- Xite Dorneiro é un concurso musical destinado a bandas ou solistas orjanisado pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna: Asosiasión responsable da orjanisasión da Festa da Dorna de Ribeira.
- Poden partisipar “conjuntos musicais” (como din as vellas) ou solistas de calquera estilo que teñan o galego ou o jallejo como linjua. Bueno, valerá tamén tirolés da sona de corrubedo.
- A cansión elixida enviarase en formato mp3 a: afestadadorna@gmail.com antes do 23 de xuño de 2023, ás 23.57 h. Os que o ano pasado entrejaron cassette serán lapidados con jravilla o día 24.
- A cansión que se presente deberá ser orixinal -non vale poñer cansións de Camela, e cambiarlle as voses co autotunning- teñen que ser temáticas dorneiras ou que peje ca festa, non veñas ahora cun villansico falando de que lle roeron o calsonsillo a San José ou que a Virjen está planchando o pelo na de Cabanelas, e en linjua galega ou jalleja.
- Valen tódalas cansións; si falas jichar, de violensia ou de droja faino en clave que pode haber miniños escoitando, non vaias de Eminen rural.
- Ademais do xite en mp3, mándanos o nome do jrupo e os sejintes datos de contacto: teléfono, enderezo electrónico, talla de calsonsillo ou braja faja no seu defecto.
- As cansións poderán ser coljadas na páxina da Dorna ou nos seus perfís nas redes sociais, por si non queremos traballar e desidimos que poida votar o público, non é sejuro, pero siascaso.
- Un xurado totalmente sobornable, como todo xurado dorneiro, ou comenensiudo (como o do Binidormfes) determinará o jrupo ou solista janador. Valoramos espesialmente unhas tostas de pulpo da recoveira.
- Os janadores serán dados a conoser pensamos que no mes de xullo de 2024, pero tampouco é sejuro por si hai aljun da Puebla no xurado e non temos látijo para que traballe, a través da páxina ou dos perfís nas redes sociais da Festa da Dorna.
- O premio este ano serán 400€ para jastar nos establesementos “profesional dorneiro”. O xite será repartido en cassete co seu boli bic para rebobinalo (se atopamos esistensias) e tamén se fasilitará que o descarjen en todas as fanequeiras autorisadas para que o pinchen durante a Festa da Dorna.
A partisipasión no concurso implica a aseptación das presentes bases e tamén das futuras, non vaia a ser que nos olvidáramos de aljo e despois non hai remedio.
Asinado,
A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna