Menu

Bases do concurso do deseño da sudadeira da LXXII sinjladura da Festa da Dorna

BASES DO CONCURSO AJATA RUIN DE LA PRADA 2020

Primeira.- Partisipantes.

Poderá partisipar todo fillo de vesiño, sempre que cumpra coa normativa que se expón desejido, incluso se está empadroado na Puebla, diolofajamillor.

Sejunda.- Tema

Faser o deseño dorneiro (recoméndase botar un ollo a deseños pasados sabendo que este ano a sudadera e de cor JRIS CLARO ) e que conteña, do xeito que proseda asejún o deseño, a sejinte informasión. 

  • Ribeira.
  • Festa da Dorna e LXXII Sinjladura. 
  • Non quita que si se lle quer poñer máis informasión que se lle poña, aínda que para iso xa está o cartel.

Terseira.- Características técnicas

A técnica será libre, ca única salvidade de que si presentas aljo que non se poda serijrafiar na sudadera, perderás o tempo presentando o debuxo porque non vai a ir avante.

A impresión do debuxo da sudadera poderá levar un máximo de 4 (CATRO) tintas (cores para os da escola de noite) , e deberá ser presentado co fondo JRIS CLARO, para entendidos da materia 024-007-020WTF.

Cuarta.- Presentasión

Os deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXI Sinjladura deberán ser presentados en formato dixital, remitíndoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú da festa. Deben estar en formato JPG ou arquivo PDF cunha resolusión mínima de 200 ppp. Toda deseño que non cumpra este requisito poderá ser rechasado e utilisado para faserlle un taparabos a Tucho Plasa.

Quinta.- Data límite

O praso de presentasión dos deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXII Sinjladura rematará o dominco 29 de marso do 2020 ás 23:59h.

Sexta.- Xurado e votasión

Serán as sosias e sosios da Real e Ilustre os que fajan a criba entre os deseños presentados valorando nunha enquisa todas as propostas. Sendo presentados en asamblea os mellor valorados. (VER SEXTA BIS)

Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 29 de marso, ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas e o deseño que máis «me justas» consijan no tempo exposto na rede sosial será o elexido en caso de empate na elecsión a man alsada entre os peñeiros presentes na asamblea mensionada dos deseños mellor valorados.

Sexta BIS.- Dereito do alto patronato sobre os deseños presentados

En caso extremo de que poda chejar a elixirse un deseño que non se considere co nivel sufisiente e sexa ben valorado por sosios e sosias con domisilio en Puebla del Caramiñal, o alto patronato da Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados para representar o sudadera ofisial da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna.

Séptima.- Premios

O deseño finalmente selecsionado será o que lusa na sudadera da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna, e por si non fora sufisiente a autora ou autor será ajrasiado cun premio de 400 euriños frescos .

Septuaxésimonovena

A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo, no aire, na fochanca… se non se presentan deseños que se consideren que non representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elixido sejún lle pete, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal.

A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Asinado

A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

LOTERIA DORNEIRA 2019

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro