Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor
Dende 1991 no Porto de Ribeira. Dende o espigón portuario ocorrentes aparellos voadores e destemidos peñeiros e ousadas peñeiras tratan de vencer a lei da gravidade o maior tempo posible ata amarar nas augas da dársena.
LUNS 22 DE XULLO de 2024
18.07 h. Na plataforma de lansamento do Paredón e inmediasións, JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR. Quen pilote deberán vir acompañado dos seus respectivos albaseas testamentarios para ajilisar os trámites de reparto das herensias en caso de planchaso mortal, co fin de deixar repartidos os bens dos caídos en combate entre os heredeiros. Habilitarase unha carpa de autopsia express con capilla ardiente para non acumular moito choio e poder dar rápida sepultura a pilotos mortos.
NORMATIVA DORNEIRA 2024
JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR LXXVI SINJLADURA
Si dentro da vosa peña hai aljén cos melindres ben amarrados entre as pernas e con janas de arriesjarse a perdelos lansándose cun aparello voador ás ajuas da ría: inscribídevos no formulario de peñas activas e tede en conta a sijiente normativa:
- Orden de inscrisión non da preferensia no despeje. Hai que chejar ao aeródromo do malecón con tempo sufisiente para que as autoridades aeronavais den o visto bo ao aparello, á tripulasión e vos den a orden de despeje, que se inisiará ás 17:07 horas.
- Tanto a sona de estasionamento de aeronaves, como a plataforma de lansamento so poderá estar ocupada pola tripulasión da mesma. Indicarvos que a tripulasión non pode estar composta por máis de 4 integrantes.
- Con toda a pena no corasón, temos que informar a todos esos pais, nais ou tutores de criaturas de menos de 14 anos, que non poden utilisar está proba para intentar desfaserse deles. Ademáis de ter cumpridos os 14 anos, en caso de ser menor de idade (a lei establese a partir dos 18 anos) ten que ter autorisasión dos seus projenitores ou tutores.
- Suponse que sodes peñas dorneiras, e suponse que estamos en Ribeira, e na Festa da Dorna, polo que ir de choqueiro a saltar ao mar, mais que aplausos pode xenerar jomitonas entre calquer dorneiro que se presie de selo. Así que non lle amarjar a tarde ao público e presentádevos alí con aljún aparello que paresa que vai a voar, ou que paresa un aparello que ás veses ata lle dades verjonsa á vosa avoa ca cacharrada que traedes.
- Non vos esquesades de bautisar o aparello nin de poñerlle a matrícula. Como sejuro que non entendedes o que é eso: poñédelle un nome ao aparato, e naljún lado poña o nome da peña.
- O xurado terá en conta a performanse, a espectacularidade no despeje, o atresso, e as coreojrafías tipo sine indú que sexades capases de montar sobre a plataforma para animar ao piloto.
- Suponse que o aparello o construirán os mellores inxenieros da vosa peña. Non vale ir ao chino a comprar aljo de última hora e pintarlle con rotulador no braso ao piloto “Paquita te quiero” e desir que esa é a parte “artesanal”.
- Ajrádesese un soborniño ao xurado, que sempre ten unha mira con aqueles pilotos que se despiden dignamente dun aeródromo.
- E chejados a este punto, si non vos enteráchedes chámase “voo sen motor” porque o aparello debería voar, é disir: tratar de venser a forsa da jravedade da terra antes de espicharse no mar, chejando o mais lonxe posible. O que o consija sabe que ten moitos puntos janados.
- Un xurado pronunsiaranse sobre o millor, o sijiente, e o sijiente do sijientes, o resultado de todos os membros sumados daran o janador da aeronave do Jran premmio Ícaro, que con indiosincrasia dorneira, terán en conta, o esforso, a creatividade, a posta en escena, os metros planeados, o despeje e o aterrisaje.
- Otorjaranse 3 premios, primeiro, sejundo e terseiro, cando o xurado determine. Ademáis o cuarto e o quinto puntuan para a Copa da ReI.
- Non fai falta desir, que cada Peña é responsable de retirar da ajua a súa aeronave. Habilitarase unha sona de retorno a terra e un hanjar (contenedor grande) para estasionar o resultado final do lansamento. O inclumplimento desta norma será penalizado con 1000 puntos na Copa da ReI e a descalificación da peña na proba.
- A organización penalizará con ata 2000 puntos e a descalificasión da activida, as peñas que non colaboren no benestar da festa, é desir, comportádevos coa xente que orjanisa as actividades, que o fan de cloclo (sen cobrar un peso) e revisade as normativas, que todas as peñas tedes aljén que sabe desifrar a escritura e volas pode esplicar.
- A puntuasión para a Copa da REI será a indicada na normativa da mesma.