Menu

Concurso Cartel 2017 LXIX SINJLADURA

BASES DO CONCURSO: Cartel – Sinjladura LXIX
DATA LÍMITE PRESENTASIÓN O 12 de MARSO

Primeira.- Partisipantes

Poderá partisipar calquera que teña sancre no corpo, imajinasión e janas de colaborar ca Festa da Dorna.

Sejunda.- Tema

Será premisa moi importante non equivocarse na Festa que se pretende anunsiar, indicando oblijatoriamente a sejinte informasión.

– Festa da Dorna, LXIX Sinjladura. Ano 2017.
– Anunsiar o inisio o vindeiro 19 de xullo e remate o día 24 de xullo.
– Indicar o día 11 de ajosto como data de selebrasion do Baile de Jala.
– indicar a denominasión “Festa de interese turístico de Galicia dende o 2005”
– Lusir trebol dorneiro e faser referensia á dorna tradisional.

Terseira.- Características técnicas

A técnica será libre, ca oblijasión de poder reprodusilo en formato dixital e poder utilisar unha impresora para a sua distribusión e difusión.

Cuarta.- Presentasión

Os deseños aspirantes a carteis deberán ser presentados en formato dixital remetindoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú. Deben estar en formatos JPG ou arquivo PDF nun tamaño proporsional de 50 por 70, en posición vertical ou horisontal, e cunha resolusión mínima de 300 ppp.

Quinta.- Data límite

O plazo de presentación dos deseños aspirantes a cartel da LXIX Sinjladura rematará o dominco 12 de marzo do 2016 ás 23:59.

Sexta.- Xurado e votación

Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 13 de marzo,  e ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas, na que a man alzada serán elixidos os que máis votos acaden. Reservándose a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna o dereito de levar a votación os deseños que considere máis adecuados.

Partirá con un voto de ventaxa o deseño que máis «me justas» consijan no tempo exposto na rede social.

Séptima.- Premios

O deseñador do cartel ajrasiado será premiado cunha sudadera e do cartel enmarcado da LXIX Sinjladura.

Septuaxésimonovena.

A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo se non se presentan carteis que non promocionen adecuadamente a Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elexido, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal. A participación no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Concurso Cartel Salvador Daqui

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

ASÍ FOI A #DORNA2018 + Xite Dorneiro (Festa da Dorna 2018 Aftermovie Resumo oficial)

Vídeo Resumo oficial da 70 Singladura da Festa da Dorna 2018. Vídeo Resumen oficial de la 70 Singladura de la "Festa da Dorna…

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro