Menu

Monchilas sensoriais no Rock and Dorna.

Se es unha persoa con perda auditiva ou diversidade sensorial, este ano incorporamos novas opcións para que poidas desfrutar do Rock and Dorna!

Como xa anunciamos hai un tempo, queremos que esta festa sexa o máis inclusiva posible, e que todas as persoas teñamos a oportunidade de vivila independentemente da nosa maneira de sentir, escoitar ou expresarnos.

Por iso, nesta edición poñemos á túa disposición mochilas sensoriais que vibran ao ritmo da música e permiten vivir os concertos dunha maneira máis accesible e inmersiva.

Estarán dispoñibles para os seguintes eventos:

🎶 Domingo 21 de xullo
→ Orquestra Bravú Xangai ás 23:57h

🎶 Xoves 24 de xullo
→ Monolious Dop ás 22:30h
→ Balkan Bomba ás 1:13h

🔸 Só temos 3 mochilas sensoriais, polo que é necesario inscribirse previamente.
Se che interesa reservar unha, cobre este formulario (pica aquí) indicando os teus datos e o concerto ao que queres asistir.

Contactarémoste o antes posible para confirmar a dispoñibilidade.

Grazas por formar parte dunha Dorna cada vez máis viva, libre e accesible.
💛 Viva a Festa da Dorna!

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIV JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2025

XXXIV JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2025

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro