Menu

BASES DO CONCURSO A JATA RUÍN DE LA PRADA 2022

BASES DO CONCURSO A JATA RUÍN DE LA PRADA 2022

Primeira.- Partisipantes.

Poderá partisipar todo fillo de vesiño, sempre que cumpra coa normativa que se expón desejido, incluso se está empadroado na Puebla, diolofajamillor.

Sejunda.- Tema

Faser o deseño dorneiro (recoméndase botar un ollo a deseños pasados sabendo que este ano a sudadera e de cor amarillo) e que conteña, do xeito que proseda asejún o deseño, a sejinte informasión:

  • Ribeira.
  • Festa da Dorna e LXXIV Sinjladura. 
  • Non quita que si se lle quer poñer máis informasión que se lle poña, aínda que para iso xa está o cartel.

Terseira.- Características técnicas

A técnica será libre, ca única salvidade de que si presentas aljo que non se poda serijrafiar na sudadera, perderás o tempo presentando o debuxo porque non vai ir avante.

A impresión do debuxo da sudadera poderá levar un máximo de 4 (CATRO) tintas (cores para os da escola de noite), e deberá ser presentado co fondo amarillo, para entendidos da materia 01HHHH0-01HJHJ0-0186976UKHKJHKHKHKJ0.

Cuarta.- Presentasión

Os deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXIV Sinjladura deberán ser presentados en formato dixital, remitíndoos ó correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com. Deben estar en formato JPG ou arquivo PDF cunha resolusión mínima de 200 ppp. Todo deseño que non cumpra este requisito poderá ser rechasado e utilisado para faserlle un taparrabos a Tucho Plasa.

Quinta.- Data límite

O praso de presentasión dos deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXIV Sinjladura rematará o 18 de marso do 2022 ás 23:59h.

Sexta.- Xurado e votasión

Será o alto e jordo tribunal dorneiro da Real e Ilustre os que fajan a criba entre os deseños, sendo presentados en asamblea os mellor valorados.

Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 19 de marso, ata 26 de marso (asamblea de peñas). O deseño que máis «me justas» consija no tempo exposto na rede sosial será o elexido en caso de empate na elecsión a man alsada entre os peñeiros presentes na asamblea mensionada dos deseños mellor valorados.

Sexta BIS.- Dereito do alto patronato sobre os deseños presentados

En caso extremo de que poda chejar a elixirse un deseño que non se considere co nivel sufisiente e sexa ben valorado por sosios e sosias con domisilio en Puebla del Caramiñal, o alto patronato da Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados para representar o sudadera ofisial da LXXIV Sinjladura da Festa da Dorna.

Séptima.- Premios

O deseño finalmente selecsionado será o que lusa na sudadera da LXXIV Sinjladura da Festa da Dorna, e por si non fora sufisiente a autora ou autor será ajrasiado cun premio de 300 euriños en vales para jastar na hostelería e no comersio da novena.

Septuaxésimacuarta

A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo, no aire, na fochanca… se non se presentan deseños ou se considera que estes non  representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna. A directiva resérvase o dereito de poder modificar o deseño elixido sejún lle pete, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal.

A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Asinado

A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Login socias e socios

Desconectar

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXI JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2022

XXXI JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2022

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro