Menu

BASES CONCURSO DE CARTEIS SALVADOR DAQUÍ 2025

Atensión tripulasión! Este ano non vos queremos faser traballar de balde e, como a Festa da Dorna xa ten a sona de ser a festa máis rachada do país, buscamos á próxima Frida Jalo, Vinsent Van Jo, ou Vasile Can Disque pra deseñar o cartel da Festa.

Para esta anjeira, velaquí as bases deste concurso

PRIMEIRA.- PARTISIPANTES
Poderá partisipar calquera persona entre sero e sentodesasete anos que saiba contar ata setenta, coller un lápis, pronunsiar “Festa da Dorna” e que non janase a edisión anterior do Concurso de Carteis Salvador Daquí.

SEJUNDA.- COMO PARTISIPAR
Para participar tan só necesitades enviarnos exemplos previos do voso traballo (pra os que entendedes o idioma moderno: un portafolio) ao correo afestadadorna@gmail.com ata o 2 de marzo de 2025. Dito portfolio poderá enviarse en formato PDF ou como ligazón a unha páxina web e deberá incluir, polo menos, un traballo como mostra do voso estilo de deseño, así como unha breve biojrafía vosa.

A novidade deste ano é que NON buscamos un cartel xa feito, senon que queremos ver o voso traballo antes de elexir ó/á jañador/a que lle dará á cabesiña pra faser o cartel da festa.

TERSEIRA.- ELESIÓN DO/A DESEÑADOR/A
De todas as propostas resibidas, a directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna elexirá un total de CATRO portfolios que serán presentados nunha asemblea para que esta tome a desisión última.

A modo orientativo, os criterios que se sejirán para esfarelar os perfís resibidos serán os sejintes:

  • Experiensia en traballos similares (ex.: presentasión de propostas a concursos, jañador/a de concursos, traballos de cartelería para festas/empresas/asosiasións…)
  • Ter vinculasión (ben representado a través dos vosos deseños, ou do voso perfil) coa contorna barbansá, a cultura mariñeira, e/ou Jalisia.
  • Se os dous criterios anteriores non fosen sufisientes para redusir o número de propostas, terase en conta o estilo de deseño presentado, tendo preferensia os estilos máis dispar ó cartel da anterior sinjladura.

Se estes criterios non fosen sufisientes para a redusión de perfiles a propoñer na asemblea, a directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de levar a votasión, en boa fe, os perfís que considere máis adecuados para a elaborasión do cartel ofisial da LXXVII Sinjladura da Festa da Dorna.

Será a asemblea quen desida, mediante votasión, e tras ser valorados os portfolios propostos, o deseñador/a jañador encarjado da elaborasión do cartel desta sinjladura.

CUARTA.- ELABORASIÓN DO CARTEL
O/a jañador/a deberá elaborar un cartel que indicará de xeito oblijatorio os sejintes elementos:

  • Festa da Dorna
  • Ribeira
  • LXVII Sinjladura
  • Ano 2025
  • Anunsiar os días da Festa da maneira artística que vos pete. Proporsionaremos a data de inisio e fin.
  • Indicaremos a data da selebrasión do Baile de Jala para incluilo no cartel.
  • Indicar a denominasión “Festa de Interese Turístico de Galicia dende o 2005”
  • Incluir a flor natural e faser referensia á embarcasión tradisional tipo dorna.

O/a jañador/a terá total e absoluta libertade creativa, ca oblijasión de poder reprodusir o cartel en formato dixital e poder utilisar unha impresora para imprimires o carte. Non nos valerá unha deconstrusión de papel hixiénico con cola blanca sobre estrutura de aluminio do todoasién. Hai que aprender un pouco de Fotochós.

O/a jañador/a presentará unha primeira proposta á directiva, quen poderá requerir a correción de erros, cambios, ou pequenas alteracións do deseño orixinal para que se adecúe á esensia da Festa da Dorna.

O cartel será orixinal e inédito e a Real e Ilustre Cofradía mantense totalmente indemne por cantos danos e/ou perxuízos puidese sufrir por consecuencia da falta de veracidade do/a autor/a do cartel no momento da súa execución.

QUINTA.- PREMIO
O/a deseñador/a selecsionado para a elaborasión do cartel que represente a LXXVII Sinjladura da Dorna, ademais de poder disfrutar do cartel impreso por toda a novena con máis publisidá que no Gúguenjain, será ajrasiado con un premio de 400 euros en metálico.

SEXTA.- DEREITO DO ALTO PATRONATO SOBRE O DESEÑO PRESENTADO
O pago do premio implica o recoñesemento e aseptaisón do/a jañador/a da sesión exclusiva dos dereitos de reprodusión, distribusión, e comunicasión pública da obra xeito permanente e exclusivo á Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

SÉPTIMA.- POR SE SAE TROITA
A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá anular o concurso se non se presentan deseños que se consideren que representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna.

A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Asinado,

A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

XXXIII JRAN PREMIO ÍCARO VOO SEN MOTOR | FESTA DA DORNA 2024

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro