Menu

Asamblea de peñas 27/01/2017

Comezamos coa LXIX Sinjladura.

Asamblea de peñas, venres 27 de xaneiro na Casa do Mar de Ribeira, ás 20:49 horas.

 

ACTA:

PRIMEIRA ASAMBLEA DE PEÑAS CO JALLO DA CELEBRACIÓN DA LXIX SINJLADURA DA FESTA DA DORNA.
 

Co obxetivo da LXIX Sinjladura a 177 días, a directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna convoca as súas peñas co fin de comezar cos preparativos para a próxima Festa da Dorna.

Na asamblea celebrada o día de onte no Salón da Casa do Mar, trazouse o que vai a ser o calendario no que discorra a Festa, comenzando ésta o día 19 de Xullo e rematando o 24, día da Dorna, que por primeira vez se poderá disfrutar coma Festivo Local. Neste sentido tamén quedaron claros os días nos que se lanzarán as Carrilanas, que será no domingo día 23 de xullo, ou a Cansión de Tasca, o sábado 22.

As peñas tamén decidiron que será a cor vermella a que represente a sudadeira da Festa deste ano, cor elexida entre case toda a gama cromática, onde se descartaron as dos últimos anos e as gamas azuis pola coincidencia ca do pasado ano.

SUDADERA2017

Convocáronse tamén os concursos dos deseños do debuxo da sudadeira e o cartel que promocionará a LXIX Sinjladura da Festa da Dorna. Os dorneiros terán ata o día 12 de marzo para presentar as súas propostas, poderán consultar as bases do concurso na web da festa www.festadadorna.com.

Adiantáronse tamén as seguintes datas como actividades dorneiras previas á Festa da Dorna.

O 1 de Abril celebrarase a cea benéfica de peñas, un mes despois, realizarase outra actividade benéfica, que será o torneo deportivo, esta vez de fútbol 8, no complexo deportivo da Fieiteira, o 17 de maio celebrarase a re botadura da dorna Xeiteira Jalerna polo seu XX aniversario, e entre os días 29 de xuño e 1 de xullo participarase na XIII edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Non se descartan outras datas para eventos nos que a Cofradía da Dorna está a traballar, desmintindo dende xa, a noticia do que pretende ser un medio de prensa que di que visitaremos a Feira de Abril Sevillana, os carné de periodista a algún tocoulle no colacao.

O comodoro dende a ponte de mando.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro