Menu

Cansión de tasca

Sertame Itinerante de Cansión de Tasca

Dende 1990. Trátase de facer un percorrido por distintas “fanequeiras autorisadas” interpretando canda peña, cando menos, unha cantiga tradicional e outra orixinal. Sábado anterior ao 24 de xullo, agás se cae en 23 que se celebra o sábado anterior a ese. Final en palco ao aire libre o 23 de xullo.

SÁBADO 22 DE XULLO de 2017

22:13 h. Despois doutro ano mais dando lástima en Eurovisión co tarteira ése que manda-mos alá, que paresía o rubio dos Pecos con permanente, e que cantou peor que un jato atropellado, tócalle ás peñas dorneiras destrosar os tímpanos e sonotones de jodechinchos e demais bicherío que a estas horiñas disfrutan dunha tranquila velada nas fanequeiras autorisadas, pois da comenso o XXVIII SERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA.

DOMINGO 23 DE XULLO de 2017

23.07 h Os mais afinados coros dorneiros mediranse na JRAN FINAL DE CANSIÓN DE TASCA no palco do Malicón. Escoitade as melodiosas armonías, carisias vocais e alari-dos operísticos que son capases de realisar os cantores dorneiros, e xa comprenderedes por qué tódolos anos imos a meter verjonsa a Eurovisión.

NORMATIVA DORNEIRA 2017

SERTAME ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA
LXIX SINJLADURA – DORNA 2017

A sijiente normativa é de oblijado cumplimento para todas aquelas peñas que partisipen neste sertame, e que teñan janas de presumir de máis jallos na jorxa que o Manel Navarro en eurovisión. Para aqueles que non acaban de enterarse esto é para ir de fanequeira en fanequeira con recorrido que vos fasilita a orjanisasión, pero sobre todo explaiando o espíritu dorneiro acompañado de boa música. Si o patrón/patróna cumpleu o requisito de encher o formulario e estades inscritos para partisipar, aquí quedan as normas:

● DURASIÓN:

A fase de clasificasión para a final será o sábado 22 a partir das 22:01 h. e as 2 e trinta e pico da madrujada. Que non sólo van a cantar os andaluses as saetas nas prosesións a esas horas. A ver si nos apañamos nos caladoiros e tratamos de deixar libres as fanequeiras para que podan faenar outras peñas. E o taberneiro que reparte o quiñón é quen de escoitar para puntuar como dios manda. O límite de canto puntuable está nas 2 sero sinco (2:35) horario de recollida de puntuasións, a partir de ahí os cantos quedarán fóra de concurso.

● FINAL:

A jran final será o dominco 23, donde xa podedes ir solisitando plasa no palco e deixar subir aos que ainda non están afónicos e lusen bonito na parte de diante, ademáis poderanse enchufar instrumentos si o queredes. (soamente na final)

● PERCORRIDO:

Publicarase no feisbú e remitirase por mail a todos os patróns das peñas dorneiraseña. Tedes que respetar sempre aos que xa teñen a liña larjada noutra fanequeira da mesma ruta. A noite e larja e hai tempo para tod@s.

● PUNTUASIÓN:

Na fase de clasificasión puntuan os taberneiros, así que ademais de bailarlle o “despasito”, bailádelle a ajua un pouco si queredes levar unha caldeirada para a casa. Xa sabedes que nada de entrar con botella en casa allea. O taberneiro puntua sejindo o seu criterio musical, cultural, ou profesional. E si nos non llo imos discutir, é de supoñer que vos tampouco.

● REPERTORIO:

Hai que utilisar o idioma materno na letra das cansións, xa sabedes aquel de: “ven para aquí diosquetefixo”, ou “vas levar unhas labasadas por chejar tarde”. O de Cervantes, Góngora, ou Unamuno deixadeo para cando ides a comer á casa da sojra. Para os emijrantes retornados, sempre podedes refrescar a memoria tirando do dissionario dorneiro que está na APP. Tamén non vos esquesades de cantar dúas pesas: unha tradisional, desas que nos cantaban as avoas; a outra debe ser de semente propia.

● FINALISTAS:

Estade atentos ao feisbuk da dorna que se publicarán alí os janadores de cada recorrido, e serán os que teñan que dalo todo ao día sijiente no palco.

● XURADO:

O xurado vellouco valorará in situ o cante final, a posta en escea, a alejría no canto, e sobre todo os que menos dedicatorias fajan (mira que sodes pesadiños con eso), declarando cales serían por orde as 3 mellores, dos resultados fináis sairán os gañadores.

● COUSAS PROHIBIDAS ou DESCALIFICADORAS:

1. Prohibido levar instrumentos que nesesiten enchufe eléctrico, aseptaranse instrumentos autónomos que non requiran dunha montaxe que ralentice a realisasión da proba e non comprometan a normal actividade das fanequeiras. Rójase faser música sen que paresa eso o desplieje da EMTIVI. (na final poderase enchufar si un par de horiñas antes pasastedes polo palco a faser os arrejliños)

2. O Botellón de Tasca é unha actividade non autorisada pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

3. Descalificarase ás peñas que usen violensia verbal ou física en calquera formato ou insinuasión.

4. Levar nun pincho do de jardar música ou naljún derivado de almasenamento dixital a base da cansión feita pode lusir e quedar bonito, pero non serán cantes permitidos para pasar a jran final.

Puntuasión para a Copa da REI

1º +2000 puntos

2º +1400 puntos

3º +900 puntos

4º +500 puntos

5º +250 puntos

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro