Menu

Dicsionario Dorneiro

A

A rever: assión que fai a humedad cando molla un cristal ou calquera outra superfisie.

Aberto do peito: Cheo de rasón, con fundamento, querendo impoñer a súa presensia. Ex. “Ahí ven Tucho Villaverde aberto do peito”.

Abraiado: quedar ca boca aberta.

Acordar a allada: Amenasa de violensia, castijo ou outro tipo de represalias. Último aviso antes da cajadura. Ex: “Como non veñas pa a casa inmediatamente vaiche a acordar a allada”.

Adoeser: 1.- Que causa dolor. 2.- Que anda mais salido que os pivotes do pantalán. Ex: 1.- “Meteume un dedo nun ello, e adoesín”. Ex: 2.- “Anda sempre buscando home. Está adoesida”.

Adramán: Hombre corpulento, de gran porte …

Ailó!: Expresión de sorpresa, pronunsiada normalmente cando resibes unha visita inesperada. Ex: “Ailó!!! Qué fas por aquí?”

Alcrique: Ajullas en aseite de oliva.

Alicótero: helicóptero.

Alpabarda: Atontado, alelado, de la Puebla.

Alse: botar un piso máis nun edifisio. Ex: “Démoslle un alse ao chabolo.”

Ambolia: Borracheira, lascarda, area, kurda … Ex: “Vaia ambolia levabas o outro día, ibas coma un robó”.

Amoleser: 1.- Ablandar 2.- Deixar en remollo 3.- Tamén se utilisa para cando levas moito tempo na bañeira e se che empesan a arruchar os dedos; tanto os das mans coma o outro. Ex: Sal da bañeira dun coño dunha vés, ¿ou estás a amoleser?

Andarivel: Calqueira obxeto ou mecanismo que poda manterche entretido.
Ex   – “Onde está o miniño?
– “Deixao que está xojando na horta cun andarivel”.

Andar Esfurricado: cando despois do sétimo capacho de sangría non es quen de levantar o cu de trono ata que che queda como o de mono de chaparrito.

Anorás: sinónimo de anorak.

Areser: Quedar adurmiñado, traspuesto, entrando no sono … Ex: “Estaba empesando a areser cando destes o portaso e saltín do sofá”.

Arolas: sinónimo de nada. Ex. “Vas  levar arolas.” (Vas levar nada).

Arramallar: Quedarse atónito, perplejo. Ex: “Que cachonda está a chavala de Luís, quedei arramallado”

Arrancapinos: Hombre de descomunal fortaleza física.

Arranchar: ordenar, colocar, arreglar.

Arrechejar: Maniobra de aproximasión hasia unha persoa do sexo contrario (ou do mesmo sexo, si eres da xerasión de “Física o Química” vale de todo) con fins un tanto libidinosos.

Arrecó!: 1.- Expresión de indignasión e desasosiejo. 2.- Asosiasión cultural de Riveira (con V, os da B son de outra cor).

Arreloado: Turbio, de poca transparensia.

Ej: “Menuda lascarda levabas o outro día, ata tiñas os ollos arreloados”

Arresentella: expresión de asombro.

Arría: assión de soltar aljo que esta ajarrado. Ex: “Arría os cartos e paja o que debes”.

Arruchar / ruchar: 1- Arrugar, retraer. Utilisado habitualmente para indicar a retracsión da bolsa escrotal.

Aquelar: Verbo “comodín” empregado como acompañamento de calquer cousa da que queres aquelar sin que outros sepan do que estás aquelando.

Asacán: persoa con moita enerxía que derrochar.

Atacuñar: 1- Obstruir ou tapar furados ou fendas 2- Desordenado ata o punto de impedir o paso.

Ex.: – Vai ahí ao faiado e cólleme un jávido.

–          E quén carallo entra ahí que está cheo de lotes atacuñados.

B

Bailar a jirincosa: Cajadura, malleira, palisa. Ex: “Mira que ambolia leva o fillo de Choncha, cando cheje á casa vai a bailar a jirincosa”.

Bajera: prenda de vestir conocida tamen como enajua ou viso.

Bareta: Gastrointeritis ajuda con chorreo anal de residuos líquidos e explosións contundentes e repetidas. Ex. “Comín mexillóns da pedra e ando de bareta”.

Batallón: jiso de patatas e carne.

Becha: genitales externos femeninos.

Bichicoma: 1.– Que lle justan os contiños e andar malmetendo entre vesiños. Ex. “Non lle contes nada que é un bichicoma”. 2.- Peseteiro, cutre.

Bocho: Dise dos homes jordos e jrandes. Hernia. Hemorroide.

Bochudo: Feo coma a culpa, difisil de ver, demonio de fealdá. Ex.: “Qué estómajo tes meu, mira que botarlle un pesperrete a esa bochuda; hai que ter uns jüevos coma pelotas de Nivea.”

Braso de Mar: Como una ola, tu amor llego a mi puerta, como una ola de fuersa desmedidaaaaa… como una olaaaaaa. Ex. “Chejou feito un braso de mar e espetoulle un bico na boca”.

Bruxo: cepillo ben duro para limpar o chan.

C

Cachimán: Home corpulento, de jran corpulensia física.

Cachirulo: Toleirón.

Cachola: Cabeza.

Cadril: cadera.

Cajadura: Palisa, malleira, jolpes consecutivos e sin paransa.

Cajonacona: Expresión coloquial, que provén da súa forma máis académica:  “me cajo en la cona”. Emprégase para expresar sorpresa, asmirasión, ou enfado.

Calicó: abrigo de astracán.

Cana ao aire: “Botar unha cana ao aire”. Follar. Distinto de faser o amor.

Candrai: Dise dos barcos jrandes que están vellos e feitos polvo. (pódeselle chamar así á xente, é outra opsión…)

Caneco: 1.-Dícese de la persona que necesita una escalera para subirse a la pileta para lavarse las manos, enano, tapón. 2.- En algunas zonas de la Galicia profunda (de Boiro para allá), tambien se le dice a la gente con menos pelo que Eduardo dentro de 3 ou 4 anos.

Cañeira: 1- Basura, carro do lixo 2- Estropicio, destrozo, desorden superlativo.

Ex.: Qué cañeira fixestes aquí, deixastes todo coma os porcos !!!!

Capindós: Bata fabricada con tejido de toalla, los finos lo llaman albornoz.

Capoeira: Jaliñeiro, corral. Ex.: “Vaime ahí á capoeira, a ver si puxeron aljo as jaliñas”.

Carracheiro/carrachos: 1.- Que está plajadiño de mimos. 2.- Que sempre ten aljo do que queixarse para dar pena.

Castrón: 1.- Macho cabrío, 2.- Superlativo de vajo, que non peja pancada, palanquín en jrado sumo. Ex.: Levántate do sofá castrón, fai aljo !!!!

Cativo: neno pequeno, feo.

Chacaritas: 1.-Home de pouca seriedade, ninquén de nincures. Ex: Con Manolo non hai con quen contar, é un chacaritas. 2.-Persoa que xa non ten remedio para a sosiedá, un Moledo da vida.

Chafarís: alboio, casa en estado ruinoso (para los de la Puebla).

Chanchullo: Dise do que moitos políticos fan nos ayuntamientos, como por ejemplo Julián Muños.

Chantón: Persona de jran tamaño.

Chachunis: Xitanos, calés, tijeritas, ….

Ex.: “Na Conlleira hai máis chachunis que pelos tes na cabesa”.

Chaparritas: sinónimo de chancletas.

Chapradas: cando che pejan nas cachas.

Chaquetilla: paliza. Ex: “Vouche dar unha chaquetilla que xa verás!”

Chatarra: 1.- Conxunto de cachos de metal. 2.- Máquina vella 3.- Sin importansia, que non vale a pena.

Ex:      – ¿Fostes ao mitin de Democrasia Nasional?

-“Naaaaaa, chatarra ….., non valen pa nada.

Chavellas: Incisivos centrales superiores de gran tamaño.
Ex.: “Con esas chavellas es capás de roer unha estacha”

Cheodemoscas: Cheo de lixo, escoria humana. Ex: “Non andes con ese que é un cheodemoscas”.

Chilindrada: 1- Cousa que sin ter unha utilidade clara ou indispensable, sirve para mantenche entretido ou para faserche perder o tempo e non pejar pancada. 2- Sin relevancia, prescindible.

Ex: “Colomer, déixate de chilindradas e fai a Dorna festivo local”.

Chirimbolo: aparello que sirve para casi todo pero non que se lle da uso nincún. Ex. “Dame de ahí o chirimbolo ese”.

Chispear: O mesmo que petardear pero con “metralla

Ex.: “Arre carallo que fría está a ajua, ata teño os collón arruchados”.

Chourrou: 1.- Home pouco serio que non ten palabra, informal, fanfarrón.

Ex.: “Non lle fajas caso a ese, non ves que é un chourrou”

Chuchaembijos: 1.- Apanpanado, que non se entera da boia, que non se lambe.  2.- Pelota, ente servil que lambe as fístulas de aljien.

Cirolas: Espido. Ex: “Estar en cirolas”, (estar cos collóns ao aire).

Cochar: Durmir.

Color do leite fervido: Enclenque, pachucho, de aspecto enfermizo.

Collallo: Falto de carisma y con poca sangre en las venas.

Colloada: Follón. Genitales masculinos.

Como che queda o corpo?: frase de contenido interrogativo que pretende xerar no interlocutor unha apurada, metelo nun callejón sin saída.

Cornecho: 1.- Cada un dos extremos dunha barra de pan. 2- Habitáculo pequeno, terreno de escasa superficie. Ex: “Si lle deixas ese cornecho ao Maroto faiche un chalé.”
Cotelaso: Jolpe con los nudillos, a veses querendo (ca mán na cabesa daljén) e ás veses sin querer (co pé contra unha pedra, por exemplo). Tamén se dí da assión de empolvar o naris con fariña de Colombia en pequenas dosis para aforrar, poñendo esta dosis no escachapiollos. (véase escachapiollos).

Curasán: croissant para los de la Puebla.

Culliso: jrano con moito pus, tamen conocido como furúnculo.

Cuspido: sinónimo de ijual, paresido. Ex: “Andrés é cuspido a tí.”

D

Damajuana: Jarrafa de cristal forrada de mimbre ou plástico con asas. (polo visto a palabra é castellana, … eu sempre pensei que era jalleja)  Ex:“Vai a Fondevila a buscar ajua ca damajuana”.

Dame cabalo: 1.- Aflojame la cuerda. Aflójame la manguera. 2.- Dame droga.

Dar unhas frejas: 1- Sobar, palpar, masajear. 2- Hacer el acto sexual con dominación y violencia.

Ex.: “A esa rapasa dáballe eu unhas frejas e sacáballe o pijerío”.

Decasí: Ainda asi, asi a todo.

Diolopaje: 1.- Ajradesido. Recurso económico da linguaxe, etimolóxicamente ven da contracsión de “Dios te lo pague”. 2.- En ocasións utilízase ao rematar de comer seguido da contestación litúrxica por parte do anfitrión, “polas almiñas do purjatorio”.
Ex.: – “Que bo estaba o caldo quentiño. Diolopaje”.

–         “Polas almiñas do purjatorio”

Diosquetefixo: expresión típica de las  madres despues de ver lo que acaba de hacer su hijo.

Durmir as casas da Coruña: Durmir moito, catorse horas alomenos.
Ex: Arre carallo, mira que durmes, es capás de durmir as casas da Coruña !!

E

Encá: Abreviatura da expresión “na casa de”, que nos tempos da fame nejra a xente comía hasta as palabras e conformouse esta nova dicción. Ex. “Vou encá miña nai” “Estou encá miña sojra”

Equinosio: Catástrofe, hecatombe, desgracia, contratiempo importante.

Ex:  *Frase dicha a un reportero de TVE tras la demolición con dinamita de una piedra granítica en el solar anexo al ultramarinos “las xastriñas”.

Reportero – ¿Qué ha pasado señora?, al parecer tras la detonación llegaron a llover piedras del cielo.

Señora – Eu que sei, …. esto é un equinosio, acábase o mundo …..

Escachapiollos: dedo jordo da man.
Escolloar: Quedar sin energía. Ex: “O fillo de Moncha non traballa moito, ten medo a escolloarse”

Escanabar:

Escarranchada: Dícese de la que tiene gran amplitud entre las piernas.

Escolloado: Cando lojo dun arduo traballo quedas baldado.

Escorrejar: Patinar, deslizar, resbalar, escapar. Ex.: “Coidado co verdín das pedras non vaias a escorrejar”

Esjaduñar: Arañar cas uñas deixando marca. Ex: “Tuveron unha colloada e ela esjaduñoulle a cara e o pescoso”.

Esjanar: 1.- Estrangular, asfixiar, 2.- Atragantar. Ex: “Si non fora polo Dios esjanábache aquí mismo”. “Morreu, esjanause cunha espiña do peixe”

Esladrisado: que deixou o pelexo no camiño.
Esmajar: Aplastar, moler, triturar. Ex: “Esmaja ahí unhas jalletas no cola cao pa criar solás”.

Esquenser: Dejar de tener en la memoria lo que se tenía, olvidar.
Ex.: – Perdín a chaqueta, esquensina non sei donde.

       – Ti non perde-los collóns porque os levas pejados ….

Estar de mollo: Estar tumbado na cama ou no sofá. Ex: “Viña buscar a Tucho para ir a traballar.” “– Pois tés que esperar que aínda está de mollo.”

F

Faldriqueira: bolsillo que levaban as señoras por dentro das faldas pa jardar cartos.

Fandanco: 1 -Cacharro inútil, 2- Excusa, cousa sin importancia. Ex: “Sácame de diante ese fandanco, lévao para o faiado”, “Déixate de fandancos e atende ao que tés que faser”

Faser unha cona: Faser unha avería (romper aljo).

Fecho: da ría de Arousa para o norte conosemos con esa palabra á parte baixa da espalda, ou á parte alta das pernas, concretamente donde se unen as dúas extremidades e se separan de ves en cando para deixar salir residuos orjánicos. Da ría de Arousa para o sur, tamén lle chaman así ó pasador ou serradura da porta. Non me da a ver a similitude, e quero pensar nunha nova forma de pronunsiasión da palabra “pecho”.

Flispín: 1.- Velosidá, rapides. 2.- Persona nerviosa e inquieta. Etimolóxicamente parese que prosede da expresión sajona “Full Speed” que a sabiduría popular ribeirense supo adaptar ó jallejo

Flofló: Carne jisada con patacas pasadas de punto, cando xa están desfeitiñas e non hai quen as coma.

Frejanso: Estropajo que se usa para limpa-la cubertería, cristalería, vajilla, etc.

Funcantes: nombre que lle daban os canteiros ó naris.
Furricha: 
Aforrador extremo. Que aproveita o papel de limpa-lo cu para sona-los mocos. 

I

Ir a rumbo: Sin fijarse, ni mirar atrás. Como un elefante en una cacharrería ….

Ir da-lo baño: Utilízase para mandar a un pesado que non che deixa en pás, a tomar por donde rompen os sestos.
Ex.: Non hai quen che ajuante, ¿por qué non vas da-lo baño?

J

Jabuchas: Cóxegas (ainda que dito así parese outro vocablo perdido). Cosquillas. Restrejar cos dedos sobaco e costillar adyacente para provocar carcajadas.

Jachiquí: voz dada para espatar un perro

Jadoupa: “garra”. “Oes moso, bótame a jadoupa polo lombo e turra de min” (Frase textual escoitada un 17 de abril do 1993  na rúa santa Eugenia dita por unha mosa morocha ao seu moso estando de paseo por dita rúa)

Jalochos: sapatillas vellas e moi cómodas que están a cachos e non as tiras nin pa dios.

Jalopín: Dise da persoa que come moito e non se da chea. Ex: “Luís comes coma un jalopín”

Jalufa: comida con moita carne

Jañán: Que non vale para nada, que está sempre sin solas nincún.

Jarabullo: Palo de pequeño calibre.

Jarrote: pau duro.

Jasofiar: Cosiñar, elaborar viandas para dejustarlas cando chejen os invitados. Ex. “Aquí me tes a jasofiar para cando chején todos eses landrús”.

Jávido: Dícese de cualquier recipiente tipo ‘tuperware’ que puede contener sólidos o líquidos.

Exemplo: “Dame de ahí ese jávido para desbullar os chícharos”

Jicho: Fulano; persona de aspecto extraño. Primeira persona do presente do verbo Jichar que significa encumbrar a la parte genital no mellor uso que se lle pode dar.

Jillado: Persoa que mentalmente lle falta un fervor. Pirado. Soñador.

Jiribau: Alto e deljado. Ex. “Pejou o estirón e quedou feito un jiribau”.

Joldra: festa

Jomito: Dise de aljén que é o peor, a última carta de baralla, un escombro humano, un estropajo sosial… Ex: “Jiménes Losantos é un jomito”.

Jopeteiro: 1.- Dise de aljo xeitoso, bo. 2.- Tamen se usa para indicar tamaño

Ex: 1.- Levaba unha merlusa jopeteira (ía borracho coma un can).

Ex: 2.- Era unha merlusa jopeteira (era un peixe da familia dos merlucius spp, de un tamaño considerable).

Jrandul: Que non peja pau a ajua. Palanquín, sen alfaia.

Juapindó: samarra, anorás.

L

La Habana: 1.- Capital de Cuba. 2.- Lujar famoso polos seus juevos. Ex. “Manda juevos de la habana”.

Lacasán: palanquín.

Lambeamé: Golpe que sin ser demasiado contundente, es suficiente para cambiar la conducta del que lo sufre. A veces con la amenaza de aplicarlo se consigue el mismo propósito.

Lancrán: 1.- Desvergonzado, caradura. 2.- Aquel que non peja pau na ajua, nin na terra, nin no aire,… vamos, peor ca un palanquín.

Lanse: Que lle dou un vuelco el corasón, un repelús, un amajo de infarto.

Ex. – Mama!!, papá caeu polas escaleiras!!

      – Ai, qué lanse!!!!

Lapote: coscorrón. Ex. “Vouche dar un lapote”.

Leria: Discusión, follón, situasión enrevesada. Ex. “Vamos a deixarnos de lerias”.

Llon/Yon: 1.- Nome universal que se lle da a aquel que conoses só de saludalo. Ex: “Qué pasa llón?” 2.- Outra asosiasión cultural de Ribeira (con B, estes teñen outra cor).

M

Machiño Colludo: 1- Machote, valiente, botado para adiante. 2- Utilízase tamén irónicamente como sinónimo de gay, amanerado, que lle justa pola popa. Ex.: “Pejouche unha tunda por ir de machiño colludo”.

Majadero: revoltoso.

Majas: tripas do peixe.

Majorro: Tripas do polbo.

Manolitodis: defínese ca mesma palabra: amanerado, mediojai, mariposa…

Marajato: dibujo mal feito.

Matafello: construssión feita por aljén da rasa homo habilis pero de moi pouca utilidade. Ex. “Para qué será ese matafello?”.

Mesclado: bebida a base de coñac e anís dulse. En Ajiño e Castiñeiras tamén se mescla con jeres.

Milhomes / Cascarruchas: Enclenque, débil, pequeno, que non levanta unha palla.

Ex.: “A onde irás ti milhomes, que si che pejo unha patada escáchoche”

Mimadriña: Expresión de sorpresa ou asombro.

Mincha: 1- Bígaro, caramuxo. 2- Xenitais femeninos. Ex.: “Deixame en pás, vai rascar a mincha por ahí aaadiante”

Molido: Pano de múltiples usos ainda que prinsipalmente emprégase para poñer na cabesa xusto debaixo dunha sesta ou capacho con sen kilos de peso.

Mormela: 1.- Mucosa nasal solidificada difisil de extraer porque acostumbra a aloxarse nos lujares máis recónditos da fosa nasal. 2.- Dícese del cheo de lixo, que non cambia o calsonsillo hasta que se ajunta teso cando cae ó chan.

Morquento: cheo de lixo. Bichicoma.

Momo: 1.- O contrario de vigoroso, desinflado, sin forsa. 2.- Tamén se utilisa para indicar o estado de relajasión do aparato xenital masculino. 3.- Conocida novela del escritor alemán Michael Ende.

Ex.: “¿Non podes co saco?¿Qué tes, estás momo?”

       “Onte tuven un jatillaso de carallo, tiña a pirola moma, pasei unha verjonsa…”

N

Nifroso: dícese de cousa ou persoa moi repugnante, revulsivo, jomitivo.

Nujallán: palanquín.

O

O aquel de aquelar: sirve para cando non ‘sale’ un nombre de unha cousa. Ex. “pásame o aquel de aquelar o aquel”.

Ojal: Ano. Rexión anal. Ex. “Ando de bareta e teño o ojal destrosado”.

P

Pachorrento: lento de máis.

Pailán: De modais rústicos, parvo, pailaroco

PALANQUIN: Vago, maleante y sin oficio.

Paleón: Palanquín, que non ten folgos.

Paletilla/panetilla: Parte indefinida do lombo pero moi recurrida para expresar dor ou vajansia. Ex. 1: “Non me podo nin mover, estou partido da paletilla”. Ex. 2: “Debe ter a paletilla baixa que nunca dou jolpe”.

Papalambersa: Apapaostiado, aparvado, que está a velas vir.
Ex.: “A ver papalambersa atende ao que che dijo que despois non te lambes”

Luego: ahora mismo, en un momentito
exemplo: Manoloooooo que ter que vir xa para aquiiii!!   vaaale, voy luego

Pareser Cuqué: 1.- Ajustado, pejado ao corpo. Cando aljo che queda apretado, catro ou sinco tallas por debaixo da que deberías levar.
Ex.: “A onde vas con ese jarsé da comunión que pareses Cuqué” (prejuntei polo tal Cuqué pero ninquén o conose, nin sabe en que sijlo viveu)

Patajillón: Véase alcrique.

Patota: véase perrecha.

Pavero: Jrasioso, chistoso. Que fai jrasia ou provoca carcajada.

Ex.: Qué pavero estaba Lusiano sacando o coche ca ajua polas rodillas na rambla da Puebla.

Pelexo: 1- Sinverjuensa, inquieto, 2- Pellejo, piel, epidermis.
Ex.: “Vouche a arrancar o pelexo a tiras” , “Deixa de meterte con ese rapás non sexas pelexo”

Perrecha: Xenitais femeninos verbalisados de forma cariñosa (para a forma despectiva temos a universal palabra “cona“)

Perreta: 1- Xenitais femeninos. 2- Enfado sin consuelo. Ex.: Non durmimos en toda a noite, doulle unha perreta ao miniño e estuvo chorando desde as catro da mañán”

Pesperrete, furruncholo: polvo, cópula, acto sexual.

Petardear: Acsion e efecto de expulsar ventosidades a un ritmo considerablemente elevado como por exemplo despois de comer 2 platos de fabada da de tua nai.

Piche: chapapote.

Pichiclas: Material malo, de pouca resistensia. Palabra que etimolóxicamente ven do saxón “plexiglas” que significa todo o contrario: resistente e duradeiro, pero que as xentes de aquí superon tradusir e adaptar cun novo significado. Ex.: “Sácame de ahí ese estante, que é de pichiclás e vai romper dun momento a outro”.

Piesa: cajadoiro, váter.

Pilindroques: 1- Testículos, Collóns. Ex.: “Os funsionarios non fan máis que rascar os pilindroques”

Pinchinar: Cojear, bascular. De tendencia inestable.
Ej: “Ponlle ahí unha cuña á pata desa mesa para que non pinchine”.

Pirica: Aparato genital masculino (fai uns anos era moi usada, e estase a perder porque cada ves úsase mais a “pirola”)

Pirindolo: Ajarradoiro pequeno que teñen aljunhas pesas. Tamén se lle chama así al genital masculino cando é pequeno, cando é jrande xa temos o carallo para definilo moi ben. Ex. “Ajarra a pesa polo pirindolo e dalle catro voltas”.

Pitoño: Aquela persoa que ten un ollo (da cara, dos que se usan para ver) botado a perder.

Porlán: escaleiras de entrada á casa ou ó Plasa.

Presa morta: Sin energía, con poucos folgos, palanquín.
Ex.: Acaba o que tés que faser presa morta !!!”

Q

Que lanse!: expresión utilisada cando quedas sorprendido por algunha cousa.

Ex: “Sabías que José deixou á muller e foise ca cuñada?” “Ai que lanse! Non me dijas?”.

Quedar/estar penso: suspendido.

Quinindios: de puta madre.

R

Reverendo: 1- Dignidá eclesiástica 2- Cú, fecho, ano, orto

Ex.: “Vouche a dar unha patada no reverendo que che vai a acordar a allada”.

Roncodoño/roncodollo/roncillo: dícese del tiene un sólo collón (ver biografía del “claudillo”, para ilustrarse mejor al respecto).
Rusas: sapatillas de tua abuela.

S

Sábenas: sábanas.

Sichada: Efluvio intestinal vertido pola parte final do recto e que no seu devenir entre as naljas arrastra restos que rematan creando un decorado na parte interior do calsón ou braja.

Sicho: 1.- Tacaño. Ex: “Ese jicho é un sicho e un valdreu que nunca peja pancada”. 2.- Mancha na roupa interior (braja ou calsón) provocada por un jas de alto contido en metano emitido pola parte final do intestino do mamífero, e que arrastra na súa saida restos de “metralla” de anteriores ou posteriores vertidos sólidos orjánicos. Sinónimo popular: nicotina (pola súa similitude en cor co enfermiso composto sijarreiro). Ex: “Saquei a braja chea de nicotina”.

Siljiricho: dícese del escuálido, que non lle cheja a carne ós osos.

Sireta: Joma da braja ou do tanja que tanto lusen as mosas nestes tempos dos levis de sintura baixa.

Sisar: Mangar, roubar, apropiasión indebida. Dícese del arte del político del que nadie habla.

Solás: Ánimo, intención, voluntad. Ex.: Veña cría solas e vaime tender as sábanas ao clareo.

Sonicroque: Persoa ben vestida, ben peinada, e ben paresida, tuneada coma o popular polisia da serie ochentera titulada Miami Vice.

Sopapo: igual que o lambeamé pero dunha duresa mais extrema

T

Taléfano: teléfono.

Taoia/tatoia: Con pocas luces intelectuales, atontado, parvo …

Teño a tarteira ao lume: Tengo prisa.

Ter o comechón: 1- Superlativo de picazón, picor insoportable. 2- Tamén se utiliza para decirlle a alguén que é moi inquieto.

Ex: “Arre carallo non tés paransa, ¿Tés o comechón?

Timpirillas: este ainda máis escuálido ca o outro. Todo osos.

Toque: (bailar un toque) palabra empleada antiguamente polos primeiros dorneiros cando iban ó baile de jala. Ex: “Maruja, vente bailar un toque”.

Toro: 1- Macho adulto do janado vacuno ou bovino. 2- Porsión dun todo (casi sempre peixe). Ex.: “Non me botes máis de dous toros de merlusa, que estou desjanado”

Toutiso: parbo, que ten poucas luses.

Toxo: de mal carácter. Ex: “A miña filla é coma un  toxo”.

Trincatripas: Sin escrúpulos, bestia, animal de bellota.

Tronsamuñecas: Idem que l arrancapinos, pero además con poca paciencia en los conflictos.

Tumbalobos: Hombre de gran porte, abusón.

Turrar: tirar.

Turrullo: Excremento orjánico normalmente vasiado polo intestino dun humano, e de consistensia silíndrica e firme. Na súa acepción aumentativa –Turrullón– non só expresa jran cantidá, senon boa calidá.

U

Umundo: adverbio que indica gran cantidad: jústame umundo; teño umundo por faser;… etimolóxicamente ven da expresión “un mundo” pero a sabia cidadanía deste pobo supo formar unha sola palabra.

V

Valdreu: palanquín.

Virollo: o que mira cun ollo para tí e co outro para o que ven por detrás (ver foto de Fernando Trueba).

X

Xaraboto: De poucas luces, cortiño, parvo: “non llo tomes a mal, muller: o pobriño é un pouco xaraboto”).

Xeitoso: Mañoso, que se da xeito fasendo as cousas. 2) Bo, agradable

Xente da tralla: Grupo de individuos de la especie homo hábilis que no vale la pena, chatarra, manada de jomitos ….

Xoco/a: Dícese de aquela persoa de poucas luses, vamos que non alumbra mais ca un misto cas súas ideas. Ex. “Ese rapás é aljo xoco”

Login socias e socios

Desconectar

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

LOTERIA DORNEIRA 2019

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro