Menu

Máis Festa

Exames de Patróns,  admisión de novos cofrades

Co obxecto de admisión de novos e novas “cofrades” á informal “Real e Ilustre Cofradía de la Dorna”, era tradicional a realización dun exame, en clave humorística, que non sempre recibía ese nome e no que era indispensable subornar ao tribunal. O exame tiña un slogan relacionado con algún tema de actualidade e con sinxela pero efectiva ambientación segundo acordasen: o cine, o programa “Un, dos,tres responda otra vez” ou o descubrimento de América. Como gran examinador hai que citar a Julio Bravo, “o que ía para químico e que acabou en cómico” como el mesmo dicía, ou “o rei do chiste rápido” como acertadamente foi cualificado por Antonio Novo na obra Ilustres Anónimos.

Top Secret

Non sempre se chamou así, pero dende o do foguete 1-X-2, a comezo dos sesenta en plena carreira espacial e crise dos mísiles na guerra fría, o “Top Secret” era a habitual maneira de chamar a unha actividade de rúa que parodiaba algún acontecemento relacionado coa actualidade e que o dalgunha maneira envolvíase no misterio ata a súa realización. O primeiro tivo por tema unha parodia do descubrimento de América no 1949.

Jran Juateque Dorneiro

Dende 1995. Recolle a tradición do primeiro Asalto baile do 1948. No 95 realízase como medio de financiamento para a festa. Hoxe é un evento multitudinario e de balde que se realiza nos dous últimos anos en varias prazas de Ribeira, despois de ter distintas localizacións noutros anos, sempre con masiva afluencia de xente. O primeiro destas características celebrouse no local do Restaurante “Santa Eugenia”, na rúa do mesmo nome.

Maratasón

Dende 1998. Conxunto de probas disparatadas por equipos nos que se conxugan habilidade, velocidade e resistencia, na que debe facerse un duro percorrido por distintas “fanequeiras”. Importante a colaboración para superar as probas. Un dos días da festa a partir das 19:51. Rúas de Ribeira.

Macroqueimada.

Dende o novo século. Actividade que está na actualidade remodelándose como” noite do lume” con actuacións específicas e fogos artificiais. “As lampreas máis preas” é a peña que xa por tradición organiza a queimada. Habitualmente o 22 ou 23 de xullo partir das 23:01.

Serimonia de Inisiasión

Dende a Porta do Jran Sol, antes chamada Plasa Otero Joyanes (que lle cambiaron o nome por culpa dos rojos do pueblo, porque o tal Otero disque era moi boa xente que sempre axudaba ás vellas cas bolsas da compra e todo) darase o pistoletaso de saída a Festa da Dorna e farase entreja ás peñas dorneiras da Dorneiriña* (*jodechinchos e consejales de siudadanos: dornerita, bandera dornera).

Feira de Artesanía Arte e Ajro

Amijos do sacho e do fousiño jafado, amantes das esculturas feitas con mija de pan, e colecsionistas de cadros realisados pejando macarróns, lentejas e purpurina,  debedes acudir á feira, onde artistas e artesáns vanche a axudar a clarear os billetes de quinientos que non pudeches levar a Panamá. Ven mercar producto ecolóxico e artesanía made in Jalisia feita a pan de millo sen por sen libre de química e veneno.

Concurso de Profesional Dorneiro

Sertifica a competensia de profesional dorneiro a condeco- rasión máis prestixiosa da península que acredita a capatisasión para poder servir cafés con jarabatos na escuma, tirar cañas a dúas mans ou tomar comandas sen anotar a selebro* (jodechinchos: cerebro, encéfalo). Os que lojren o nivel de competensia Tucho Plasa (o Nobel da hostelería), levaranse o mandil acreditativo para lusir nos seus nejosios durante a festa.

Autosine

Vive a experiensia de ver sine coma nas películas americanas, men- tras palpas felpudo ou manubrio asejún, dende dentro do coche, nunha pantalla de dous ferrados e medio e son dolby surraund. Se non tes radio no coche, leva condóns bastantes porque o audio se escoitará a través dun dial da frecuensia modulada. O acomodador condusirá unha mobileta e en lujar de foque levará un lansallamas de napalm.

*Nota da orjanisasión: O que veña sin condóns na juantera ou non lle funsione a palanca de reclinar os sillóns será explusado do resinto automaticamente. O sine é unha excusa para faser un jichódromo.

Trinautón Dorneiro

Na Praia da Area Secada,  os partisipantes que se queiran anotar á proba deberán ter alomenos sete cuartas de peito. Disirvos que o ironman que se disputa alá en Australia de vés, é coma a regional preferente do trinautón, pa que vos fajades unha idea.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro