Menu

Consurso Xite Dorneiro 2018 – Xa Temos Gañador!!!

XITE DORNEIRO 2018

VIDEO PROMOCIONAL DO CONCURSO “XITE DORNEIRO”

 

 

III Edisión do Xite Dorneiro 2018

 
 

O Gañador do Concurso Xite Dorneiro 2018 é……

 

Os Consellos do Doctor Migraña – The Figuras Sound Systema

 
Descargar

 
Os Xites 2018 están dispoñibles en http://festadadorna.com/xite-dorneiro-2018/

 

BASES DA III EDISIÓN DO CONCURSO “XITE DORNEIRO”

1. O Xite Dorneiro é un concurso musical destinado a bandas ou solistas orjanisado pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna: Asosiasión responsable da orjanisasión da Festa da Dorna de Ribeira.

2. Poden partisipar “conjuntos musicais” (como din as vellas) ou solistas de calquera estilo que teñan o galego ou o jallejo como linjua. Bueno, asmitimos tamén suajili con gheada.

3. A cansión elixida enviarase en formato mp3 a: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com antes do 12 de xullo de 2018, ás 23.57 h. Os que o ano pasado entrejaron cassette serán lapidados con jravilla o día 24.

4. A cansión que se presente deberá ser orixinal -non vale poñer papel albal nos furados do cassette e jravar ensima estilo Juan Mosquera- de temática dorneira ou que peje ca festa, non veñas ahora cun villansico falando de que lle roeron o calsonsillo a San José ou que a Virjen está planchando o pelo na de Cabanelas, e en linjua galega ou jalleja.

5. Valen tódalas cansións; si falas jichar, de violensia ou de droja faino en clave que pode haber miniños escoitando, non vaias de Eminen rural.

6. Ademais do xite en mp3, mándanos o nome do jrupo e os sejintes datos de contacto: teléfono, enderezo electrónico.

7. As cansións poderán ser coljadas na páxina da Dorna ou nos seus perfís nas redes sociais, por si non queremos traballar e desidimos que poida votar o público, non é sejuro, pero siascaso.

8. Un xurado totalmente sobornable, como todo xurado dorneiro, determinará o jrupo ou solista janador. Valoramos espesialmente o marisco da ría nos sobornos.

9. Os janadores serán dados a conoser pensamos que no mes de xullo de 2018, pero tampouco é sejuro por si hai aljun da Puebla no xurado e non temos látijo para que traballe, a través da páxina ou dos perfís nas redes sociais da Festa da Dorna.

10. O premio será jravar un videoclí, a ver si arrían a xarda os da diputasión para faselo como é debido. Para faser promosión do temaso será repartido en sinta pa levar no juolkman e tamén se fasilitará que descarjen tódolos xites partisipantes en todas as fanequeiras autorisadas dende a páxina ofisial da festa para que o pinchen durante a Festa da Dorna.

11. A partisipasión no concurso implica a aseptación das presentes bases e tamén das futuras, non vaia a ser que nos olvidáramos de aljo e despois non hai remedio.

Toda a info en http://festadadorna.com/xite-dorneiro-2018/

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Nós somos de Boas Prácticas

Boas Practicas

Canal Youtube

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro