Menu

Patrimonio

Para dar a coñecer o noso patrimonio, temos que empezar por explicar a creación da Escola de Vela da R. e I. Cofradía da Dorna e para isto, que remitirnos á constitución en Ribeira da Asociación Cultural “R. e I. Cofradía da Dorna” un 28 de decembro de 1990 e a creación dos seus estatutos fundacionais que textualmente din:

Art. 2:  O fin principal desta asociación será a organización e celebración da FESTA DA DORNA (24 de xullo), así como a organización de todo tipo de actos culturais, medioambientais e formativos relacionados co mar, as actividades mariñeiras e a exaltación, recuperación e promoción da embarcación típica da ría de Arousa chamada DORNA.”

Tendo este obxectivo primordial como punto de partida, a R. e I. Cofradía da Dorna traballou a reo desde os seus inicios na procura do mesmo. Na súa labor de recuperación a R. e I. Cofradía da Dorna iniciou un proceso de documentación e busca de financiamento que converxeu no proxecto de recuperación da dorna xeiteira, noutros tempos embarcación senlleira das nosas costas e que terminou desaparecendo baixo os procesos de modernización da flota pesqueira galega.

Ese pulo callou na construción dunha dorna xeiteira na carpintería de ribeira de Domingo Ayaso en Aguiño. Deste xeito, botouse ó mar a dorna xeiteira bautizada co nome provisional de “Xacobeo 93”. O motivo deste nome foi o patrocinio da Xunta de Galicia xa que a nosa dorna representou a Galicia na primeira festa marítima de Brest no ano 1992, xunto a un pequeno grupo de embarcacións galegas. 

Posteriormente sería bautizada co nome de “VIRXE DO CARME” seguindo a tradición establecida nos primeiros anos de celebración da “Festa da Dorna”

Loxicamente a botadura da “Virxe do Carme”, levaba consigo a creación dunha Escola de Vela, como así se fixo.

A R. e I. Cofradía da Dorna participou na primeira edición da Festa Marítima de Brest en 1992 como quedou dito e alí os homes e mulleres da Cofradía da Dorna reuniron unha información moi importante e fixeron contactos moi proveitosos con mariñeiros e asociacións do ámbito da cultura marítima do Atlántico europeo. Aquela participación foi determinante no futuro da nosa asociación e dos representantes da cultura mariñeira galega: á volta de Brest un pequeno grupo de asociacións constituímos a Federación Galega pola Cultura Marítima (FGCM).

Aquí podese ver o traballo que se leva realizando dende Culturmar nos últimos anos.

Toda aquela emoción e paixón deu como froito, algo que co paso do tempo, é un fito na defensa da cultura mariñeira e do tecido patrimonial que gravita arredor dela: os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Para nós, a R. e I. Cofradía da Dorna, é un profundo orgullo ter sido os primeiros organizadores deste evento que vai moito máis alá dunha xuntanza de embarcacións. Aquel I Encontro celebrouse no porto de Ribeira no ano 1993. O resto é unha fermosa historia construída polo traballo e paixón de moitos homes e mulleres que aman a nosa cultura mariñeira e que cada dous anos fan máis grandes e importantes os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993

A Escola de Vela da R. e I. Cofradía da Dorna é participante habitual das actividades organizadas pola FGCMF ou das súas asociacións integrantes. Entre esas presenzas subliñamos as máis importantes sen desmerecer outras nas que participamos:

Festa Marítima de BREST (celébrase neste porto da Bretaña cada catro anos): 1992, 1996, 2000, 2004, 2008

Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia: Ribeira (1993), Coruxo (1995), O Grove (1997), Rianxo (1999), Combarro (2001), Illa de Arousa (2003), Cambados (2005), Ferrol (2007), Muros (2009), Carril (2011), O Freixo (2013), tendo no horizonte Cabo de Cruz (2015)

Festival Marítimo de Pasaia celebrado no ano 2018

I Regata de Velas Cangrexas-II Premio AGABACE no Cabo de Cruz (2014)

IV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Deputación de Pontevedra en Punta Moreiras-O Grove (2014)

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro