Menu

Peche da LXVIII Sinjladura e comezo da LXIX Sinjladura

Comeza o ano a cabalo do anterior dando peche á LXVIII e comezando coa erótica LXIX Sinjladura.

Logo de dixitalizar e facer máis cómoda a inscripción de novos socios e para os que xa o son poder modificar máis axilmente os seus datos, rematamos o ano pasado con 1046 socios ó corrente de pago.

Recordamos a todos o enlace: https://goo.gl/forms/U9Sp0ge7eGF1TZu72

Durante o ano pasado Implantouse un novo carné físico de socio. Tamén, os socios que o quixeron puderon facer a reserva do seu suadoiro da LXVIII Sinjladura, así como acadar un suadoiro de edición limitada (primeira edición).

Lembrarvos tamén, que se organizaron varias actividades nas cales os socios se poden beneficiar de descontos, como son a cea benéfica, na compra do suadoiro ou no viveiro dorneiro.

Ademáis, a R. e I. Cofradía da Dorna levou a cabo, entre outras, as seguintes accións ou actividades:

  • CHARLAS NOS COLEXIOS E INSTITUTOS DIFUNDINDO A HISTORIA DA FESTA E A EMBARCACIÓN TIPO DORNA
  • ORGANIZACIÓN DA LXVIII SINJLADURA DA FESTA DA DORNA
  • RENOVACIÓN DA DECLARACIÓN DE FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA
  • PROMOCIÓN FESTA DA DORNA EN SANTIAGO
  • PRESENZA NA SEMANA VERDE DE SILLEDA
  • IMPLANTACIÓN DA LOPD (Lei Orgánica de Protección de Datos)
  • ADHESIÓN AO GRUPO LOCAL DE ACCIÓN PESQUEIRA (GALP)
  • OPOSICIÓN REXISTRO LOGO DORNA (oposición ao rexistro que realizou un veciño de Castiñeiras, Rubén Gude Álvarez, na Oficina Española de Patentes e Marcas, do denominativo Festa da dorna e un logotipo da Asociacion)
  • DVD ÓPERA DORNA
  • ELABORACIÓN: LA VOS DE JALISIA
  • XESTIÓNS PARA ACADAR UN NOVO LOCAL SOCIAL
  • XESTIÓN FONDO SOCIAL DE EMERXENCIA
  • VENDA PRODUTO DORNEIRO NADAL
    TORNEO FÚTBOL SALA NENOS
    CEA BENÉFICA
  • ASALTO Ó BANDULLO
  • COLABORACIÓN CA UAD PARA INTEGRACIÓN DE USUARIOS PARTICIPANDO NAS NAVEGACIÓNS
  • CONSERVACIÓN, USO E RESTAURACIÓN DAS DORNAS PROPIEDADE DA ASOCIACIÓN (108 socios chegaron a facer uso das mesmas)
  • HOMENAXE DOMINGOS AYASO
  • A CHABOLA CALIXTINA
  • ACTUALIZACIÓN DA GALIPEDIA CA INFORMACIÓN DA ASOCIACIÓN E DA FESTA https://gl.wikipedia.org/wiki/Festa_da_Dorna

 

Xa comezamos a traballar na vindeira Sinjladura, a número 69 do caderno de bitácora da R. e I. Cofradía da Dorna. A cal afrontamos con vento a favor e espíritu dorneiro.
Dende a ponte de mando, o comodoro.

Escaparate Dorneiro

Himno Dorneiro

Descargar

Canal Youtube

Festa da Dorna 2017

Así foi a 69 sinjladura da Festa da Dorna

EVENTOS:

Non hai evento

Colabora con nós:

IMG-20170725-WA0043 Diputación da Coruña

Escaparate Dorneiro