BASES DO CONCURSO: Cartel – Sinjladura LXIX
DATA LÍMITE PRESENTASIÓN O 12 de MARSO
Primeira.- Partisipantes
Poderá partisipar calquera que teña sancre no corpo, imajinasión e janas de colaborar ca Festa da Dorna.
Sejunda.- Tema
Será premisa moi importante non equivocarse na Festa que se pretende anunsiar, indicando oblijatoriamente a sejinte informasión.
– Festa da Dorna, LXIX Sinjladura. Ano 2017.
– Anunsiar o inisio o vindeiro 19 de xullo e remate o día 24 de xullo.
– Indicar o día 11 de ajosto como data de selebrasion do Baile de Jala.
– indicar a denominasión “Festa de interese turístico de Galicia dende o 2005”
– Lusir trebol dorneiro e faser referensia á dorna tradisional.
Terseira.- Características técnicas
A técnica será libre, ca oblijasión de poder reprodusilo en formato dixital e poder utilisar unha impresora para a sua distribusión e difusión.
Cuarta.- Presentasión
Os deseños aspirantes a carteis deberán ser presentados en formato dixital remetindoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú. Deben estar en formatos JPG ou arquivo PDF nun tamaño proporsional de 50 por 70, en posición vertical ou horisontal, e cunha resolusión mínima de 300 ppp.
Quinta.- Data límite
O plazo de presentación dos deseños aspirantes a cartel da LXIX Sinjladura rematará o dominco 12 de marzo do 2016 ás 23:59.
Sexta.- Xurado e votación
Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 13 de marzo, e ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas, na que a man alzada serán elixidos os que máis votos acaden. Reservándose a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna o dereito de levar a votación os deseños que considere máis adecuados.
Partirá con un voto de ventaxa o deseño que máis “me justas” consijan no tempo exposto na rede social.
Séptima.- Premios
O deseñador do cartel ajrasiado será premiado cunha sudadera e do cartel enmarcado da LXIX Sinjladura.
Septuaxésimonovena.
A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo se non se presentan carteis que non promocionen adecuadamente a Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elexido, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal. A participación no concurso significa a aseptasión desta normativa.