Menu

BASES DO CONCURSO AJATA RUIN DE LA PRAIA 2021

BASES DO CONCURSO AJATA RUIN DE LA PRADA 2021

Primeira.- Partisipantes.

Poderá partisipar todo fillo de vesiño, sempre que cumpra coa normativa que se expón desejido, incluso se está empadroado na Puebla, diolofajamillor.

Sejunda.- Tema

Faser o deseño dorneiro (recoméndase botar un ollo a deseños pasados sabendo que este ano a sudadera e de cor MALVA) e que conteña, do xeito que proseda asejún o deseño, a sejinte informasión. 

  • Ribeira.
  • Festa da Dorna e LXXIII Sinjladura. 
  • Non quita que si se lle quer poñer máis informasión que se lle poña, aínda que para iso xa está o cartel.

Terseira.- Características técnicas

A técnica será libre, ca única salvidade de que si presentas aljo que non se poda serijrafiar na sudadera, perderás o tempo presentando o debuxo porque non vai a ir avante.

A impresión do debuxo da sudadera poderá levar un máximo de 4 (CATRO) tintas (cores para os da escola de noite) , e deberá ser presentado co fondo MALVA, para entendidos da materia 01HHHH0-01HJHJ0-0186976UKHKJHKHKHKJ0.

Cuarta.- Presentasión

Os deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXIII Sinjladura deberán ser presentados en formato dixital, remitíndoos ao correo electrónico da Festa da Dorna afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada polo feisbú da festa. Deben estar en formato JPG ou arquivo PDF cunha resolusión mínima de 200 ppp. Toda deseño que non cumpra este requisito poderá ser rechasado e utilisado para faserlle un taparabos a Tucho Plasa.

Quinta.- Data límite

O praso de presentasión dos deseños aspirantes a debuxo da Sudadera da LXXIII Sinjladura rematará o venres 30 de abril do 2021 ás 23:59h.

Sexta.- Xurado e votasión

Serán as sosias e sosios da Real e Ilustre os que fajan a criba entre os deseños presentados valorando nunha enquisa todas as propostas. Sendo presentados en asamblea os mellor valorados (Si é posible) ou mediante voto por internet,. (VER SEXTA BIS)

Os deseños presentados serán expostos na páxina feisbú da Festa da Dorna a partir do día 30 de abril, ata o medio día do día que se selebre a Asamblea de Peñas ou o martes 4 de marso (En caso de non poder selebrar asamblea) e o deseño que máis «me justas» consijan no tempo exposto na rede sosial será o elexido en caso de empate na elecsión a man alsada entre os peñeiros presentes na asamblea mensionada dos deseños mellor valorados.

Sexta BIS.- Dereito do alto patronato sobre os deseños presentados

En caso extremo de que poda chejar a elixirse un deseño que non se considere co nivel sufisiente e sexa ben valorado por sosios e sosias con domisilio en Puebla del Caramiñal, o alto patronato da Real e Ilustre Cofradía da Dorna resérvase o dereito de levar a votasión os deseños que considere máis adecuados para representar o sudadera ofisial da LXXIII Sinjladura da Festa da Dorna.

Séptima.- Premios

O deseño finalmente selecsionado será o que lusa na sudadera da LXXIII Sinjladura da Festa da Dorna, e por si non fora sufisiente a autora ou autor será ajrasiado cun premio de 200 euriños frescos, que o COVID este ano deixounos con unha man diante e outra detrás.

Septuaxésimonovena

A directiva da R.e I. Cofradía da Dorna poderá deixar o concurso nulo, no aire, na fochanca… se non se presentan deseños que se consideren que non representan ou promosionan adecuadamente a Festa da Dorna e reservase o dereito de poder modificar o deseño elixido sejún lle pete, sen que estas modificasións cambien en jran medida o deseño orixinal.

A partisipasión no concurso significa a aseptasión desta normativa.

Asinado

A directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

Login socias e socios

Desconectar

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

LOTERIA DORNEIRA 2019

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro