
Jran Prix de Carrilanas
Dende 1990. Exposición de carrilanas nos boxes (Rosalía de Castro) antes do inisio. Saída do “Alto da Mámoa” ata a praza do Concello. Importa máis o bo humor e a orixinalidade que a velocidade.
DOMINGO 21 de XULLO de 2024
19:39 h. Pistoletaso de saída do XXXI JRAN PRIX DE CARRILANAS. Os conductores e conductoras que pretendan condusir estando por ensima dos 0.25 OrtejaCanos de talan-quera* (jodechinchos: borrachera, melopea, kurda, ambolia) serán decapitados e as súas cabesas clavadas en picas marcarán as sonas nas que se poderá usar o DRS. Os corpos serán usados de parapetos nas curvas pelijrosas.
NORMATIVA DORNEIRA 2024
JRAN PRIX DE CARRILANAS LXXVI SINJLADURA
Os mellores inxenieros dorneiros, martillo na man, pintura na outra, despois de pasar as súas carrilanas polo túnel do vento, poderán partisipar no Jran Prix de Carrilanas da Festa da Dorna. Primeiro hai que anotarse no formulario das peñas activas, e despois sejir esta estrita normativa:
- IDADE MÍNIMA DE PARTISIPASIÓN: Con toda a pena no corasón, temos que informar a todos esos pais, nais ou tutores de criaturas de menos de 14 anos, que non poden utilisar esta proba para intentar desfaserse deles. Ademáis de ter cumpridos os 14 anos, en caso de ser menor de idade (a lei establese a partir dos 18 anos) ten que ter autorisasión dos seus projenitores ou tutores.
- SEJURIDÁ: Uso de casco oblijatorio, e ainda que a carrilana vaia a pedales en ves de en caida libre é inexcusable a súa presensia nese bulto de carne con ollos que tedes pousado ensima dos hombros. Si a carrilana se para no medio do sircuito, non invadir a carretera coma si pareserades toros no San Fermín, fasedeo con sentidiño que hai máis carrilanas en competisión.
- INXENERÍA: Rodas de madeira, poden ser redondas, cuadradas ou de sinco estalos, pero sempre de madeira.
- VELOSIDADE: O sircuito está para darlle un bo uso, e o mellor que podemos faser é lusir a carrilana e deixar que a vexan ben sin desjrasiar a ninguén dos que está mirando. Non jana o que cheja primeiro, senon o que cheja enteiro. E na Festa da Dorna, janamos todos cando non liamos unha Farruquitada.
- BOXES: Instalaranse na calle Rosalía de Castro dende as 16:32, para que os macánicos, inxeneiros, e xueses da FIA lle boten un vistaso e validen que cumplen as normas. Chejade con tempo, subida de bólidos ás 18:18.
- ANTIDOPPING: O nivel de Ortejas Cano en sangue non pode superar o estipulado pola DeXeTe. Así que si vas avioneta mellor queda na casa.
- PROPULSIÓN: Permítese o uso de pan de millo coma combustile dos intejrantes da carrilana e o apoio do equipo a partir do Samba para non atorar o sircuito.
- IDENTIFICASIÓN: Non vos esquesades de poñerlle número de matrícula e número de bastidor para que cumpla ca ITV mais esixente. O que ven a ser o nome da peña e o nome da carrilana, que tamén volo hai que desir todo.
- XURADO: Estará composto por un xurado de velloucos dorneiros que xa non partisipan nas probas e disidirán cales son as sinco mellores carrilanas, valorando a orixinalidade, o traballo, a jopura, as dimensións e o espectáculo no descenso.
- PREMIOS: Primeiro, sejundo e terseiro, sejún as valorasións do xurado encarjado, cuarto e quinto posto para a puntuasión da Copa da REI.
- PENALISASIÓNS: A organisasión está para intentar que se produsan o mínimo de colisións posibles, non respetar as súas desisións podera penalisarse coa retirada de puntos na Copa da ReI.
- VENENOS E RESIDUOS: Tamén se recorda a todos os partisipantes, que son responsables das súas carrilanas. Os que limparon o alboio para a súa montaxe, como despóis desto ides meterlle aljún juarisnai aparcade os restos nun contenedor ou volvede metelos no alboio po ano próximo.
- DESCALIFICASIÓNS: Si non respetas este rejlamento entrará o safticar e botarache á cuneta. Si a peña invade o sircuito sen sentido, reservámonos o dereito a chamar a Chuck Norris e desalojalos pola forsa, previa descalificasión da súa carrilana.
- MÁIS DESCALIFICASIÓNS: A organización penalizará con ata 2000 puntos e a descalificasión da activida, as peñas que non colaboren no benestar da festa, é desir, comportádevos coa xente que orjanisa as actividades, que o fan de cloclo (sen cobrar un peso) e revisade as normativas, que todas as peñas tedes aljén que sabe desifrar a escritura e volas pode esplicar.
- PUNTUASIÓN PARA A COPA DA REI: A puntuación será a indicada na normativa da Copa da ReI.