Concurso de escaparates

Co gallo da LXIX Singladura da Festa da Dorna, a R. e I. Cofradía da Dorna quere convidar a todos os comercios a que sumen a súa empresa ao ambiente dorneiro que se respira nas rúas e prazas da cidade, enchendo os escaparates e os seus negocios de motivos dorneiros. Para eso habilítase este formulario no que inscribirse e no que se recollen as bases polas que se rixe este concurso. Neste mesma sección publicaránse fotografías dos escaparates participantes e a relación de gañadores unha vez que o “insobornable xurado dorneiro” revise as instalacións dos comercios.