Bases do Concurso de ENJALANAMENTO DORNEIRO de vivendas (Jalpóns, balcóns, hórreos, fachadas e demais partes visibles) establesementos comersiales e establecementos de hostalería (fanequeiras).
BASES DE PARTISIPASIÓN:
1. OBXECTIVO.- A Real e Ilustre Confradía da Dorna convoca o Concurso de Decorasión de vivendas e Escaparates con motivo da festa da Dorna do 2021, co obxecto de dinamisar a festa sen realisar convocatorias masivas por causa do Covid-19, e co fin de animar a “novena” e darlle vidilla ao día da dorna deste 2021.
2. PARTISIPANTES.- Poderán partisipar neste concurso as vivendas e establecementos comersiais que se atopen dentro do Concello de Ribeira.
Haberá tres catejorías, vivendas, establecementos comersiais e establecementos de hostalería.
As/os interesadas/os deberán inscribirs cubrindo o formulario que (enlase ó final de todo, para que leas todas as bases). Débese indicar a localisasión da vivenda/establesemento comersial/establesemento hostaleiro, os datos da peña (se participa ou colabora aljunha), nome, apelidos e maneira de contacto (teléfono, mail…), no caso dos establesementos, deberán indicar tamén o nome do local.
O praso de inscrición finalisa ó día anterior á revisión do xurado (data por fixar, cando nos pete, sejuramente o 12 de xullo).
Para a realisación do concurso deberán existir un mínimo de 5 inscricións para cada catejoría, no caso de que unha das tres non cheje ó mínimo, esa parte será cancelada.
3. NORMAS.- As decorasións deberán estar colocadas en portas, balcóns e/ou fiestras no caso das vivendas, no caso dos establecementos nos escaparates, fiestras, portas e/ou fachada do establecemento.
- A técnica a utilisar será libre, podéndose utilisar calquera tipo de material decorativo con motivos Dorneiros. Poderán utilisarse tamén elementos de iluminación. Todo elo evitando molestia aljunha ós/ás veciños/as.
- A decorasión deberá estar a vista de rúa, que é onde se valorará polo xurado.
- O montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos será realizado por cada partisipante.
- Deberán estar preparadas o día 21 de xullo e non poderán desmontarse antes do día 25 de xullo do 2021.
- A Confradía da Dorna non se fai responsable dos deterioro ou danos do material utilizado que puideran producirse durante o período de exposición.
- A orjanisasión e o xurado, poderá tomar fotos das vivendas, dos establesementos comersiais e hostaleiros participantes no concurso, e os/as partisipantes autorizan á Real e Ilustre Confradía da Dorna a difundir as citadas imaxes.
4. XURADO.- O xurado sobornable estará composto polos 5 mágníficos, que non darán a sua idenfificasión.
5. PUNTUASIÓN.- A puntuasión final do xurado dependerá dos puntos indicados, que se valorarán do 1 ao 5, sendo a suma de tódolos puntos resibidos a que determine os/as gañadores/as e cada catejoría. No caso de empate, sortearase entre as propostas coa mesma puntuasión.
- a. Deseño e orixinalidade
- b. Iluminación
- c. Utilización de materiais reciclables
- d. Laboriosidade
- e. Tradición Dorneira
O fallo será inapelable.
6. PREMIOS.- Haberá primeiro, segundo e terceiro premio en cada categoría:
Vivendas:
- O primeiro – Cunha contía de 150€ euros.
- O Segundo- Cunha contía de 100€ euros.
- O terceiro- Cunha contía de 50€ euros.
Establecementos comerciais:
- O primeiro un trofeo de primeiro e unha dorneiriña.
- O segundo un trofeo de segundo.
- O terceiro un trofeo de terceiro.
Hostalería:
- O primeiro un trofeo de primeiro e unha dorneiriña.
- O segundo un trofeo de segundo.
- O terceiro un trofeo de terceiro.
Os trofeos serán entrejados o día 24 de xullo durante a seremonia de inisiasión
6. ASEPTACIÓN DAS BASES.- A participación neste concurso supón a aseptación das bases e a conformidade co resultado do concurso. O incumprimento das bases conlevará a exclusión do concurso.
Calquera cuestión non recollida explicitamente nestas bases será resolta polo xurado.
ENLASE https://forms.gle/LkuhBi7Z9ecpn3FV7