Menu

Concurso Trofeos 2017 LXIX Sinjladura

BASES:

BASES PARA A SELECCIÓN DOS PREMIOS DA FESTA DA DORNA 2017

1.- Os premios para cada actividade, as categorías e as cantidades son os que se recollen na seguinte táboa:

ACTIVIDADE

1º PREMIO

2º PREMIO

3º PREMO

Cansión de Tasca

1

1

1

Embarcasións

1

1

1

Voo sen motor

1

1

1

Carrilanas

1

1

1

Decorasión de Fanequeiras

1

1

1

Concurso de Tapas

1

1

1

Concurso de Escaparatismo

1

1

1

Maratasón

1

1

1

JiJó

1

1

0

Medallas

160 unidades

2.- Os proxectos/esbozos deberán ser orixinais e inéditos, non seleccionados en ningún outro certame ou concurso, e non poderán ser reproducións totais ou parciais doutras obras xa realizadas con anterioridade.

3.- Os premios de cada actividade deberán ser representativos de cada unha delas e da Festa da Dorna, debendo diferenciarse de algún modo o primeiro, segundo e terceiro premio.

4.- Os premios deberán incluír a inscrición “LXIX Sinjladura”

5.- O premio da Ruta de Tapas deberá ter como tema principal, de modo visible e moi lexible, destacando ante outro elementos o texto “1º, 2º, 3º (segundo sexa o caso) premio da IV  Ruta de  Tapas Estellas Mijelín. LXIX Sinjladura”. O seu formato deberá ser de colgar.

6.- Poderán participar no concurso os artistas locais de Ribeira, entendendo como tales aqueles que residan ou desenvolvan a súa actividade profesional en Ribeira, que nados en Ribeira ou que teñan unha especial vinculación coa Festa da Dorna.

7.-Importe máximo dos premios de Cansión de Tasca, Embarcacións, Voo sen motor, Carrilanas, Decorasión de Fanequeiras e  Concurso de Tapas deberán ser:

  • Os primeiros premios de 90€/unidade (IVE engadido).

  • Os segundos premios de 65€/unidade (IVE engadido).

  • Os terceiros premios de 50€/unidade (IVE engadido).

En ningún caso o importe do conxunto dos tres premios de cada actividade poderá superar os 205€/unidade (IVE engadido).

8. O importe máximo dos tres premios (a suma do primeiro, segundo e terceiro premio) de Concurso de Escaparatismo e Maratasón deberán ser dun importe máximo de 90€/as tres unidades (IVE engadido)

9. O importe máximo dos dous premios do concurso de JiJó (a suma do primeiro e segundo premio) deberá ser dun importe máximo de 60€/as dúas unidades (IVE engadido)

10.- As medallas deberán ser dun importe máximo de 3€/unidade (IVE engadido).

11.- Os proxectos/esbozos presentados poderán ser de material e formato libre, agás o da Ruta de Tapas, que deberá cinguirse ao especificado no punto 5.

12.- Os criterios que terá en conta a R. e I. Cofradía da Dorna para a elección dos premios da Festa da Dorna 2017 serán a orixinalidade da idea e do formato, a súa relación coa actividade á que vai dirixida e o seu prezo final.

13.- O prazo de recepción de propostas estará aberto ata o mércores 15 de marzo de 2017.

14.- A presentación de propostas deberá facerse por medio de envío postal dos proxectos ao Apartado de Correos Nº 16 de Ribeira (15960).

15.- O envío das propostas deberá facerse segundo as seguintes instrucións:

– Os artistas participantes presentarán, dentro do mesmo paquete, en cuxo exterior constará a frase: PROPOSTA PREMIOS FESTA DA DORNA 2016 , dous sobres pechados .

– O primeiro dos sobres, identificado ca letra A, conterá os datos persoais e de contacto do artista. Este sobre non será aberto, para garantir o anonimato do artista, ata que a R. e I. Cofradía da Dorna seleccione os distintos premios.

– O segundo dos sobres, identificado ca letra B, conterá o proxecto/boceto da obra, unha breve memoria explicativa da mesma, o prezo final con IVE engadido e calquera outra información de interese para unha mellor valoración da proposta. Este sobre non conterá ningunha sinatura, nome, marca ou outros que sexa susceptible da identificación da autoría; de darse o caso, a R. e I. Cofradía da Dorna non valorará a proposta.

16.- A selección das propostas gañadoras terá lugar antes do 1 de Abril de 2017.

17.- Os artistas seleccionados disporán de prazo ata o 15 de Xuño de 2017 para presentar as obras definitivas.

18.- As pezas seleccionadas participarán nunha exposición que vai ter lugar durante o mes de Xullo nun lugar a determinar.

19.- Os artistas/participantes non poderán facer público nin exhibir parcial ou totalmente as obras seleccionadas antes da súa entrega á R. e I. Cofradía da Dorna.

20.- Na elaboración de cada peza, o artista deberá cinguirse ás características reflectidas na proposta inicial e que deron lugar á súa elección (materiais, tamaño, acabado final, cores, etc). A R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito de rexeitar aquelas obras que non se adapten á proposta inicial ou cuxas variacións, sufridas no proceso de creación, non fosen consultadas/consensuadas coa Cofradía da Dorna con anterioridade á entrega.

21.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

22.- O non cumprimento dalgún dos requisitos recollidos nestas bases suporá a non valoración do proxecto por parte da R. e I. Cofradía da Dorna.

23.- A  R. e I. Cofradía da Dorna resérvase o dereito para resolver calquera cuestión non recollida nestas bases.

24.- As propostas non premiadas poderán ser reclamadas polo autor/a durante os trinta días seguintes á data de publicación das obras seleccionadas. Transcorrido este prazo, a R. e I. Cofradía da Dorna non se fará responsable da súa conservación ou posterior devolución.

 

Ribeira, 24 de Xaneiro de 2017.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro