Menu

Festival de música Rock & Dorna

logo-dipu

Rock And Dorna (Imaxe)

 

Co paso dos anos, a música comezou a gañar presenza na Festa da Dorna,
ata o momento actual no que, durante os días de festa, celébrase un festival musical
con entidade propia e paralelo a propia Festa, que enche de música as rúas de Ribeira.
Progresivamente na medida en que o presuposto foi sendo maior novas
iniciativas puideron pórse en marcha e así se creou o RockanDorna, que dende
1992 é un festival de música ao aire libre no que se lle dá unha oportunidade a
novos grupos. Na súa primeira edición debutaron “Heredeiros da Crus”, grupo con
maior proxección nas dúas últimas décadas no panorama galego.
Cada ano, a programación do festival inclúe multitude de actuacións de
primeiro nivel que sitúa o festival Rock and Dorna como unha cita ineludible
dentro do programa de festivais de Galicia.
Dende hai anos este festival vense pechando co chamado ”Consiertaso” no
que teñen actuado grupos musicais como Os Diplomáticos de Monte Alto,
Lamatumbá, Astarot, Jabón Blue, Riff-Raff, Los Planetas, Jarbanzo Nejro, A
Compañía do Ruído, Os Tres Trebóns, Miguel Costas, entre un largo etc. No 2015
e no 2916 levouse a cabo “A Jran Ópera Prima Dorneira” na que participaron
destacados artistas locais, 117 na súa última edición, necesitando para elo unha
gran loxística de ensaios, traballos de equipos de son e dos propios músicos,
conseguindo sen dúbida un éxito rotundo. O “Consiertaso” ten o seu momento
máis álxido e remate co himno Dorneiro e a botadura de fogos de artificio ao par
da súa interpretación.

 

Captura

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

Festa da Dorna, it's something else. (Festa da #Dorna2017 international aftermovie) #Dorna2018

Festa da Dorna, in Sta. Uxía de Ribeira, Corunna, is the best summer party you can immagine. Music, games, spectacles, beac…

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro