Menu

Voo sen motor

Jran Premio Ícaro de Vó sen Motor

Dende 1991 no Porto de Ribeira. Dende o espigón portuario ocorrentes aparellos voadores e destemidos peñeiros e ousadas peñeiras tratan de vencer a lei da gravidade o maior tempo posible ata amarar nas augas da dársena.

DOMINGO 23 DE XULLO de 2017

16.48 h. Na plataforma de lansamento do Paredón e inmediasións, JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR. Quen pilote deberán vir acompañado dos seus respectivos alba-seas testamentarios para ajilisar os trámites de reparto das herensias en caso de plancha-so mortal, co fin de deixar repartidos os bens dos caídos en combate entre os heredeiros. Habilitarase unha carpa de autopsia express con capilla ardiente para non acumular moito choio e poder dar rápida sepultura a pilotos mortos.

Orjanisan: The Lirios Tremens, Corsarios do Barbansa e Vikinjo da Tomasa

 

NORMATIVA DORNEIRA 2017

JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR
LXIX SINJLADURA – DORNA 2017

Si dentro da vosa peña hai aljén cos melindres ben amarrados entre as pernas e con janas de arriesjarse a perdelos lansándose cun aparello voador ás ajuas da ría: incribídevos no formulario de peñas e tede en conta a sijiente normativa:

● O orden de inscrisión non da preferensia no despeje. Hai que chejar ao aeródromo do malecón con tempo sufisiente para que autoridades aeronavais den o visto bo ao aparello e vos den a orden de despeje, que se inisiará ás 17:07 horas.

● Suponse que sodes peñas dorneiras, e suponse que estamos en Ribeira, e na Festa da Dorna, polo que ir de choqueiro a saltar ao mar, mais que aplausos pode xenerar jomitonas entre calquer dorneiro que se presie de selo. Así que non lle amarjar a tarde ao público e presentádevos alí con aljún aparello que paresa que vai a voar, ou que paresa un aparello que ás veses ata lle dades verjonsa á vosa avoa ca cacharrada que traedes.

● Non vos esquesades de bautisar o aparello nin de poñerlle a matrícula. Como sejuro que non entendedes o que é eso: poñédelle un nome ao aparato, e naljún lado poña o nome da peña.

● O xurado terá en conta a performanse, a espectacularidade no despeje, o atresso, e as coreojrafías tipo sine indú que sexades capases de montar sobre a plataforma para animar ao piloto.

● Suponse que o aparello o construirán os mellores inxenieros da vosa peña. Non vale ir ao chino a comprar aljo de última hora e pintarlle con rotulador no braso ao piloto “Paquita te quiero” e desir que esa é a parte “artesanal”.

● Ajrádesese un soborniño ao xurado, que sempre ten unha mira con aqueles pilotos que se despiden dignamente dun aeródromo.

● E chejados a este punto, si non vos enteráchedes chámase “voo sen motor” porque o aparello debería voar, é disir: tratar de venser a forsa da jravedade da terra antes de espicharse no mar, chejando o mais lonxe posible. O que o consija sabe que ten moitos puntos janados.

● Un xurado pronunsiaranse sobre o millor, o sijiente, e o sijiente do sijientes, o resultado de todos os membros sumados daran o janador da aeronave do Jran premmio Ícaro, que con indiosincrasia dorneira, terán en conta, o esforso, a creatividade, a posta en escena, os metros planeados, o despeje e o aterrisaje.

● Otorjaranse 3 premios, primeiro, sejundo e terseiro, cando o xurado determine.

Puntuasión para a Copa da REI

1º +2000 puntos

2º +1400 puntos

3º +900 puntos

4º +500 puntos

5º +250 puntos

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

ASÍ FOI A #DORNA2018 + Xite Dorneiro (Festa da Dorna 2018 Aftermovie Resumo oficial)

Vídeo Resumo oficial da 70 Singladura da Festa da Dorna 2018. Vídeo Resumen oficial de la 70 Singladura de la "Festa da Dorna…

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro