Menu

Caderno de Bitácora 2019

CADERNO DE BITÁCORA DA LXXI SINJLADURA DA FESTA DA DORNA 

Actos a celebrar co gallo do LXXI*(setentaeunha, pa os que non lean romano) aniversario da botadura da dorna «Virgen del Carmen», axeitándonos ó expresado no noso caderno de bitácora:

XÓVES 18 DE XULLO     

Día adicado ao líder da oposisión de Ribeira (que aljén llo tradusa a jodechincho normativo pa que se entere que lle adicamos un día).

16.59 h O clube de motos ReventaPistóns (Chámase así porque os pistóns revéntanos porque teñen acsións nunha fábrica de pistóns) anunsiarán polas parroquias, de ruta motera a jolpe de muñeca e jas a fondo, que hoxe dá comeso a LXXI Sinjladura da Festa da Dorna.

18:31 h. No Parque Jarsía Bayón, onda a Jallejiña, os mellores barmans das fanequeiras con distintivo de PROFESIONAL DORNEIRO (que é unha catejoria que está dous ranjos por ensima das estrellas michelín) mediranse en probas de jarbo, habilidá e destresa coma:Unha contrareló de espelexar jaxapos, estonar patacas con cortauñas, slalon con bandexa sorteando miniños, traducsión de borracho a castelán, canto jrejoriano de comanda, montar a terrasa cos ollos vendados,  catar licor de toxo, etsétera.

Patrosina Coca Cola (a jasiosa nejra) e Apppletiser (A masá da jasiosa nejra)

Orjanisa a Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

21:15 h. Esenario do Sol – plasa de Nuestro Señoriño, primeira entreja do Rock&Dorna, consierto de DE VACAS. Marela, Xubenca, Rubia acompañadas ao busuqui por Manolete (púxose nome de torero pa meter respecto) estarán unha ves mais pastando notas musicais na Festa da Dorna.

22:35 h. Os Pintos Joden Quintos, janadores da Copa da ReI da LXX Sinjladura, comesarán o percorrido dende a sua fanequeira Ventos Vellos paseando o FACHO DORNEIRO polas rúas de Ribeira. Froilán de Borbón, campión de levantamento de juarisnai, será o abanderado que abrirá a comitiva.

23:03 h. SEREMONIA DE INISIASIÓN, na Porta do Sol, e reparto da dorneiriña da LXXI Sinjladura a todas as peñas activas nesta Sinjladura. Non mandar ao mais parvo da peña a buscar a bandeira que non acabamos nin ás dose do día, fasede o favor. Recollida de acreditasións no chirinjito dorneiro.

23:18 h. MACROQUEIMADA DORNEIRA, no adro da ijlesia. Ven espantálabruxas e atrapar unha melopea (jodechinchos: borrochera, embolia, lascarda) ca ajua de fuejo dos indios jallejos. Patrosinada polos licores FAUNA GALEGA, que usa etiquetas identificativas de animaliños, aínda que lle falta a do castrón, que é espesimen máis típico da fauna jalleja de siudá.

Orjanisa: As Lampreas máis preas

23:39 h. Esenario do Sol Rock&Dorna, Consiertaso de SES. Chámanlle así porque de pequena non sabía pronunsiar as eses e falaba todo con sés, así coma Paquirrín, para que vos fajades unha idea.

VENRES 19 DE XULLO

Día adicado a Monserrat, a técnica  de cultura que é capas de xestionar as cousas coa orjanisasión da Festa da Dorna, ijual que como o faría coa  comisión de festas dos Sanjuerguines. O noso señoriño nos de pasiensia. Pero no fondo querémoslle moito, alá por onda a sentina.

11.41 h. A Asosiasión Amas de Casa, fans aférrimas de bricomanía enjalanarán de tradisión mariñeira a peonil de Rosalía  nunha jran EXPOSISIÓN MARIÑEIRA que dará comeso á II XUNTANZA DE EMBARCASIÓNS TRADISIONAIS DA FESTA DA DORNA. Deixade de bater na barra das fanequeiras e vinde ver navejar as embarcasión tradisionais que estarán atracadas nos pantaláns de Ribeira.

17:32 h. Dará comeso a  VI FEIRA DAS CULTURAS e si tes jaita, pandereta, cunchas, pandeiro ou calquer derivado, únete á jran FOLIADA no episentro de Bandourrío, onda o Cocoluche, coa partisipasión de BAILADELA, OS LIANTES, GARRIDIÑAS, SIVALVEIRAS, AS ROUXEIRAS, FERREÑIÑOS, REXOUBERIÑOS, ANDAVIA, ARRIA O JALLO, XOLDRA RACHADA, RIPARIA, AÑORA PEAPERS. Son jrupos de jaitas pero fan repertorio clásico: Airon Meiden, Cuín, Pinfloi, Rejo Chili Pepes …. pero a ritmo de muiñeira.  Alí estarán tamén os avoiños e avoiñas da Residensia do Maior e a peña Memoria de Peixe do centro de AGADEA para persoas con Alzheimer que nos mostrarán a súa cansión de tasca de este ano. 

17:33 h. Os espesialistas do jotelé e do estucado, que teñan todo listo en tódalas fanequeiras autorisadas que a partir desta hora comensan as visitas dos corruptibles xurados da XXX edisión do ENJALANAMENTO DAS FANEQUEIRAS. Si tendes aljo de nécora, bojavante, persebes, sentola e outros mariscos da ría de tapa pode ser de axuda na puntuasión final. Estades avisados. Orjanisa: Os Necoramentes.

21:26 h. Esenario do Sol Rock&Dorna, A BANDA DA LOBA. O nome disque lles ven porque foron abandonadas no monte de pequenas e foron amamantadas por unha loba, en plan tarsán con chita. Non sei sí será serto.

22:05 h. En Bandourrío, onda o Cocoluche, que se quite Tijeritas, Chiquetete, Mansanita e Mariasantísima, hoxe en Ribeira teremos aos Rolin Estóns do Flamenco, o Mick Llajer calé e a sua banda farán as delisias de tódolos asistentes, con todos vostedes JOSÉ GIMENEZ.

22:49 h. Preparádevos para movela perrera no III METALFEST DORNEIRO, no Chirinjito de Pedra Pateira, cos jrupasos: Zona Zero, Satxa, M.A.M.U.T. e The Conspiracy. Para entrar será oblijatorio levar a melena de alomenos catro cuartas, pantalón pitillo fino tipo plástico de separar os tranchetes marcando perrecha ou colloada, asejún, muñequeras de pinchos e alomenos unha dusia de tatuaxes satánicas.

23:58 h. Vinde jastar chancleta nos DANSING IN THE SITY na Plasa da Ijlesia, o jrupo NEVERLOURA, único conjunto musical do mundo capás de mesclar Airon Maiden con Pimpinela, Pinfloi con Demis Rusos ou Daire Estrais con Camela, non volos perdades!!! E casi á ves, RECAMBIOS TUCHO comesarán a destrajar jitarras na plasa de Compostela, entre o Bar a Sentral e o Plasa. En Bandaurrío, nos arredores do Heaven and Hell, como ven sendo habitual poñerá música desa que escoita a rapasada: rejetón, trap, ruído de lavadoras co tambor descoljado, a sirena da lonja, etsétera Dj CHUPAS, chámanlle así porque para deixar de fumar botouse ao chupachú, e non para. E fasendo cuña entre Penín, o Galeón, a Recoveira e o Ventos Vellos o  Dj CT pinchará como ven sendo habitual música mais tranquiliña de bailar o ajarrado e refejar siruelo, da de jichar lo, para que me entendades.

01.33 h A continuasión onda Penín, DJ Hijodelmédico pinchará todolos éxitos da época do Totem, Samanthas, Claqué e Cantaruxa nunha sesión única. Poñeremos unha sona de sofás nun cornecho oscuro e emitiremos en jran pantalla o projrama Estudio Estadio, para todos os nostájicos da Totem (jodechinchos: glamurosa discoteca riveirense de los años 80 a la que había que acudir en Puch Condor o en tractor)

 SÁBADO 20 DE XULLO

Día adicado ao comersio local de Ribeira e parroquias, que non sabemos si durante a Festa da Dorna, venderán máis calsonsillos, peinarán máis cabesas, arrejlarán máis ordenadores, venderán máis jafas, arrejlarán máis dentes, venderán máis bombillas, venderán máis sapatos, arrejlarán máis relojes, limparán máis alfombras, venderán máis xoias, tatuarán máis antebrasos, arrejlarán máis tuberías, venderán máis taléfanos, e un larjo esétera de cousas,…. pero o que si sabemos e que non venderán chinfrós, poñerán cañas ou servirán juarisnáis. Pero cando petamos á súa porta aí están sempre colaborando e prestándose a cada unha das propostas que lles fasemos.

11:01 h. Dianas e Alboradas dorneiras amenisarán o DÍA DO ORJULLO JAITEIRO, a carjo de dose dusias e dusios de jaiteiras e jaiteiros: TRÉCOLA, ANDAVÍA, RÍO DE ANXO, OS LIANTES, FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, AMOR RUIBAL, RIPARIA, TAHUME, LAGHAREU, ALOUMIÑO, MÁMOA, MEIRÓ e OS VIQUEIRAS. Haberá mais jaitas que no Cúpula ás oito da mañán.

12:02 h. Primeira xornada da  VI RUTA ESTRELLA MIJELÍN DE TAPAS polas fanequeiras autorisadas amenisada polas jaitas dos e das Jaiteiro Bands do Orjullo Jaiteiro. Ven dejustar as delicatesensdorneiras por tódalas fanequeiras que loitarán pola Estrela Mijelín: Morros de nutria, rixóns de koala, brochetas de alacrán, mouse de helado quente… serán aljúns dos bocados jastronómicos que poderán dejustar todolos valientes que ademáis queran partisipar no sorteo de jlamurosos e jastronómicos rejalos.

17:02 h. Ide preparando o lombo e aumentando o hematocrito a base de chinfrós, juarisnais e tomajauks (jodechinchos: Veterano con Mirinda) para os XXIX XOJOS E DEPORTES POPULARES DE TERRA, no Coroso Arena Stadium.

O control antidopinj descalificará a todos aqueles deportistas con porsentajes de alcohol en sancre por debaixo dos 2,5 ortejacanos (unidade dorneira ofisial de lascarda equivalente a capacho e medio de Malibú con piña)

Disiplinas deportivas e peñas orjanisadoras:

Orjanisan: Necoramantes, Tocando Fondo e Lenjuados Embriajados.

17:28 h.

Xojos para nenos (Salmonetes do Retrete e Pinto pinto jorjorito)

Brilé (The lirios Tremens)

Pulso gitano (Comando dorneiro)

Pano (Ratos da illa)

Pulsos (Estudias, traballas, ou colles navallas)

Canicas (Os pintos joden quintos)

Tute – Santiajiños van de viños

Dominó (Cococha Nel)

17:50 h.

Chapas – Atuna Nejra

Pión (Rapantes)

Desequilibrados (As pirañas van de cañas)

O jallo mecánico – Arria o jallo

Poker (Lenjuados envriajados)

Peletra (As Llapras do Stop)

18:15 h.

Escoba (Lenjuados envriajados)

Dorna Bike (Berberechos Asasinos) 

Tirar da corda (Caracolas en sirolas)

Limbo – Necoramantes

Tuister (Derrape mental)

Jenka Dorneira (Rapantes)

Carretillas (Pescadillas)

18.52 h.

Dardos envriajados (Lenjuados envriajados)

O parvo das sillas (The lirios tremens)

A Raia (Os pintos joden quintos)

Desequilibrados (Cococha Nel)

Saltar á corda (Caracolas en sirolas)

22:12 h. Profesionais e afisionados do cante lírico e jondo demostrarán as súas habilidades vocais por tódalas fanequeiras autorisadas no XXX SERTAMEN ITINERANTE DE CANSION DE TASCA. Os jodechinchos con problemas auditivos terán a oportunidade de disfrutar en vivo e en direto da versión mellorada de Eurovisión, pero aquí os que poñen os points son as fanequeiras autorisadas.

DOMINGO 21 DE XULLO

Día adicado a nuestro señoriño del sobaco perfumado; que a estas alturas xa non queda ninguén que se pejara unha ducha con gel Rexona e que botara colonia Nenuco.

12:01 h. Jran Basar Dorneiro: Na rúa de Jalisia e a Ijlesia. Todo tipo de pesas de artesanía: xustillos con remate de bainica, juonderbrás de pañito, tanjas de encaixe de Camariñas ou pesas de barro feitas con paixón tipo o búcaro da pilícula Jost.

12:02 h. Beatris Sotelo, xurado profesional, otorjará a VI Estrela Mijelín que reconose a creatividade e maestría nos fojóns, elejansia e sofisticasión e vanjuardia na siensia jastronómica na sejunda xornada da  VI RUTA ESTRELLA MIJELÍN DE TAPAS, a ritmo das charanjas: LOUBAND e a MEKÁNIKA, que son como os U2 e os Rolin Stóns das charanjas; e no Jarsía Bayón sesión vermú patosinada por Petroni do jrupo DANI BARREIRO & FRIENDS, o Alex Ubajo jallejo.

16:12 h. Montaxe contrarreló do Sircuito de Carrilanas, ajradésese presensia de canta máis xentiña mellor, e así acabamos antes.

Orjanisan: Corsarios do Barbanza, Bojavantes Maleantes e o Clan dos Bonitos

17:23 h. Boxes listos para a EXPOSISIÓN DE CARRILANAS na rúa Rosalía de Castro. Os inspectores da orjanisasión revisarán as máquinas e aerodinánica dos bólidos: aleróns de porispán, tubarros de filmapán e faldóns feitos co cartón dos ovos serán aljúns dos avanses tecnolóxicos aseptados pola orjanisasión este ano. Os vampiros da orjanisasión tomarán mostras de sancre e mexo para realisar o control etílico antifarruquitos e antipacuchitos. Os pilotos que estén por ensima dos 0,4 ortejacanos/ml en sancre, serán lapidados con jravilla.

20:11 h. Volta de reconosimiento pa que tomen nota os copilotos do ánjulo e peralte das curvas pola Mámoa paarriba condusidos polos coches de sejuridá das Charanjas MEKÁNIKA e LOUBAND.

21:04 h. Pistoletaso de saída ao XXX EDISIÓN DO JRAN PRIX DE CARRILANAS. Os bólidos dorneiros deixaránse ir pola Mamoa aabaixo collendo supersónicas velosidades. O actor Manuel Manquiña (el conceto es el conceto) fara de Antonio Lobato encarjándose da locusión da carreira. O jran prix deste ano será retransmitido en directo en jran pantalla e en strimin polo canal de yutú da orjanisasión e poderá ser sejido dende as televisións de tódalas fanequeiras autorisadas con conexión a interné.                          

00:17 h. No esenario do Malecón Rock&Dorna, os cantantes con mais flou do panorama nasional: TAMI & MKP CREW, ERIN, XEVA & ROUCO SON e DIRTY PORKO & CRIE 930 deleitaránnos cos tetrástrofos monorrimos e farán de teloneiros á jran batalla do JI-JÓ DORNEIRO. 

LUNS 22 DE XULLO

Día adicado a Anita, a sosia que disque nos abandona e se vai a ir a empadronar a Puebla porque quedou sen sudadera, que debe de estar no mundo por estar, e que non se enterou de cando se podían encarjar as sudaderas, nin da primeira venta na ijlesia, e que se encontrou a última venta porque pasaba por alí. 

12:01 h. Chejado directamente do Sirque du Solei ca maleta sin desfaser e o pelo sin peinar, PETER PUNK PAIASO encarjarase de animar o comersio de Ribeira polas rúas e plasas xunto con COU (*jodechinchos: lo que venía después de la EGB y del BUP). Tamén habrá unha sesión de arte a carjo de MÓNICA DE NUT; que está claro que ese non é o seu apellido, pero é mais comersial que apellidarse JARSÍA.

17:32 h. Ca siesta resien resibida e o corpo reposto, no muelle jrande selebraranse os XXIX EDISIÓN DOS xOJOS DE MAR, onde os ajerridos dorneiros dispostos a mollar o lombo empesarán dando tralla cos saltos dende o paredón, sejirán liando o palancre ca pesca do muxo radiactivo, berrarán coma bois en selo mentras isan a candorca, ou apretarán os melindros (*jodechinchos: rosquillas dulces y crujientes de alto valor energético, son muy apreciadas entre la población masculina) entre perna e perna por si se lles cola o pau ensebado polo medio antes de chejar a coller o pano. Impresindible coller o pasavante no Galeón ou no Vinte de Abril.

Orjanisan á Orjanisasión: The Lirios Tremens e Xarda con Justo non pica.

Disiplinas deportivas e peñas orjanisadoras:

-Pesca do Muxo radiactivo (Estudias, traballas ou colles navallas) ás 17:39

-Achikeitor (Cajaboi Island) cando lle cadre

-Isa- la Candorca (Rape`s) ás 18:01

-Lansamento de Risón (Rape ́s) ás 18:24

-Poñelo timón (Berberechos Asasinos) ás 18:43

-Pasar pola quilla (Cabuxos de mar en memoria do Capitán Estachas) ás 19:03

-Saltos dende o paredón (KO Bois) ás 19:26

-Pau ensebado (Tocando Fondo) ás 20:01

20:53 h. En canto a temperatura da ajua marque o punto de ebullisión do alcol isopropílico (*jodechinchos: si non sabíades o que era o COU, non pretendades saber o que é esto), dará comenso a XXIX edisión do JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR. E despois de varios anos donde xa está mais que demostrado que o único capás de voar cunha tela amarrada ao pescoso era Superman, podedes esmerarvos e poñerlle un imperdible en ves de amarrala. Sejuro que ao home de aseiro era eso o que o fasía voar. Así aljúns xa justifican que traballaron coma asacáns (*jodechinchos: cocinero de perritos calientes) fasendo o inxenio voador. ORJANISA: The Lirios Tremens, Xarda con Justo non Pica, Xarda Sivil e Vikinjos da Tomasa.

23:14 h. Cos foljos recuperados marcamos rumbo ao Parque Jarsía Bayón onde terá lujar o sometimiento ao incuestionable, insobornable, e incorrupto tribunal do XXXI EDISIÓN DO EXAME DE PATRÓNS. Aquelas peñas aspirantes a entrar na festa da dorna teñen que vir confesadas e cos santos sacramentos resibidos, incluída a estremaunsión que non estamos para chamar ao cura a esas horas da noite que dispara a tarifa por servisio cristiano de urxensia.

ORJANISA: Unha morea de trastornadas e trastornados.

00:47 h. Unha ves que se retiren os restos dos examinados, sete capachos de desibelios e oito ferrados de luses de colores, alí no mesmo lujar do crimen, para levar mellor a vixilia empesará o Rock&Dorna con CHAMAQUITO PISTOLAS E AS BALAS PERDIDAS. (Jodechinchos: É un jrupo local de rock cristiano, as letras son cortapeja literais do deutoronomio e do levítico, e teñen unha balada cun cacho do éxodo). 

MARTES 23 DE XULLO

Día adicado áos jodechinchos que deixan o coche a remollo no rampla do muelle, que sejiron a chamada do exexexexconsejal de cultura, que aquel día en la Puebla selebrando o Nasareno, bautisou o seu Audi ca ajua bendita da Ría de Arousa.

11:31 h. Biberóns de tabasco, comer jominolas con formijas do chan, cambiar pañales cunha sola man, e lansamiento de erupto con jomitada de leite, serán aljunhas das probas que terán que pasar @s minidorneir@s que queiran demostrar aos seus maiores que son tanto ou máis brav@s ca eles partíndose o peito no II MARATASÓN INFANTIL.

Organizan: Necoramantes, Muxo Beti, e todos os que podan vir botar unha man.

16:22 h. A carjo de GECKOS SURF SCUL e a súa infraestructura (*jodechinchos: estructuras de calidá cativeira) poderanse inscribir aquelas dorneiras con rastas das caras e que teñan a lo menos o curso de inisiasión na natasión, e os dorneiros que ainda non se depilan o peito e así non patinan cando vai deitados nas tablas de surf, tamén poderán partisipar os que non se depilan o cú porque tamén hai competisión en kayak, e tamén teñen sitio os que non cortan as uñas dos pes porque lles será máis fásil ajuantarse de pé nas tablas de paddle (*jodechinchos: pronunsiadeo como si un chino dixera “padre”). Todas estas modalidades determinarán a peña janadora do TRINAUTLÓN DORNEIRO. Orjanisan, The Lirios Tremens, Estrelas de Bar.

19:33 h. Si pola mañán os pequenos deixaron o listón alto, é o turno de que os maiores demostren de qué material están feitos partisipando no MARATASÓN DORNEIRO: desafiando a jravedá saltando por ensima de sete mesas á fila, reventando noses entre as cachas, localizando mormelas ca lencua na narís do compañeiro, e intercambiando as brajas ca amija que leva tres días sin pasar pola casa. Orjanisan, as peñas dorneiras.

21:41 h. Despois de pasar o día bebendo un ponche de ovo crudo con leite morna, de faser járjaras con ajua de limón, e de aliviar o peso do escroto para janar un tono máis ajudo, cheja o momento de poñer os dentes coma os de Freddy Mercury para salir ao esenario e dalo todo na JRAN FINAL DO SERTAME ITINERANTE DA CANSIÓN DE TASCA no palco do Malecón.

22:54 h. Non foron capases de deixalos dentro de Alcalá Meco, nin tampouco en Teixeiro, e por eso desidiron chamarse LA FUGA, asmiradores da forma de vida clandestina do Equipo A, veñen a sejir co Rock&Dorna mentras non os pillen de novo por alterasión del orden público.

00:41 h. Tamén no esenario do Malecón Rock&Dorna os que actúan desta hora non querían ser menos ca os de antes, así que ademáis de ser medios delincuentes, son REINCIDENTES e poñerán o jrito no sielo, e aos dorneiros a saltar cada ves que rañen as cordas das jitarras. Jarda aljo de peito e quinse sacos de testosterona para jastalos todos con esta xentiña.

24 DE XULLO. DÍA DA DORNA

(Festivo Local)

Día adicado a María e ao Capitán Estachas, que sijen e sejirán navejando nas nosas dornas e na nosa Festa. Levando a caña ao sitio que nos leve por bo rumbo, para sejir sumando sinjladuras, conquistando portos, pechando tabernas e lembrándovos sempre dentro da Real e Ilustre Cofradía da Dorna e da Festa da Dorna. Vémonos no sielo si diosquer.

10:19 h. O sonido de LXXI bombas de palenque e de miles de cajadas de javiota impactando contra os capós dos coches, dará o pistoletaso de salida e avisará ás dorneriras e aos dorneiros que chejou o jran día. Será hora de ir lavando a cara, mudando o calsonsillo, cambiando os calsetíns, e aliviar o ferume (*jodechinchos: aroma de alto valor ecológico generado con feromona masculina tras días de cultivo epitelial) con aljo de Varon Dandy.

11:53 h. As charanjas O SANTIAGUIÑO e OS CHARANGOS, faserán un rápido pasacalles dando o último aviso para que os máis durmiñentos despejen as lajañas (*jodechinchos: comida italiana de gran aporte enerx ético. Cualquier dorneiro os las puede ofrecer de mañana para que las degustéis a modo de delicatesen).

12:28 h. Partirán en xeira todas as embarcasións que estaban no Malecón rumbo a Coroso aproveitando o camiño para dar os últimos brochasos, calafatear o casco, arrancar os cravos das partes máis firmes, recravar nas máis delicadas, e axustar a xireta do bañador para non quedar co fecho ao aire cando entran de chupo na ajua.

14:22 h. Colocadas en formasión e ca marinería a des pes, catro puljadas, e oito milímetros de distansia, os xueses valorarán o momento de lansar o fojete que dará a saida da XXXI REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSIÓN A PAN DE MILLO. JRAN PREMIO CUTRE SARK. Como somos dorneiros e non porcos, imos deixar Coroso Beach máis relusiente que a a escama dun muxo radioactivo, retirando calquer cacho de buque que quedara na ajua ou na area e tamén a calquera que non entenda que esto debe faserse así. Colocaranse dous contenedores na parte de arriba da praia: un para os restos dos barcos e outro para o escombro humano que non meresa estar nesta festa.

15:03 h.  O Coroso Picnic Area, ese lujar tan chic, co seu sesped, cos seus arboliños, cas súas fuentiñas e cas súas mesas anejadas de xente, onde a marea dorneira se ajlutina para dar comenso á ROMERIA DORNEIRA, ao ritmo de PULPIÑO VIASCÓN e o SR LILI “MUSICLETA”,  e OBRADOIRO ECOPERCUSIÓN onde os máis pequenos e pequenas aprenderan a faser instrumentos dos de faser ruido para romperlle a cabesa aos pais na casa.

16:02 h. Turno de que os menos alpabardas de cada peña que queden en pé, e que sexan capases de poñer a funsionar máis de dúas neuronas á ves sin que a matería jris lle desborde polos oídos, empesen a partisipar nos XOJOS DORNEIROS e manifestar máis habilidades que un mono aullador de cola prénsil e máis inteligensia que as amebas. 

Orjanisan, Necoramantes e Xarda con Justo non Pica.

Neymar dorneiro (Lenjuados envriajados)

Que che den polo curling (Arria o jallo)

Malote´s party (Kajaboy island)

Dalle ao pau (Comando dorneiro)

Mecajo nos abdominales de Cristiano Ronaldo (Kajaboy island)

Tíralle un juevo (Arria o jallo)

Carreiras de fleje (Tocando fondo)

Poni feirante (Rapantes)

Pesca Radical (Ajárrame o Chicote)

Sopla aquí (Tabeiróns Caralludos)

A jraduasión (Xarda Sivil)

Equilibrín por min (Arría o Jallo)

16:09 h. Coma si de un concurso de poesía se tratara mesclado coa reseta de faser combluterol, intejrantes das peñas dorneiras poderán expresar en micro aberto e en lírica romana da de faser jrasias o que é un resvalón nun calsonsillo, describir o que é o onanismo, falar do seu primeiro morreo con lencua ou poñer podre con sutil elejansia aos seus sojros na primeira edisión do  Pártome o Fecho

17:52 h. Chejou o turno daquelas persoas que acabaron a ESO e que solo servían para ser asesor do alcalde, os espabis da clase que usaban jomina e afeitaban a perilla con maquinilla en ves de queimala co mechero (*jodechinchos: práctica habitual entre los aborígenes galaicos que llegada su adolescencia demuestran su hombría haciendo churrasco capilar facial). Chejou o turno do CAMPIONATO MUNDIAL DE CHINCHIMONEI, orjanisado por Kajaboy Island.

17:54 h. Ca arribada da batea á Coroso Beach, resién importada de cabodacrus e aínda cheirando a mexillón reseco entre as vijas. Dusiaepico de mejawatios de sonido anunsiarán unha nova etapa do Rock&Dorna enriba deste esenario flotante ca actuasión de ADRIÁN COSTA BLUES BAND, que non é que o rapás se apellide Blues Band e que os amijiños que tocan con él querían apareser no nombre do jrupo e así mete a todos no lote.

20:58 h. Consentrasión da MAREA DORNEIRA no Pedra Pateira, preparandose para o que está por vir; aproveitando para subir a petrina, reaxustar o xustillo, e botar cuspe no flequillo para arrombar o perrera. (jodechinchos: flequillo de cabello)   

21:17 h. Saida do TOP SECRET, que percorrerá as rúas de Ribeira, entre semáforos, badéns, carriles bisi, e técnicas de avistado de cornecho para buscar un aparcamento. As charangas ACHICORIA, OS CHARANGOS, FESTICULTORES TROUPE, A MUSICLETA, MALABARES ALMAGESTO, e O SANTIAGUIÑO, encarjaranse que non falte música e ritmos para mover o corpo de jratis como si se nos fora a vida si non o fixéramos. 

23:17 h. A MAREA DORNEIRA chejará ata o esenario do Malecón empuxada por miles de peñeiros (incluso poderemos atopar aljún de La Puebla) para continuar co Rock&Dorna no consierto que ofreserá o jrupo BOIKOT que pode sonar a ruso, pero son de Madrí, e ainda que non falan en jallejo enténdeselle bastante ben o castellano. Despachan Capachos dorneiros o Vinte de Abrill e a Tasca do Barbanza.

00:48 h. Aproveitando que o cantante a estas horas xa sudou a camiseta e vai poñer unha muda limpa, farase da  ENTREJA DA VI COPA DA REI a aquela peña que durante os últimos días foi capás de janar máis puntos que Rafa Nadal no Rolanjarrós. Non deixedes de pasar polo CHIRINJITO DORNEIRO a faser acopio de combustible que ainda queda moita noite por diante.

01:02 h. E despois de darlle uns vareasos aos janadores para baixalos do esenario continuará o Rock&Dorna con DAKIDARRÍA, derrochando jorjoritos e punteos de jitarra, que ainda que moitos pensedes que son de aquí, veñen sendo de aljo máis ao norte, por eso teñen máis mala lencua que alí lles chove moito e ájrialle o caráter.

03:01 h. Chejou a hora na que a MAREA DORNEIRA empesa o ASALTO ÁS FANEQUEIRAS. Equinosio en tódalas fanequeiras autorisadas onde nos esperan dusias de tomajauks, chinfrós, juarisnais e jolpeados de veterano con jasiosa …..

Nas rúas espérannos as charangas FESTICULTORES TROUPE e ACHICORIA, que inundarán as fanequeiras autorisadas ata que o corpo ajuante.

00170:8&%4471 h. Momento da ARRIADA DA PAÑOLETA e buscar un sitio tranquilo para resar catro jesusitosdemivida, dous padrenuestros, e sete avemarías; que a estas alturas sejuro que baixaron todos os santos a buscarnos e non foron quén de levarnos a durmir. Empesa a LXXII Sinjladura da Festa da Dorna.

95.71 h. ENTONASIÓN DO MIUDIÑO, ca sensasión do traballo ben feito e en plena fase de exaltasión da amistá empesamos aquelo de: 

“Echjjje un frandar mrwiudiño, mriwudiño, muyudivhoooo…… oooooooooo keutriooooooooooo,euuuuuuu triouuuuuuuuuu ….”

e a durmir a embolia ata o ano que ven …..

ZZZZZZZZZZZZZZTZZZZSZZZZZQZZZZZZZZZZZZZZZMZZZZZZZZ

ZZZZSZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ

VENRES 9 DE AJOSTO

Día adicado ao sastre de Tarsán.

23.03 h. CEA-BAILE DE JALA, no Baiuca.

Coma sempre, impresindible rijurosa atiqueta.

Sujerensia de vestiario pa os machos:

Smokin con parches satánicos á espalda complementado con sinturón de jranadas e puñal con brújula no manco. Camisa nejra estampada de calaveras aberta ata o cuarto botón deixando á vista a cadena de ouro ca medalla da virgen do Carmen entre a pelambrera.

pa as femias: 

Brajatiratacos con fío separador de cachas e tapaproas de perlé. Falda de cuarta e media con sinturón con remaches. Medias de tramallo con malla do sete (das que deixan colar a carioca). Nos pés sapatos de plataforma asul seleste, e sombra de ollos verde flúor. Look Marujita Pipas, para que teñades unha referensia.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro