Dende fai anos, na Festa da Dorna temos unha jran competensia entre as peñas con un bo número de actividades. Somos a envexa das olimpíadas vamos.
Hai actividades que nos acompañan dende fai tanto que poucos se acordan das primeiras edisións, esas que toda peña quere janar a toda costa, os “JRANDES PREMIOS”. Estas actividades acompañan a festa dende fai máis de 30 anos, que lojo se dí.
JRANDES PREMIOS:
- JRAN PRIX DE CARRILANAS
- PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR
- JRAN PREMIO CUTRE SARK DE EMBARCASIÓNS FEITAS E MACHADA E PROPULSIÓN A PAN DE MILLO
- SERTAME ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA
- ENJALANAMENTO DAS FANEQUEIRAS
- MARATASÓN
A cousa non queda aquí, porque a festa foi evolusionando e ijual que as olimpiadas añadiron as acrobasias con patinetes, a Dorna tamén aumentou as súas actividades incorporando aljunhas que pola súa repercusión van camiño de convertirse en bandeira da festa.
- TRINAUTLÓN
- PÁRTOME O FECHO
E como non so van ser todo jrandes premios, estas actividades están aderesadas polos XOJOS DE TERRA, MAR e un bo número de XOJOS DORNEIROS (a quen os discurreu quedoulle a cabesa a ferver) que non se sabe moi ben donde enjlobar.
Con tanta competisión e para lusir un sano espíritu de competensia e compromiso coa festa, no ano 2014 instáurase a COPA DA REI. O que se pretende é que todas as peñas partisipen no máximo de actvidades para sumar puntos e ser os jañadores da copa.