Menu

Concurso dos Trofeos da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna

BASES PARA A SELECSIÓN DOS PREMIOS

DA LXXI SINJLADURA DA FESTA DA DORNA

1.- Os premios para cada actividade, as catejorías e as cantidades son os que se recollen na sejinte táboa:

ACTIVIDADE1º PREMIO2º PREMIO3º PREMIO
PREMIOS ESPESIAIS
Sertame Itinerante de Cansión de Tasca1110
Jran premio Cutre Shark das Embarcasións feitas a Machada e propulsadas a Pan de Millo1111
Jran Premio Ícaro de Voo sen motor1110
Jran Prix de Carrilanas1110
Enjalanamento de Fanequeiras1110
Concurso de Tapas Estrellas Mijelín1111
Concurso de Escaparatismo Dorneiro1110
Maratasón1110
Trinautlón1110
JiJó1100
Medallas140 unidades

2.- Os proxectos/esbozos deberán ser orixinais e inéditos, non selecsionados en ninjún outro sertame ou concurso, e non poderán ser reprodusións totais ou parsiais doutras obras xa realisadas con anterioridade.

3.- Os premios de cada actividade deberán ser representativos de cada unha delas e da Festa da Dorna, debendo diferensiarse de forma clara o primeiro, sejundo e terseiro premio.

4.- Os premios deberán incluír oblijatoriamente a inscrisión “LXXI Sinjladura”.

5. O premio espesial das Embarcasións Feitas a Machada, será o que se outorje á embarcasión máis rápida, polo que debe ser representativo de dito lojro.

6.- O premio da Ruta de Tapas deberá ter como tema prinsipal, de modo visible, destacando ante outro elementos o texto “1º, 2º, 3º (sejundo sexa o caso) premio da V  Ruta de Tapas Estellas Mijelín. LXXI Sinjladura”. O seu formato deberá ser de coljar. O premio espesial é o otorjado polos clientes participantes na Ruta,, o texto que debe destacar será “Premio dos catadores dorneiros da V  Ruta de  Tapas Estellas Mijelín. LXXI Sinjladura”.

7.- Poderán partisipar no concurso os artistas ou entidades con obradoiros de arte da sentenaria, entendendo como tales aqueles que residan ou desenvolvan a súa actividade profesional en Ribeira,  nados en Ribeira ou que teñan unha espesial vinculasión coa Festa da Dorna.

8.-Importe máximo dos premios de Cansión de Tasca, Embarcacións, Voo sen motor, Carrilanas, Decorasión de Fanequeiras e  Concurso de Tapas deberán ser:

  • Os primeiros premios de 90€/unidade (IVE enjadido).
  • Os sejundos premios de 65€/unidade (IVE enjadido).
  • Os terseiros premios de 50€/unidade (IVE enjadido).
  • Os premios espesiais de 50€/unidade (IVE enjadido).

En ninjún caso o importe do conxunto dos tres premios (primeiro, segundo e terseiro) de cada actividade poderá superar os 205€/unidade (IVE enjadido).

9. O importe máximo dos tres premios (a suma do primeiro, sejundo e terseiro premio) de Concurso de Escaparatismo, Maratasón e Trinautlón deberán ser dun importe máximo de 90€/as tres unidades (IVE enjadido).

9. O importe máximo dos dous premios do concurso de JiJó (a suma do primeiro e sejundo premio) deberá ser dun importe máximo de 60€/as dúas unidades (IVE enjadido)

10.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3€/unidade (IVE enjadido).

11.- Os proxectos/esbosos presentados poderán ser de material e formato libre, ajás o da Ruta de Tapas, que deberá singuirse ao espesificado no punto 6.

12.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elecsión dos premios da Festa da Dorna 2019 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu presio final. (aseptaranse sobornos e ajradésese que se adapten os presios ao valor da obra, non que se tire ás cantidades máxismas permitidas).

13.- O praso de resepsión de propostas estará aberto ata o xoves 28 de marso de 2019.

14.- A presentasión de propostas deberá faserse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960).

15.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instrusións:

– Os artistas partisipantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2019 , dous sobres pechados .

– O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista ou entidade. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato, ata que a R. e I. Cofradía da Dorna selecsione os distintos premios.

– O sejundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/esboso da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o preso final con IVE enjadido e calquera outra informasión de interese para unha mellor valorasión da proposta. Este sobre non conterá ninjunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susseptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.

16.- A selecsión das propostas jañadoras terá lugar antes do 8 de Abril de 2019.

17.- Os artistas selecsionados disporán de prazo ata o 15 de Xuño de 2019 para presentar as obras definitivas.

18.- As pesas selecsionadas partisiparán nunha exposisión que vai ter lujar durante o mes de Xullo nun lujar a determinar.

19.- Os artistas/partisipantes non poderán faser público nin exhibir parsial ou totalmente as obras selecsionadas antes da súa entreja á R. e I. Cofradía da Dorna e a inaujurasión da mensionada exposisión.

20.- Na elaborasión de cada pesa, o artista deberá cinjirse ás características reflectidas na proposta inisial e que deron lujar á súa elecsión (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inisial ou cuxas variacións, sufridas no proseso de creasión, non fosen consultadas/consensuadas coa Cofradía da Dorna con anterioridade á entreja.

21.- A partisipasión no concurso supón a aceptasión destas bases.

22.- O non cumprimento daljún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valorasión do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna e o desterro á Puebla.

23.- A  R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.

24.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor ou autora durante os trinta días sejintes á data de publicasión das obras selecsionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservasión ou posterior devolusión.

Ribeira, 11 de febreiro de 2019

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

CONCIERTOS | DORNA 2023

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro