

Darlle valor á conservación do noso patrimonio e facer unha visión pública do mesmo. Faise gala da cultura mariñeira, poñémola en valor e non nos avergonzamos dela.
Debido ás ubicacións e espazos, o público asistente está visionando un museo mariñeiro ao aire libre; nasas, dornas, trasmallos ou bateeiros son elementos que se poden observar mentres se camiña por Ribeira.
Dende a asociación organizouse a IX Xuntanza de Embarcacións Tradicionais cá colaboración de Culturmar e unha participación de máis de 10 asociacións (Amigos da Dorna de Portonovo cá dorna “Surfeira”, Rompetimóns co galeón “Illa de Cortegada”, A Gamela co “Laberco”, e outras moitas) coas súas respectivas embarcacións. A Xuntanza realizouse o sábado 18 de xullo, realizando as embarcacións varias travesías nas que se invitaba a participar ó público en xeral que se achegou a Ribeira.
As tripulacións están convidadas a dalo todo a partir das 22:17 no “Sertamen Itinerante da Cansión de Tasca”, onde poden acompañar a cantar as peñas polas tascas de Ribeira e así fundir nun mismo día varias das nosas tradicións.










