do xurado vexan a fanequeira e a essenojrafía.
  • XURADO: Formado por membros de peñas que se presenten voluntarios, que levarán aljún tipo de elemento que os faja fasilmente identificables. Este dividirase en dous jrupos que pasarán por todas as fanequeiras con aprosimadamente media hora de diferensia. Cada un deles de maneira independente, elexirá as sinco mellores. E lojo cando todos xunten as votasións verase cales son as 5 mellores asejún todas as votasións.
  • CRITERIO DE VOTASIÓN: Terase en conta a orixinalidade e creatividade, a enverjadura (“tamaño” para os que non pasaron da ESO) proporsional á fanequeira , o traballo que levou faselo (non vale eso de comprar nos chinos e pejar con sinta americana) e a posta en escea, sobre todo si se consije que o xurado partisipe.
  • COPA DA REI: Visitadas todas as fanequeiras, os membros do xurado poñerán en común as súas puntuasións, resultando gañadora a peña que maior puntuasión obteña, e así sucesivamente para definir as 5 primeiras clasificadas para a puntuasión* da copa da REI.

*Puntuasión: a indicada na normativa da Copa da REI

FORMULARIO DE INSCRIPSIÓN

Login socias e socios

Desconectar

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

Dorna 2022

Moito rock e moita Dorna tuvemos este 2022!! Jrasias a Cultura da Deputación da Coruña e a todos os artistasos que pasaron po…

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro