Menu

Consurso Xite Dorneiro 2017

XITE DORNEIRO 2017

VIDEO PROMOCIONAL DO CONCURSO “XITE DORNEIRO”

 

 

BASES DA II EDISIÓN DO CONCURSO “XITE DORNEIRO”

 

1. O Xite Dorneiro é un concurso musical destinado a bandas ou solistas orjanisado pola Real e Ilustre Cofradía da Dorna: Asosiasión responsable da orjanisasión da Festa da Dorna de Ribeira.

2. Poden partisipar “conjuntos musicais” (como din as vellas) ou solistas de calquera estilo que teñan o galego ou o jallejo como linjua. Bueno, asmitimos tamén suajili con gheada.

3. A cansión elixida enviarase en formato mp3 a: real-e-ilustre@cofradiadadorna.comantes do 7 de xullo (San Fermín) de 2017, ás 23.57 h. Os que o ano pasado entrejaron cassette serán lapidados con jravilla o día 24.

4. A cansión que se presente deberá ser orixinal -non vale poñer papel albal nos furados do cassette e jravar ensima estilo Juan Mosquera- de temática dorneira ou que peje ca festa, non veñas ahora cun villansico falando de que lle roeron o calsonsillo a San José ou que a Virjen está planchando o pelo na de Cabanelas, e en linjua galega ou jalleja.

5. Valen tódalas cansións; si falas jichar, de violensia ou de droja faino en clave que pode haber miniños escoitando, non vaias de Eminen rural.

6. Ademais do xite en mp3, mándanos o nome do jrupo e os sejintes datos de contacto: teléfono, enderezo electrónico e pin da tarxeta de crédito (ésto último é para injresarvos cartos).

7. As cansións poderán ser coljadas na páxina da Dorna ou nos seus perfís nas redes sociais, por si non queremos traballar e desidimos que poida votar o público, non é sejuro, pero siascaso.

8. Un xurado totalmente sobornable, como todo xurado dorneiro, determinará o jrupo ou solista janador. Valoramos espesialmente o marisco da ría e os vales de desconto nas parrilladas tipo Relax, As Suecas ou o Nanny’s, nos sobornos.

9. Os janadores serán dados a conoser pensamos que no mes de xullo de 2017, pero tampouco é sejuro por si hai aljun da Puebla no xurado e non temos látijo para que traballe, a través da páxina ou dos perfís nas redes sociais da Festa da Dorna.

10. O premio será en prinsipio para un só jrupo e consitirá en jrabar un videoclí da cansión, así podemos faser promosión do temaso, e será repartido en sinta pa levar no guolkman e tamén se fasilitará que o descarjen en todas as fanequeiras autorisadas para que o pinchen durante a Festa da Dorna.

11. A partisipasión no concurso implica a aseptación das presentes bases e tamén das futuras, non vaia a ser que nos olvidáramos de aljo e despois non hai remedio.

Toda a info en http://festadadorna.com/xite-dorneiro/

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro