Menu

BASES DO CONCURSO DO DESEÑO DA SUDADERA DA LXXI SINJLADURA DA FESTA DA DORNA

DATA LÍMITE PRESENTASIÓN DAS PROPOSTAS O 25 de MARSO

Primeira.- Partisipantes.


Poderá partisipar quen teña jana, sempre que cumpra coa normativa que se expón desejido, incluso se está empadroado na Puebla.


Sejunda.- Tema


Faser o deseño dorneiro (recoméndase botar un ollo a deseños pasados sabendo que este ano a sudadera e de cor NEJRO ) e que conteña, do xeito que proseda asejún o deseño, a sejinte informasión. Ribeira, Festa da Dorna e LXXI Sinjladura. Non quita que si se lle quer poñer máis informasión que se lle poña, qínda que para iso xa está o cartel.


Terseira.- Características técnicas


A técnica será libre, ca única salvidade de que si presentas aljo que non se poda serijrafiar na sudadera, perderás o tempo presentando o deseño.
A impresión do debuxo da sudadera poderá levar un máximo de 4 (CATRO) tintas, e deberá ser presentado co fondo NEJRO TISÓN, para entendidos da materia 010-010-010.


Cuarta.- Presentasión


Os deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXI Sinjladura deberán ser presentados en formato dixital, remitíndoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú da festa. Deben estar en formato JPG ou arquivo PDF cunha resolusión mínima de 200 ppp. Toda deseño que non cumpra este requisito poderá ser rechasado e utilisado para fondo de servilleta do Flip.


Quinta.- Data límite


O praso de presentasión dos deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXI Sinjladura rematará o dominco 25 de marso do 2019 ás 23:59.


Sexta.- Xurado e votasión


Serán as sosias e sosios da Real e Ilustre os que fajan a criba entre os deseños presentados valorando nunha enquisa todas as propostas. Sendo presentados en asamblea os mellor valorados. (VER SEXTA BIS)
Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 26 de marso, ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas e o deseño que máis “me justas” consijan no tempo exposto na rede sosial será o elexido en caso de empate na elecsión a man alsada entre os peñeiros presentes na asamblea mensionada dos deseños
mellor valorados.


Sexta BIS.- Dereito do alto patronato sobre os deseños presentados


En caso extremo de que poda chejar a elixirse un deseño que non se considere co nivel sufisiente e sexa ben valorado por sosios e sosias con domisilio en Puebla del Caramiñal, o alto patronato da Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados para representar o sudadera ofisial da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna.


Séptima.- Premios


O deseño finalmente selecsionado será o que lusa na sudadera da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna, e por si non fora sufisiente a autora ou autor será ajrasiado con un premio de 400 euriños .


Septuaxésimonovena


A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo, no aire, na fochanca… se non se presentan deseños que se consideren que non representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elixido sejún lle pete, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal.

A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa.


Asinado.
A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro