Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo. Jran Premio Cuttre Sark
Dende 1989. Saída do porto de Ribeira e regata na Praia de Coroso. 24 de xullo ás 12:57 h.Teñen destacado pola orixinalidade embarcacións construídas polas peñas “Kirie Eleisón”, “Non me líes o palangre”, “Os Berberechos asasinos”, “Os pintos joden quintos”, …
DIA DA DORNA 24 DE XULLO de 2017 LUNS (FESTIVO LOCAL)
12:02 h. Exposisión de Embarcasións (no consiertodromo do Malecón).
Dende a orjanisasión e pra dar jlamur á proba e se vexa ambiente típico de rejata, aconse-llamos ás tripulasións partisipantes vestiario acorde con este tipo de probas, alomenos de Ricoy para arriba: Camiseros ca bandeira de España bordada, pantalón curto con xireta, calsetíns de rombitos con sapato náutico a xojo, monóculo, reló de bolsillo e peinado cabesa lambida por lencua de vaca.
Amenisan o desfile ata Funtao Blue Beach, Campo de Rejatas de Coroso as charangas O SANTIAJIÑO e a FANFARRIA FURRUXA (os Bitels e os Rolin Estons das charanjas)
14:01 h. Primeira saída no jaleón Evangelina ca tripulasión que previamente reservara plasa, farase jueco na sentina para levar avituallamento. O jaleón, que ten nome de señora maior das que apunta ben ca sapatilla fará dúas saídas máis ao lonjo da tarde, ás 16:08 e as 18:06. Para o que juste dar un paseiño de romería, reserva a túa plasa no taléfano 986 073 047, collerache un tal Bluscus, fálalle ben, que ten nome de cachiman dos de dar labasadas coa man aberta.
14:41 h. Empachados de jlamur cajando flores daremos o pistoletaso de saída da XXVIII REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSADAS A PAN DE MILLO, Jran Premio Cutre Sark, no Campo de Rejatas de Coroso.
NORMATIVA DORNEIRA 2017
REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSIÓN A PAN DE MILLO. JRAN PREMIO CUTRE SARK
LXIX SINJLADURA – DORNA 2017
Lojo de ver como o Titanic lusia chimeneas pola bahía de Coroso con jlamuroso estilo, un ano máis as mellores embarcasións feitas á machada e co porespán coma flotador surcarán as ajuas de Coroso. Si sodes dos que anotáchedes á peña para partisipar, aquí tedes as normas que debedes sejir para homolojar o navio.
● FLOTABILIDADE:
Sendo un barco, suponse que hai que construilo para que flote, senon chamámoslle “pedra” para xustificar que afunde.
● ENVERJADURA:
Canto máis jrande, máis posibilidades de que non vaia a pique, así que dádelle alses, que pa botar unha tabliña de surf, sobran días.
● PROPULSIÓN:
A pan de millo e con xouba de Rianxo si fai falta, pero nada máis a maiores que poda faser saltar o control antidoping. Permítese propulsión intraborda e fueraborda, utilisando coma complemento remos feitos a machada, elises ou aletas. Todo instrumento adisional supondrá un delito contra la humanidá.
● IDENTIFICASIÓN:
Importante que lle poñades un nome ao barco e que tamén vaia o nome da vosa peña, para que cando vos vaia a buscar o halicótero de salvamento sepa cal ten que coller e a cal deixar ir a pique.
● ABORDAXES:
Unha patrulla da armada con Filipito Sesto (o irmán do cantante Camilo Sesto) vixilará que non se produsan asaltos entre buques. O mariñeiro/a que o faja será pasado pola quilla da dorna Nai.
● VARADERO:
As embarcasións que non chejen á explanada para que o xurado poda validalas, quedan descalificadas por lancráns, vajonetas, e genética jodechinchos na sangre dos desa peña.
● RESIDUOS E VENENOS:
Unha ves terminada a rejata é importante para a salú dos demais, que a embarcasión termine de pasar o día no contenedor que hai para jardala mentras espera ves na trituradora. O veneno todo que queda en forma de cachos de madeira, cordas, e outros materiales tamén hai que retiralo para que a praia sija sendo unha praia e non unha escombrera. Mentras non se retiren todos os restos dunha embarcasión non se valorará polo xurado de cara a resibir trofeo e puntuasión na Copa da ReI
● XURADO:
Estará composto por un xurado de velloucos dorneiros que xa non partisipan nas probas e disidirán cales son as sinco mellores embarcasións, valorando a orixinalidade, o traballo, a jopura, as dimensións e o espectáculo no descenso.
● PREMIOS:
Premiarase a orixinalidade (cambiarlle o color ó barco do ano pasado non é orixinal) o traballo, a jopura, as dimensións,….
○ PREMIOS- primeiro, sejundo e terseiro sejundo o anterior.
○ Ademáis PREMIO para a embarcasión que remate a rejata de primeira, non vale rematala afundindo o meterse o ajua, deberá faser intejro todo o recorrido, e non se premiará a mesma embarcasión si xa quedou primeira en anos anteriores, dádelle o miolo e buscade distinta aerodinámica.
Temos unha proba única, proba que aínda non nos copiaron os do resbull, polo tanto a lusir barco e jtitar vento en popa nun día único e Festivo Local!
Puntuasión para a Copa da REI
1º +2000 puntos
2º +1400 puntos
3º +900 puntos
4º +500 puntos
5º +250 puntos