Menu

Bases do concurso «XITE DORNEIRO» 2O2O – V EDISIÓN

BASES DA V EDISIÓN DO CONCURSO “XITE DORNEIRO” PARA A LXXII SINJLADURA

1. O Xite Dorneiro é un concurso musical destinado a bandas ou solistas orjanisado pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna: Asosiasión responsable da orjanisasión da Festa da Dorna de Ribeira.

2. Poden partisipar conxuntos musicais ou solistas de calquera estilo (Alexubagosdelavida…) que teñan o galego ou o jallejo como linjua. Bueno, admitimos tamén suajili con gheada.

3. A cansión elixida enviarase en formato mp3 a: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com antes do 5 de xullo de 2020, ás 23.57 h. Os que o ano pasado entrejaron vinilo van a ter que faser a prosesión do Nasareno de rodillas e con ortijas coljadas do cú.

4. A cansión que se presente deberá ser orixinal, de temática dorneira ou que peje ca festa, non nos traias ritmos caribeños, aquí non somos de merenje, somo máis de nata, e en linjua galega ou jalleja.

5. Valen tódalas cansións; si falas arrimar o pizarrín, de violensia ou de droja faino en clave que se pode escandalisas Monolo Ruis, non vaias de máquina que ijual non chejas a jrapadora.

6. Ademais do xite en mp3, mándanos o nome do jrupo e os sejintes datos de contacto: teléfono, enderezo electrónico e talla de pantalón.

7. As cansións poderán ser coljadas na páxina da Dorna ou nos seus perfís nas redes sociais, por si non queremos traballar e desidimos que poida votar o público, non é sejuro, pero siascaso.

8. Un xurado totalmente sobornable, por non variar, como bo xurado dorneiro, determinará o jrupo ou solista janador. Valoramos espesialmente os cartos, que salú xa temos moita.

9. Os janadores serán dados a conoser pensamos que no mes de xullo de 2020, pero tampouco é sejuro por si hai aljun da Puebla no xurado e non temos látijo para que traballe, a través da páxina ou dos perfís nas redes sociais da Festa da Dorna.

10. O premio este ano serán cartos, 400 euros para o janador pa jastar no que queira, e que non teña que andar a pedirlle ós amijos. O xite será repartido en cassete co seu boli bic para rebobinalo e tamén se fasilitará que o descarjen en todas as fanequeiras autorisadas para que o pinchen durante a Festa da Dorna.

11. A partisipasión no concurso implica a aseptación das presentes bases e tamén das futuras, non vaia a ser que nos olvidáramos de aljo e despois non hai remedio.

Asinado

A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Login socias e socios

Desconectar

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

LOTERIA DORNEIRA 2019

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro