Menu

Concurso Debuxo Sudadera LXIX Sinjladura

Sudadeira d

BASES DO CONCURSO:

Debuxo sudadera – Sinjladura LXIX

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN o 12 de MARSO

Primeira.- Partisipantes.

Poderá partisipar quen queira e cumpra coa normativa que se expón desejido.

Sejunda.- Tema

Faser un debuxo dorneiro e que conteña, do xeito que proseda asejún o deseño, a sejinte informasión.

– Festa da Dorna, LXIX Sinjladura.

Terseira.- Características técnicas:

A técnica será libre, ca única salvedade de que coma non se poda plasmar na sudadera, perderás o tempo presentando o deseño.

A impresión do debuxo da sudadera poderá levar un máximo de 5 (SINCO) tintas, e deberá ser presentado co fondo vermello, para entendidos da materia (ff0000).

Cuarta.- Presentasión

Os deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXIX Sinjladura deberán ser presentados en formato dixital, remitíndoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú. Deben estar en formato JPG ou arquivo PDF nun tamaño proporsional de 50 por 70, en posisión vertical ou horisontal, e cunha resolusión mínima de 300 ppp.

Quinta.- Data límite

O praso de presentasión dos deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXIX Sinjladura rematará o dominco 12 de marso do 2017 ás 23:59.

Sexta.- Xurado e votasión

Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 13 de marso, ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas, na que a man alsada serán elixidos os que máis votos acaden. Reservándose a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados.

Partirá cun voto de ventaxa o deseño que máis “me justas” consija no tempo exposto na rede soial.

Séptima.- Premios

O deseñador do debuxo da Sudadera ajrasiado será premiado cunha sudadera da LXIX Sinjladura.

Septuaxésimonovena

A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo se non se presentan debuxo da Sudadera que non representen adecuadamente á Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elixido, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal. A participación no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro