Enjalanamento de Fanequeiras
Dende 1990. As “fanequeiras” , locais sociais das peñas, normalmente establecementos de hostaleria, decóranse polas peñas o primeiro día da festa.
MÉRCORES 19 DE XULLO DE 2017
00:07 h. Para cheirar a dorna e ambiente mariñeiro, a siudá lusirá co ENJALANAMENTO DORNEIRO con aires rococós. Viste a túa fanequeira, comersio ou balcón con motivos mariñeiros e dorneiros, haberá mensión espesial no feisbú aos mellor enjalanados.
NORMATIVA DORNEIRA 2017
ENJALANAMENTO DE FANEQUEIRAS
LXIX SINJLADURA – DORNA 2017
Todas aquelas peñas que acrediten unha lisensiatura no arte do jotelé, do estucado en mate, e non corte con serra circular de mais de sinco mil revolusións, deberán inscribirse no formulario para partisipar no Enjalanamento de Fanequeiras desta sinjladura. E sométense a increbrantable vontade e xuisio do tribunal que se rexirá por estas normas:
● TEMA e MOTIVO:
Sendo esta a Festa da Dorna, suponse que os motivos serán dorneiros. Si vos parese montades unha sanjuerguinada e apueblisámonos todos con monóculos e abrijos de visón. O tema é de libre elessión, coma as asinaturas da universidade esas que ninguén saben para que valen.
● ENVERJADURA:
Suponse que si tedes unha fanequeira jrande é porque sodes moitos a faenar nela botando o liñón. Polo que espérase que a decorasión vaia proporsional ao tamaño da fanequeira, e non decorade 4 baldosas e medio metro de fachada. Dádelle jotelé e jlamur e tratade de mantelo (si o taberneiro é capás de consentilo) durante toda a festa. E xa postos, si tamén estirades a decorasión á terrasa ou á plasa/rúa/asera para atraer mais peixes á fanequeira, o tribunal será xeneroso co esforso.
● MATERIALES:
Lojo de que nos meteran amianto nos tellados, bernis con cloroformo, e pintura con sulfatos, o único que non está permitido é o plutonio, nin o uranio: está demostrado que altera a visión do xurado, por eso nos piden que o quitemos.
● DURASIÓN DA VISITA DO XURADO:
A partir das sinco da tarde o tribunal empesara a xeira polas fanequeiras, e avisaráselle ao patrón/patrona da hora aproximada na que pasarán a emitir o viridicto.
● XURADO:
Formado por membros de peñas que se presenten voluntarios para ir de xurado. Cada un deles independientemente, elexirá as tres mellores. E lojo cando todos xunten as votasións verase cales son as 5 mellores asejún todas as votasións.
● CRITERIO DE VOTASIÓN:
Terase en conta a orixinalidade e creatividade, a enverjadura (“tamaño” para os que non pasaron da ESO) proporsional á fanequeira , o traballo que levou faselo (non vale eso de comprar nos chinos e pejar con sinta americana), e a posta en escea, sobre todo si se consije que o xurado partisipe.
● COPA DA REI:
Visitadas todas as fanequeiras, os membros do xurado poñerán en común as súas puntuacións, resultando gañadora á peña que maior puntuación obteña, e así sucesivamente para definir as 5 primeiras clasificadas para a puntuasión da copa
da REI.
Puntuasión para a Copa da REI
1º +2000 puntos
2º +1400 puntos
3º +900 puntos
4º +500 puntos
5º +250 puntos