Menu

Bases do concurso do cartel da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna

DATA LÍMITE PRESENTASIÓN DAS PROPOSTAS O 25 de MARSO

Primeira.- Partisipantes


Poderá partisipar calquera que teña rasiosinio, nesesite respirar, moita imajinasión e janas de colaborar coa Festa da Dorna e, coma novidade, janar catrosentos euriños.


Sejunda.- Tema a anunsiar


Será premisa moi importante non equivocarse na Festa que se pretende anunsiar, indicando oblijatoriamente a sejinte informasión na proposta presentada, podendo quedar fora de concurso o non cumprimento deste sejundo punto.

  • Festa da Dorna.
  • Ribeira.
  • LXXI Sinjladura.
  • Ano 2019.
  • Anunsiar os días da Festa da maneira artística que vos pete. Comesa o vindeiro
    18 de xullo e remate o día 24 de xullo.
  • Indicar o día 11 de ajosto como data de selebrasion do Baile de Jala.
  • Indicar a denominasión “Festa de interese turístico de Galicia dende o 2005”
  • Débese incluír a flor dorneira e faser referensia á embarcasión tradisional tipo
    dorna.

Terseira.- Características técnicas


A técnica será libre, ca oblijasión de poder reprodusilo en formato dixital e poder utilisar unha impresora para poder ser impreso. Non vale faser unha escultura en relieve tipo Dabí de Mijel Ángel, por moi jrande que a teña.


Cuarta.- Presentasión


As propostas aspirantes a carteis deberán ser presentados en formato dixital remetíndoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú ou instajram aos perfís da Festa. Deben estar en formatos JPG ou arquivo PDF nun tamaño proporsional de 50 por 70, en posisión vertical ou horisontal, e cunha resolusión mínima de 200 ppp (o non cumprimento desta resolusión indicará que fixeches o traballo en balde, porque non valería nin para sonar os mocos)


Quinta.- Data límite


O praso de presentasión dos deseños aspirantes a cartel da LXXI Sinjladura rematará o vindeiro 25 de marso do 2019 ás 23:59.


Sexta.- Xurado e votasión


Serán os sosios e sosias da Real e Ilustre os que fajan a criba entre os deseños presentados, valorando nunha enquisa todas as propostas. Sendo presentados en asamblea os que maior puntuasión acaden. (VER SEXTA BIS)
Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 26 de marso, ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas, e o deseño que máis “me justas” consijan no tempo exposto na rede sosial será o elexido en caso de empate na elecsión a man alsada entre as peñeiras e peñeiros presentes na asamblea.


Sexta BIS.- Dereito do alto patronato sobre os deseños presentados


En caso extremo de que poda chejar a elixirse un deseño que non se considere co nivel sufisiente e sexa ben valorado por sosias e sosios con domisilio en Puebla del Caramiñal, o alto patronato da Real da R. e I. Cofradía da Dorna reservase o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados para representar o cartel ofisial da LXXI Sinjladura da Festa da Dorna.


Séptima.- Premios


O cartel finalmente selecsionado será o cartel que represente a LXXI Sinjladura da Festa da Dorna, e por si non fora sufisiente a autora ou autor será ajrasiado con un premio de 400 euriños .


Septuaxésimonovena


A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo, no aire, na fochanca… se non se presentan deseños que se consideren que representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna. Tamén se reserva o dereito de poder modificar o deseño elixido sejún lle pete, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal.


A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa
.

Asinado
A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Escaparate Dorneiro

Colaboran

Himno Dorneiro

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

CONCIERTOS | DORNA 2023

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro