BASES DO CONCURSO PARA A SELECSIÓN DOS TROFEOS DA FESTA DA DORNA 2022
1.- Os premios para cada actividade, as catejorías e as cantidades son os que se recollen na sejinte táboa:
ACTIVIDADE | 1º PREMIO | 2º PREMIO | 3º PREMIO | PREMIOS ESPESIAIS |
Sertame Itinerante de Cansión de Tasca | 1 | 1 | 1 | 0 |
Jran premio Cutre Shark das Embarcasións feitas a Machada e propulsadas a Pan de Millo | 1 | 1 | 1 | 1 |
Jran Premio Ícaro de Voo sen motor | 1 | 1 | 1 | 0 |
Jram Prix de Carrilanas | 1 | 1 | 1 | 0 |
Enjalanamento de Fanequeiras | 1 | 1 | 1 | 0 |
Concurso de Tapas Estrellas Mijelín | 1 | 1 | 1 | 1 |
Concurso de Escaparatismo Dorneiro (hostelería) | 1 | 1 | 1 | 0 |
Concurso de Escaparatismo Dorneiro (comersio) | 1 | 1 | 1 | 0 |
Maratasón | 1 | 1 | 1 | 0 |
Trinautlón | 1 | 1 | 1 | 0 |
JiJó | 1 | 1 | 0 | 0 |
Pártome o fecho | 1 | 1 | 1 | 0 |
MEDALLAS 140 unidades
2.- Os proxectos/esbozos deberán ser orixinais e inéditos, non selecsionados en ninjún outro sertame ou concurso, e non poderán ser reprodusións totais ou parsiais doutras obras xa realisadas con anterioridade.
3.- Os premios de cada actividade deberán ser representativos de cada unha delas e da Festa da Dorna, debendo diferensiarse de forma clara o primeiro, sejundo e terseiro premio.
4.- Os premios deberán incluír oblijatoriamente a inscrisión “LXXIV Sinjladura”.
5. O premio espesial das Embarcasións Feitas a Machada, será o que se outorje á embarcasión máis rápida, polo que debe ser representativo de dito lojro.
6.- O premio da Ruta de Tapas deberá ter como tema prinsipal, de modo visible, destacando ante outro elementos o texto “1º, 2º, 3º (sejundo sexa o caso) premio da VII Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXXIV Sinjladura”. O seu formato deberá ser de coljar. O premio espesial é o otorjado polos clientes participantes na Ruta,, o texto que debe destacar será “Premio dos catadores dorneiros da VI Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXXIV Sinjladura”.
7.- Poderán partisipar no concurso os artistas ou entidades con obradoiros de arte da sentenaria, entendendo como tales aqueles que residan ou desenvolvan a súa actividade profesional en Ribeira, nados en Ribeira ou que teñan unha espesial vinculasión coa Festa da Dorna.
8.-Importe máximo dos premios de Cansión de Tasca, Embarcacións, Voo sen motor, Carrilanas, Decorasión de Fanequeiras e Concurso de Tapas deberán ser:
Os primeiros premios de 80€/unidade (IVE enjadido).
Os sejundos premios de 60€/unidade (IVE enjadido).
Os terseiros premios de 50€/unidade (IVE enjadido).
Os premios espesiais de 50€/unidade (IVE enjadido).
En ninjún caso o importe do conxunto dos tres premios (primeiro, segundo e terseiro) de cada actividade poderá superar os 205€ (IVE enjadido).
9. O importe máximo dos tres premios (a suma do primeiro, sejundo e terseiro premio) de Concurso de Escaparatismo, Maratasón e Trinautlón deberán ser dun importe máximo de 90€/as tres unidades (IVE enjadido).
9. O importe máximo dos dous premios do concurso de JiJó (a suma do primeiro e sejundo premio) deberá ser dun importe máximo de 60€/as dúas unidades (IVE enjadido)
10.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3€/unidade (IVE enjadido).
11.- Os proxectos/esbosos presentados poderán ser de material e formato libre, ajás o da Ruta de Tapas, que deberá singuirse ao espesificado no punto 6.
12.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elecsión dos premios da Festa da Dorna 2022 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu presio final. (aseptaranse sobornos e ajradésese que se adapten os presios ao valor da obra, non que se tire ás cantidades máxismas permitidas).
13.- O praso de resepsión de propostas estará aberto ata o sábado 30 de abril.
14.- A presentasión de propostas deberá faserse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960)./ Tamén será válido mediante o correo afestadadorna@gmail.com
15.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instrusións:
– Os artistas partisipantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2022 , dous sobres pechados .
– O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista ou entidade. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato, ata que a R. e I. Cofradía da Dorna selecsione os distintos premios.
– O sejundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/esboso da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o preso final con IVE enjadido e calquera outra informasión de interese para unha mellor valorasión da proposta. Este sobre non conterá ninjunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susseptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.
16.- A selecsión das propostas jañadoras terá lugar antes do 9 de maio de 2022.
17.- Os artistas selecsionados disporán de prazo ata o 14 de Xuño de 2022 para presentar as obras definitivas.
18.- As pesas selecsionadas partisiparán nunha exposisión que vai ter lujar durante o mes de Xullo nun lujar a determinar.
19.- Os artistas/partisipantes non poderán faser público nin exhibir parsial ou totalmente as obras selecsionadas antes da súa entreja á R. e I. Cofradía da Dorna e a inaujurasión da mensionada exposisión.
20.- Na elaborasión de cada pesa, o artista deberá cinjirse ás características reflectidas na proposta inisial e que deron lujar á súa elecsión (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inisial ou cuxas variacións, sufridas no proseso de creasión, non fosen consultadas/consensuadas coa Cofradía da Dorna con anterioridade á entreja.
21.- A partisipasión no concurso supón a aceptasión destas bases.
22.- O non cumprimento daljún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valorasión do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna e o desterro á Puebla.
23.- A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.
24.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor ou autora durante os trinta días sejintes á data de publicasión das obras selecsionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservasión ou posterior devolusión.
Asinado
A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna