- Guitarra e voz (David Á. Canoa)
- Corista e pianista (Sabeliña)
Adiós router, adiós módem
Meu pai chámase Instagram,
miña nai Whatsapp,
Twitter, meu irmán
e miña irmá inda non me deu
ningún “like”
no meu muro de Face …
muro de Facebook.
Teño tres mil seguidores,
teño cero amores,
teño sete dores
de estar deitado a navegar,
navegar
por aquí, por alá,
por todos lados.
Quén quere amigos reais
se hai redes sociais.
Non me chames máis …
se acaso envíame un whatsapp
e quizais
recibas un moi “mono”
emoticono.
Meu pai chámase Instagram,
miña nai Whatsapp,
Twitter, meu irmán
e miña irmá inda non me deu
ningún “like”
no meu muro de Face …
muro de Facebook.
Adiós router, adiós módem,
meus cascos pequenos,
vista dos meu ollos,
que cada día miro menos
para os demais.
Pantalla si, pantalla máis, pantalla sempre!
Cando morra que me enterren
coa fibra de “R”
e eu “erre que erre”
a compartir e a reenviar
Snapchats …
por min que peche o mundo …
peche o mundo.
Terra, saúde e república!