Menu

JALERNA

Proxecto JALERNA

Coñécese como jalerna ao temporal borrascoso de vento, frío e choiva que axita no mar da costa Atlántica e Cántabra, e non atopamos mellor forma de bautizar este traballo.
Os obxectivos que impulsaron o seu nacemento foron a visibilización e promoción do talento e creatividade de músicos emerxentes de Ribeira, así como a difusión da cultura, costumes e tradición da cidade. O proxecto, apoiado pola Cofradía da Dorna, realizouse vencellado a outras actividades que leva a cabo a asociación; como son, a recuperación e difusión do patrimonio marítimo, tendo a embarcación tipo “dorna” coma referente e ligado tamén ao Festival Rock & Dorna e á Festa da Dorna.
O proxecto xurde dun encontro con persoal técnico da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Ribeira, que nos transmitía a idea de poder achegar mensaxes positivas que contribuíran a uns hábitos de vida responsables e de sensibilización en temas de adicción a determinadas sustancias a través da música, sendo os destinatarios principalmente xente nova. Preténdese así, trasladar a idea de  que é inevitable atopar atrancos ao longo da vida, pero que non se debe perder a esperanza xa que sempre hai unha saída. Todas as persoas temos o dereito a equivocarnos pero tamén o de poder corrixir o rumbo!
Así, a Cofradía da Dorna reúnese con distintas bandas e músicos da contorna e trasládalle a idea do proxecto. A maioría decide embarcarse dende o primeiro momento, poñendo nel o seu tempo, entusiasmo e ilusión para que saia adiante.
As letras dos compositores e compositoras foron enviadas a Antonio Rial, do Grupo de Investigación PSICOM (Psicoloxía do Consumidor e Usuarios) da Universidade de Santiago de Compostela así como a Jesús Moran, pertencente á Delegación do Goberno para o Plan Nacional Sobre Drogas; para a súa revisión, asegurando así que se adapten aos obxectivos previstos.
A Cofradía da Dorna encárgase de toda a xestión deste proxecto e a gravación, produción e mesturas realízanse no Estudo “Pousada Son”, grazas á colaboración do Concello de Ribeira.
Froito da unión de todas estas persoas e entidades nace “Jalerna”, que é o recopilatorio en formato CD das composicións musicais, o cal se comercializará e cuxos beneficios acadados irán destinados a engrosar o Fondo Social Dorneiro. .

CRIS ROMAN

Cris Román

A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en Abril de 2016 saleu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas.
Investigadora postdoutoral da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego.
Acompañada sempre de grandes músicos que axudan a dar forma aos seus temas: Alexandre Fontán aos teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Aitor e Alexis Iglesias nas guitarras; e David García na percusión.

Dr. MIGRAÑA

Dr. Migraña (Carlos Mariño)

O Dr. Migraña é, xunto co Náufrajo da Barreira, un dos ‘alter egos’ de Carlos Mariño: mestre de día e roquero de noite.
Este personaxe nace durante o 2010, cando aínda formaba parte da incombustible “Companhía do Ruído”, coa que percorreu Galiza enteira e grazas á cal foi quen de aprender o que era ‘estar enriba dun escenario’.
Para buscar o xerme temos que remontarnos moitos anos atrás, alá pola década dos 90, cando un grupo de amigos de instituto fixeron realidade o sono de montar unha banda de Rock’n Roll da que foi ‘frontman’ e fundador:os míticos “Prestados”.
Din del que é un dos últimos roqueros da novena, xa que basea a súa música no Rock’n Roll de corte clásico con tintes de garaxe e pinceladas de blues.
De estética macarra: patillas pobladas, chupa de coiro, lentes escuros, botas camperas, flequillo erguido…, as súas letras son sinxelas, directas, cotiás e ‘pegañentas’; os seus concertos atrevidos, divertidos, case teatrais e cun toque canalla.
Poucas veces se ve só, normalmente vai acompañado dos “SpeedyFriends”, un grupo de amigos que tanto valen para unha noite de farra, como para gravar un disco, ou para subirse a un escenario e vestir as súas cancións cun gusto exquisito e un talento envidiable.
Agora mesmo, ademais de ser un dos compoñentes das “Balas Perdidas”, banda que acompaña ao infatigable e inigualable “Chamaquito Pistolas”, o Dr. Migraña está preparando os temas do que serán o seu segundo traballo: #OnTheRoadAgain.
Se tes a sorte de tropezarte cun dos seus ‘shows’ non pases de largo, aseguran que non deixa a ninguén indiferente.
Saúde e Rock’n Roll!!

The Black Finger

Juancho Pérez

The Black Finger é un novo proxecto que nace para saciar as inquedanzas musicais deste músico ribeirense con sombreiro de palla chamado Juancho Pérez.
Tras casi 15 anos no panorama musical da comarca, tocando en formacións como ‘A banda de José Manuel’, ‘Rebuzno’, ‘Pateiro y tú’, ‘A Rebanda’ e Chamaquito Pistolas y las balas perdidas’, este compositor de wc con aires de idiotismo, decide dar un paso máis e liderar o novo proxecto ‘The Black Finger’, un proxecto cunha clara tendencia ao máis puro estilo country do oeste de Fondevila.

Loren Tevra

Loren Tevra

Loren Tevra é un cantante, guitarrista e compositor de Palmeira-Ribeira (A coruña). É o miembro fundador do grupo de rock ribeirense “Tevra” (de ahí seu nome artístico). Dende o ano 2012 entra a formar parte da conocida
banda “Astarot”, de Cangas do Morrazo.

Neste disco presenta o tema “Tan difícil”. Composto exclusivamente para este proxecto, acompañado do baixista Nando Llon, e o batería Héctor Drass.

ILMARTO & Friends

Martín Sampedro Raño (ilMarto)

ILMARTO & Friends é o meu primeiro proxecto persoal. Despois de 9 anos dedicándome á batería, con formacións de diversos estilos, dinme conta que o proxecto dos meus soños nunca daba chegado, polo que intentei crealo eu mesmo. Dende pequeno amo a música e partindo desta premisa, ese amor me levou a explorar novos campos, os cales para min eran descoñecidos ata fai ben pouco. Falo da composición e da produción musical. Como todo novato neste campo procurei arrimarme a boas compañías, que aportaran calidade ás miñas creacións e me achegaran novas aprendizaxes a nivel musical e persoal. Toda esta xente coa
que me xuntei son os meus “friends” , cos cales crecín e sigo crecendo como músico. Todos forman ou formaron parte da miña andadura musical, e que mellor maneira hai de agradecerlles todas as experiencias pasadas e futuras, que facéndoos traballar a única fin de semana que tiñan libre no mes? Así de bonita é a música, sacrificas días ou semanas de vida, para ver este esforzo culminar en tres maravillosísimos minutos de puro placer.

Blow

Blow

Dende principuos de 2018, ano no que se formou a banda, Blow gañou o respeto dos amantes da música de todo tipo.
Na sua corta vida, levan actuado nun sinfín de eventos, locales e bodas de toda Galicia. Recibindo moi boas críticas dos asistentes a seus concertos.
Blow, formado por María Jordan (voz principal), Loren Tevra (guitarra/voz), Nando Llón (baixo/voz) e Héctor Drass (batería) presentan sua primeira canción “Al fin”, en exclusiva neste disco.

.

David Á. Canoa e Sabela

David e Sabela

Chámome David Á. Canoa e compoño cancións desde que teño uso guitarreiro. Sempre cantei por aquí, por alá e mesmo por acolá, facendo país e orgulloso de sermos nós!

Nacín coa fortuna de levarna fronte unha estrela e no bico un cantar! Nesta ocasión acompañoume Sabela, Sabeliña, Sabeleira, corista, pianista e miña filla-compañeira!


XeVa e Juanma

Xeva e Juanma dous amigos que se xuntan para facer un tema de rap no que sempre estuveron pensando. Dende moi pequenos compartian o xénero rap en forma de freestyle, calquer lugar e hora era unha boa excusa para rapear. “Un novo planeta” é un conxunto de ideas que se xuntan en forma de rap e fala de como poder disfrutar da vida e como construir un novo planeta a jolpe de libreta.

Cartelle

Cartelle non é un grupo estable. Somos unha familia de músicos autodidactas que dende sempre tocamos e cantamos xuntos ademáis de ter as nosas experiencias musicales individuáis. Somos multi-instrumentistas con innegables influencias na “bossa nova”, o “funk” ou os “standards de jazz” ás que os máis xóvenes incorporan unhas formas máis urbanas e actuáis. O resultado é unha propsta de fusión de armonías e letras coidadas.

Participamos neste proxecto porque creemos que entre todos podemos dicir algo con respecto ao tema das dependencias, decilo dende distintas idades e decilo de maneira distinta.

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

CONCIERTOS | DORNA 2023

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro