Menu

Baile de jala

Baile da Dorna ou Baile de Jala

Sen dúbida, a actividade máis relevante ata a creación das “peñas dorneiras” foi o Baile da Dorna” que na súa primeira edición en 1948 organizouse baixo a fórmula de “asalto-baile” (baile con música de tocadiscos) na cafetería “La Granja”.Será a partir do 1949 que se celebre con dúas ou máis orquestras na Sala de Festas Cambeiro ata finais dos setenta. Nos oitenta na sala Cambeiro transformada en discoteca, Discoteca Primera Línea, no campo de fútbol de “A Fieiteira” e finalmente no Círculo Mercantil.

Dende os 50 o baile denomínase “Baile de Gala”, aínda que non sempre, por exemplo con motivo do 20 aniversario chamouse “Baile do aniversario”. A maioría dos asistentes coñecíano coma ”o baile da Dorna”. Compre non entender o de “Gala” en sentido literal por canto a ironía é o eixe no que xiran case todas as actividades. Os requirimentos na vestimenta non ían máis alá de entrar con garabata, aínda que despois non había que mantela posta todo o baile, ou non entrar con pantalón vaqueiro en tempos que este se asociaba con roupa demasiado informal. O certo é que aínda que era unha data que algunhas mozas aproveitaban para facer a “posta de largo”, a semellanza con ese tipo de eventos era pouca en canto a formalismo e ambiente festeiro.

Dende as ducias da primeira edición ata os 1500 asistentes de finais dos setenta, o baile foise consolidando como un evento importante na bisbarra naqueles tempos. Durante a ditadura era unha data na que se podía estar de festa dende as 24:00 ata as 6:00, o cal animaba a asistir como celebración nunha especie de “baile de fin de ano” no verán. Dende finais dos setenta, primeiros dos oitenta, o baile caeu progresivamente en decadencia, recuperando certa vitalidade dende o 89 e nos noventa , e continuidade a partir do novo século pero sen ter a relevancia doutros tempos. Nos primeiros anos das peñas eran “Os polbos do Vilar” os que levaban o peso da organización. No 2015, xa como cea baile, congregou a máis de cincocentas persoas no Salón de Eventos ”Baiuca”.

SÁBADO 30 DE XULLO DE 2022

BAILE DE JALA

Día adicado a Ana a de Touro, a siudá que está despois de Santiajo e onde os de aquí pensamos que todos teñen vacas, que pensan que todos os que teñen planeadora son todos uns contrabandistas, ainda que rason non lle falte naljún caso.

23.00 h. Sena-Baile de Jala (Dinner-Jala dansin), amenisado por un dillei internasional de renombre no Restaurante Baiuca.

Coma sempre requerirase rijurosa atiqueta:

Recomendasión para o vestiario das femias:

Look de ajosto na mansión de Playboy: Pesonera con borlita e purpurina na aureola, braja fío dental separadora de cachas con taparpoas de perlé. Nos pés, media de rejilla con sapato fino de tacón de ajulla de chandarme.

Nos machos:

Camisa arremancada abrochada a partir do quinto botón con pelambrera al viento e meda- llón redondo tipo toro de bijei da Virgen do Carmen entre selva de pelos. Fardajuevos ca colloada escorada a estribor. Nos pés, babuchas tipo Aladino con ribete e filijrana bordado en ouro.

Tatuaxes literarias permitidas: “Paquita te quiero”, “i love capetón” e “merda pa quen o lea”.

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

CONCIERTOS | DORNA 2023

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro